Queremos de cobrar

26 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Os xogadores do CD Leganés, da Segunda B, sairon o outro día ao campo no partido fronte ao Mérida (1-2) cunha faixa na que pedían axuda porque levan non sei cantos meses sen cobrar. Nótase que non teñen experiencia neste eido, porque como todo o mundo sabe polo que ve na rúa, para pedir esmola e que cha dean, tes que dar mágoa. Para conseguilo, os do Leganés nun primeiro lugar teñen que sair cos uniformes rechamandeiros e as botas feitas unha merda; e despois que a mensaxe conteña clásicos dos esmoleiros coma que "teño fame..., teño seis fillos..., a miña muller está no paro..., o meu pai está tullido..., miña nai está encamada..." Sería importante poñer que o que lles deas non será investido en viño, ou no caso dos futbolistas, en cubatas.

Tamén se pode incluir o habitual de que "máis triste que pedir é roubar", que incluimos neste exemplo, por suposto escrito con mala letra e faltas de ortografía, para dar máis peniña. Un texto por certo que non o escribín a man alzada, esa fonte de letra existe, e se chama skeetch.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Chámalle X |

2 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    faime moita gracia o das faltas de ortografía, porque as poñen TODAS o reves.

    e por pura estadística, algunha vez terían que acertar ou?

    saben máis os moinantes que os rapaces da LOGSE.

  2. Anónimo Escribiu:

    O que me caía ben a mí era, é, un indixente que está na Calle Real e que pide a pasta para ceibar o seu can que está na perreira Municipal…

    E os da perreira o negaban todo senon recordo mal!!!

    Mais currar e menos vaguear!!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo