Adiante, morte a Bustamante
19 de novembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Catro membros da familia do triunfiño David Bustamante (do que xa se falou por estes pagos)... o irmán, a nai, o curmán e o tío, deberán pasar un ano en prisión por estar implicados nunha liorta no seu pobo, San Vicente de la Barquera (Cantabria) alá polo ano 2004. O pai, Gervasio Bustamante, zafa finalmente da pena de cárcere, non así dunha multa e da putada que supón ter que levarlle á cadea o tabaco e a comida á súa muller, fillo, irmán e sobriño. Menudo traxín.
A miña pregunta é se á familia lle cae un ano... ¿como é que David Bustamante pode andar libre pola rúa despois de torturar a 22.000 persoas o 26 de Agosto de 2007 no campo de El Sardinero, en Santander, na previa dun Rácing-Barcelona? ¿Onde está Garzón cando se lle necesita? Ese crime contra a Humanidade non pode ficar impune. Non pido a pena de morte contra el, me conformo con que lle curten as cordas vocais.
Porque o título non ten que ver, eh!. Ven a santo dunha lembranza que gardo da Final de Copa do Rei de 2002, Real Madrid-Deportivo, o archicoñecido Centenariazo. Resulta que na previa dese partido actuaban o dúo humorístico Cruz y Raya, Café Quijano e os indesexábeis rapaces de Operación Truño 1, entre os que se atopaba Bustamante. Nos prolegómenos do encontro, antes de dirixirnos ao Bernabeu, a xente púxose a berrar "¡Adiante, morte a Bustamante!". Unha amiga escoitou mal e dixo: "¡Ah! ¡Qué guay! ¡Sorte a Bustamante!". Rapidamente a correximos: "É morte, morte... que non sorte". Ela puxo cara de circunstancias e preguntou incrédula "¡Oh! ¿e por que desexarlle a morte?". Resposta: "¿E por que sorte?".
chúzame - Arquivado en Odioteca |




novembro 19th, 2008 ás 1:48 pm
Eu non puidera ir ó Centenariazo, pero sí recordo que por televisión escoitábase claramente o de “adelante! muerte a bustamante!”…Moito me rira con eso!
novembro 19th, 2008 ás 3:15 pm
Eu fun ao Centenariazo, pero pasei de entrar no Cuernabeu nos prolegómenos, principalmente para evitar aos de Operación Truñaco. Se soubese que ía haber un escarnio xeral non mo tería perdido ;).
novembro 19th, 2008 ás 3:36 pm
Coido que si a pena é de menos de 18 meses non teñen que ir ao cárcere a menos que teñan antecedentes penáis.
novembro 19th, 2008 ás 5:19 pm
Moito me joden a min estos da Operación Truño, Bustamante, Rosa, Bisbal e o resto que viñeron detrás dos que nin tan sequera sei os nomes…que cousa máis cansina por favor.
Por certo Travesseiro, para nadal andarei pola Coruña có gallo do partido da selección galega, este nadal vós coa masculina en Riazor e nós coas rapaces en Pasarón
agardo que para o nadal do 2009 e có noso estadio rematado (pequeno pero cuco) teremos un partido de Galiza contra algunha selección guapa, non sei, a Escocia de Nacho Novo (daquela xa nacionalizado supoño)
Un saúdo dende Pontevedra, forza Ponte e forza Depor !!
novembro 20th, 2008 ás 1:45 am
Breogain, precisamente hai dez días estiven polos aledaños de Pasarón, nunca vira o novo, e me ten boa pinta.
O motivo foi por ir ao concerto de Extremoduro, que tocaba xusto enfronte, no Recinto Feiral. Si, xa sei que tocou o día anterior na Coruña e que o normal sería ir a ese e non ao de Pontevedra, pero é que nós non somos moi normais. Que lle imos facer.
Respecto ao tema Centenariazo, podo dicer que en poucos acontecementos futboleiros mo pasei tan ben e me rin tanto coma na previa do partido (no campo e fóra del), durante o mesmo e, por suposto, despois.
novembro 20th, 2008 ás 1:46 am
POis agora o Bustamante que vaia dar concertos o cárcere para entreter a familia.
Vaia clan!
novembro 21st, 2008 ás 10:44 am
Iba a comentar algo en relación a Cañete (morte tamén), pero me siento avergonzado por no haber aprovechado las clases de gallego en el bachiller por estar exento de examinarme y no saber ahora escribir (y hablar en familia también) como se merece el idioma, que bien lindo que es…