Cambio radical

25 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Jaume Huguet García, nado na localidade barcelonesa de Montcada i Reixac en 1959, foi un porteiro saído da canteira do Barcelona e que, aparte de no filial deste clube, xogou no Calvo Sotelo, Logroñés e Sabadell. Seguramente despois en máis equipos, pero cando pesquiso en internete sobre el sáeme a súa faceta máis artística, pois seica Jaume Huguet "caracterízase pola elegancia e sentimento melancólico que imprime ás súas figuras, no que pode atisbarse a influencia italiana". Está claro que por moito arte que lle dera ás súas estiradas, este Huguet non é o porteiro, senón un pintor catalán do século XV. Pero este blogue non é de pintores, en todo caso de pintamonas, así que falarei do Huguet futbolista, que se apresentou no vello Las Gaunas co Logroñés no verán de 1988 desta guisa. Así, en grande, para que se vexa ben.

Aínda que pareza mentira, eso que leva na cabeza non é un gorro ruso coas orelleiras para arriba, senón o seu cabelo natural. O leva peiteado con cepillo de cabalos (polo menos) e para diante, en seco, sen ningún tipo de gomina ou crema, e sen patillas, como se levaba por esas datas, e o flequiño tapándolle as cellas. O aceno que pon é bastante lamentábel, como de estreñido, e a camisola que escolleu peor aínda, parece un pixama de cor rosa pálido e gris, e non ten nin o escudo do Logroñés nin a marca do fabricante. Polo que se ve, o patrocinador negouse a figurar nese adefesio de camisola, así que o taparon cun esparadrapo.

Moi mal por Huguet, que lle importaba tres pementos que ese día se tirarían fotos para o Extra Don Balón, que quedarían para a posteridade para que algún día nos puideramos rir del, aparte dos seus fillos e netos. Pero o bo de Jaume é que aprendeu a lección, e xa nas ringleiras do Sabadell, dous anos máis tarde, voltou a pousar para a mesma revista.

Non ten nada que ver co anterior, e até parece que non e feo, e todo. Repito, parece que non é feo, porque o segue a ser. Mesmas pelambreiras, pero desta vez peiteadas para atrás cunha lixeira raia ao medio, para que lle podamos ve-la súa magnífica fronte. Sorriso profidén e divertida pose, con brazos en xarra, como cando ves na praia que algún está disimuladamente mexando no mar, parado sen meterse moito, coa auga pola cintura e cara de satisfacción. A camisola non é tan horteira para o que se levaba daquela, é da marca Uhlsport, un clásico en luvas e camisolas de porteiros, cuxo anagrama o leva tapado porque ao Sabadell entón o vestía Kappa. Non podo dicer que así da gusto pero bueno... alomenos non parece un pitadeiro. Esta foto si que lla pode ensinar aos seus fillos, que tampouco significa que non o vaian putear igual.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Mundo viejuno-celebrities |

5 Comentarios

  1. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Casi casi como el cambio radical al que se sometió (TV incluida) René Higuita, aunque descarto que el bueno de Jaume Huguet pasara por el quirófano…

    http://www.terra.cl/images/Abr2005/F427131_higuita150.jpg

  2. Estoja Escribiu:

    Moi bo, jaja.
    Por certo Capitán, bo apunte o de Higuita, vaia traballo de restauración.

  3. otraveseiro Escribiu:

    Ese non é Higuita, é Benicio Del Toro :)

  4. Pableras Escribiu:

    Non vos ten un parecido con Agustín Bravo? Sempre me repateou ese presentador. Está no top ten da miña Odioteca particular.

    Unha vez mais, sublime post!

  5. otraveseiro Escribiu:

    Agustín Bravo e Andoni Ferreño, grandes expoñentes da bazofia televisiva que imperou nos comezos dos noventa coa chegada das teles privadas.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo