Presos á rúa, Del Bosque ao talego
17 de novembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O seleccionador nacional español, Vicente Del Bosque, estivo a semana pasada nunha prisión de Toledo dando unha charla. Segundo tódolos medios consultados por este que subscribe, a mesma foi moi distendida, os presos exerceron de xornalistas e lle preguntaron ao mister o por que non convoca a Raúl ou Valerón (?), e tamén seica lle deron bastante a vara con Luis Aragonés. O actual seleccionador, ao principio reticente, rematou louvando ao Sabio de Hortaleza. Sen embargo, os do AS... unha vez máis os do AS, puxeron un titular que amosa o que verdadeiramente pasou no cárcere.
Dá a sensación que os presos colleron a Don Pantuflo Del Bosque coma refén, e tras sodomizalo, lle puxeron un coitelo feito cunha culler no pescozo, obrigándoo a aplaudir a Luis Aragonés, non só coas mans, senón tamén coas orellas. Ao final, puido zafarse dos seus captores, que foron abatidos polos geos. Aquí non pasan esas cousas, onde ese tipo de visitas a cárceres resultan moi divertidas e o que imparte o coloquio é ben tratado.
A foto corresponde a unha visita de Sergio González, (no medio, moi ben rodeado) xogador do Deportivo, ao cárcere de Teixeiro, hai algo máis dun ano. A Asociación Nosotras Intramuros lle fixo unha entrevista para a súa revista Chicas 10 e convidouno ao penal. A diferencia do acontecido con Del Bosque, Sergio non foi retido, e por desgraza puido sair da prisión para seguir deleitándonos co seu "exquisito" fútbol e con máis entrevistas, coma a realizada hai pouco ao Deporsport, na que queda coma un ignorante de tres pares, e da que se falará aquí polo miúdo calquer día destes.
chúzame - Arquivado en Xornalistos |





novembro 18th, 2008 ás 7:43 pm
joder, non vín a entrevista esa da que falas…
xa me tarda o post meu
novembro 19th, 2008 ás 2:22 pm
É unha entrevista moi persoal, non trata temas futboleiros, por iso ten bastante chicha.
novembro 19th, 2008 ás 6:10 pm
eu con Srgio teño liña “case” directa pois é coleguilla do meu coleguilla Arturo (patiño).
De feito creo que ten ganas de coñecerme pois Arturo comentoulle que eu lle puxen o mote de “timo” sergio
en fin, sempre entrañable Sergio
novembro 20th, 2008 ás 1:35 am
Na miña venciñanza (de bancada) Sergio é coñecido coma “Muñones”, porque golpea o balón coma se lle faltasen cachos do pé.