Merenda pasada pola batidora

27 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Disque á cebra da Juventus de Turín lle gusta merenda-la flor de Lis símbolo de Florencia e do escudo do clube da cidade, a Fiorentina (clickar na imaxe para ve-la máis grande). Polo que se ve, a Juventus non fai honor ao seu nome, ten seareiros bastante puretas.

Sen embargo, despois da visita dos juventinos ao campo do Zenit ruso, van ter que pasa-la flor pola turbes, como di a miña nai, porque a cebra quedouse sen piños para masticar. Seguindo cos parecidos razonábeis dos últimos días, o vello de abaixo, o das gafas de sol e gorra da primeira foto, ten certo parecido co crítico de cine Carlos Pumares, famoso por ser unha persoa dialogante e que non se alporiza nunca con ninguén.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Xentes da grada |

Comentarios

  1. Djukica Escribiu:

    JOder, quera unha toalla de praia co leon dandolle unha piña á cebra…

    Como molaaaaaaaaaaaaaaa!!!!

    Pd: Por certo, o do anterior post anónimo son eu, que non puxera o meu D.N.I.,, jejejej…

    Saudos ANONIMOS (grrr) e Forza Depor!!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo