Para que entredes en calor

30 de novembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Coido que a estas alturas xa ninguén pode poñer en dúbida dúas cousas: estes días fai un frío que pela e os comentaristas e visitantes habituais deste blogue están máis saídos que un mono. E digo eu que se lles sube a libido ollar medio corpo dunha rapaza á que nin sequera se lle ve a faciana, moi brancucha e delgada coma un bacallau, en actitude agresiva e rodeada de madeiros... ¿como se porán con estas oito?

Ademais estas tamén son compañeiras da anterior. Pertencen todas ao Kolectivo Sur, peña de xóvenes seareiros xerecistas, e de seguro á súa sección feminina. Segundo as súas camisolas, catro son militantes anticadistas (de negro e escudo do Cádiz á papeleira), tres pertencen á A.M.V (Agrupación de Mujeres Violentas), cuxo nome está baseado nun tema antimachista dos Def Con Dos; e a oitava en discordia está coma independente polos MODS. Os ollos non llos podemos ver porque prefiren mante-lo anonimato e eu o respeto, pero se queredes ver mellor os outros atributos teredes que premer na imaxe para ampliala.

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Elas tamén xogan |

3 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Efectivamente, estamos todos saídos!

  2. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    mira donde veño a encontrarte, pableras! deixando alto o listón do noso blog!

    (y yo dándole una patada al idioma gallego, también hay que decirlo)

  3. otraveseiro Escribiu:

    Capitán, máis patadas lle dou eu ao galego, por non falar xa de Touriño e Núñez Feijoo. Ti polo menos tes xustificación.

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo