30 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
As enquisas deportivas están de moda. Primeiro foi a do Marca, e agora é a de LaSexta, da que se fai eco o xornal Sport: Máis da metade dos españois cre que o Barcelona será campión de Liga. A enquisa foi realizada a 1.100 persoas (descoñezo se a cifra é o total de españois que quedan actualmente), e dos cales o 41'7% non ve ao Barça campión ao final de tempada.

Ou sexa, que 458'7 pavos e pavas (entre os que se inclúen os que non teñen nin puta idea do que acontecerá) necesitan que os Reis Magos lles traian de agasallo un par de gafas coma as da foto a cada un.
chúzame -
Arquivado en Actualidade |
Comenta, non sexas rata »
29 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Este horroroso emblema de Sheriff non é de Coslada, senón de Tiraspol, un equipo de fútbol moldavo fundado hai pouco máis de doce anos, e que se non saiu en Clubes Bizarros xa está tardando. Namentres, maxino como será por dentro ese clube: O presidente seguro que se chama Patt Garrett e o director deportivo Wyatt Earp. O adestrador é un tal Héctor Cúper Gary Cooper e o estadio leva por nome Tombstone, que dispón dunha cafetería en cuxo letreiro pon Saloon e os seareiros compiten a beberse chupiños de whiskey namentres os pasan patinando pola barra. Unha barbería e un espazo de aparcadoiros con bebedouros para enche-los cabalos de gasolina forman parte das súas infraestructuras.

Os afeccionados mastigarán tabaco, levarán roupa interior de corpo enteiro e farán tifos disparando ao aire con revólveres e rifles winchester. Os carnets de socio son coma o que se mostra, e dá dereito, aparte de ve-los partidos, a presenciar de balde un aforcamento e un duelo a tiros por semana.
chúzame -
Arquivado en Enxendros |
1 Grandísima aportación »
29 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

9.131 persoas; dos que 1.090 son xogadores de primeira e segunda división, 8.039 os seus familiares, e 2 son parvos que consideran que os futbolistas profesionais non son coma o resto do mundo e non poden traballar polo Nadal... len a cotío a edición dixital do Marca e participan nas súas enquisas.
chúzame -
Arquivado en Actualidade |
2 Grandísimas aportacións »
26 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Mañá e pasado se celebran os encontros da selección galega de fútbol, masculina e feminina, na Coruña e Pontevedra respectivamente, e esta tarde fun mercar as entradas para o primeiro deles. Esta é.

Polo que se ve, Galiza enfróntase a Chile. Mentira cochina, a selección á que nos enfrontamos é á de Irán. ¿E por que carallo pon que é perante Chile? Porque inicialmente era contra os que iamos xogar, pero por mor de non sei que problema da Federación Chilena co sindicato de futbolistas se rompeu o contrato coa Federación Galega, e esta, ás presas, tivo que procurar outro contrincante (Irán). As entradas xa estaban impresas e, sen tempo, gañas ou cartos para facer unhas novas, se puxeron á venda estas de Galiza vs. Chile.
Non deixa de ser unha curiosidade, que me recorda a final da Copa de 1995, Depor-Valencia, a do diluvio. Resulta que o partido, tras suspenderse pola choiva, se tiña que reanudar tres días máis tarde, e aos afeccionados que queriamos repetir nos valía a mesma entrada. Co roio da auga moitas entradas estaban moi deterioradas ou completamente rachadas, así que os "restos" delas se podían canxear no Clube por unhas novas. O problema é que tampouco había, así que a Federación Española enviou outras impresas coa final ficticia de Deportivo-ALBACETE, que era o que se enfrontou ao Valencia nas semifinais. Supoño que tamén terían impresas unhas con Valencia-Sporting e de seguro que as que non tiñan feitas eran as dunha hipotética final Sporting-Albacete. Casi imposíbel que se clasificasen os dous xuntos, pero coas coñas casi acontece.
Por outra banda, confirmar que os empregados que me atenderon teñen a mesma cara de amargados vendendo entradas do Depor que dun partido amigábel da Selección Galega. O prezo era de oito euros, e seis para os socios do Deportivo cousa que me enterei alí mesmo, porque o lin. Eu ía mercar catro pero como só tiña o meu carnet díxenlle que me dera unha que xa mañá virían a polas outras (hai que mira-la peseta, que dous euros dan polo menos para unha garimba) e o tipo me di que "Pero a túa non será correlativa coas deles e non poderedes estar xuntos". Naturalmente a collín igual. Esta xente aínda non se enterou que nesta clase de partidos cada un se senta onde lle sae do carallo, que ninguén anda buscando a súa localidade e se así fose, sería imposíbel atopala por dúas razóns:
1. Nesa bancada a metade das butacas están sen numerar pola gran cantidade de veces que se subsitúen.
2. As numeradas están tan cheas de merda que non atopas o número pintado nin facéndolle raios X.
chúzame -
Arquivado en Actualidade |
5 Grandísimas aportacións »
23 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
Sabía que non podía deixar sen falar delo. Un 21 de Decembro de 1983 a selección española, contra todo pronóstico, lle calza doce goles a Malta e consegue clasificarse en detrimento de Holanda para a Eurocopa de Francia de 1984. Unha auténtica xesta que fixo tornar das súas cinzas á Furia Española. Esa é a versión española, ¿pero que hai da maltesa? Pois segundo varios xogadores daquel equipo, os futbolistas españois estaban dopados até as cellas:
"Después del partido, fuimos al vestuario de España porque fue imposible intercambiar la camiseta con ellos en el campo. Cuando llegamos, vimos a españoles que estaban siendo atendidos por los médicos, otros vimos jeringuillas en el suelo y algunos hasta tenían en sus bocas un líquido verde muy extraño". O das xiringas nin puta idea, pero no do líquido verde coido que sei de que se pode tratar.

O Blandiblub era un noxento, e á súa vez divertido, xoguete que simulaba ser un gran moco de cor verde. Eu o tiven, e nunha ocasión se me deu por extendelo por riba dunha mesiña de mimbre e a miña avoa a pouco máis me bota da casa (restos do producto ficaron nese moble para sempre). No caso que nos ocupa está claro que algún xogador español o inxería despois dos partidos como se fose Aquarius ou Gatorade, e os malteses, que non coñecían o Blandiblub porque en Malta eran máis intelixentes e esas merdas non as importaban, pensaban que o líquido verde eran restos dunha substancia dopante.
Falta por saber quen era o futbolista que se metía Blandiblub despois dos partidos para parecerse á nena de El Exorcista. Dos que xogaron aquel encontro... Buyo, Maceda, Camacho, Gordillo, Goikoetxea, Carrasco, Marcos Alonso, Víctor, Rincón, Sarabia, Señor e Santillana, a miña aposta é clara: Poli Rincón. Escoitalo nas retransmisións deportivas da Cadena Ser e ve-lo diante (o branco máis negro despois de Quique Guasch) é suficiente para deducir que ese tío se metía algo chungo na súa xuventude.
chúzame -
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
1 Grandísima aportación »
23 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

A ledicia é colectiva, pero tan só a un destes tipos lle tocou o gordo. Concretamente ao segundo pola esquerda, o da camisola a raias negras e granates.

Estes en cambio se tiveron que conformar coa pedrea. Iso si, estivo máis repartida.
chúzame -
Arquivado en Xentes da grada |
3 Grandísimas aportacións »
21 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro

Onte, no chollo, o encargado ofreceume unha caixa cun peso considerábel. "¿E iso?" –pregunteille- "É a cesta de Nadal" –respondeume- Entre as clásicas tabletas de turrón, piñóns e mazapáns, tamén se atopan unha paleta curada de porco, un salchichón e un chourizo, ambos de porco ibérico, amén dun par de botellas de viño de Rioxa e outras tantas de cava Freixenet. A verdade é que non está nada mal. Dende este humilde sitio quero da-las gracias a Miguel Angel Nadal, e por si non le isto (99’99% de posibilidades de que non) se alguén vai por Manacor que lle transmita os meus agradecementos.
A falta de inspiración para tratar temas de máxima actualidade e interese (conmemoración do 25 aniversario do tongazo do España-Malta) fai que teña que poñer paridas como esta para actualiza-lo blogue. As miñas sinceras desculpas ao persoal.
chúzame -
Arquivado en Idas de olla |
10 Grandísimas aportacións »
18 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
A pregunta non é que carallo fago eu outra vez ás dúas e media da mañá vendo a tele e en concreto a reposición da serie Compañeros. A min déixenme tranquilo e céntrense na imaxe.

Ese rapaz era o simpático e traste Guille na serie de televisión Farmacia de guardia, botado a perder como adolescente en Compañeros e posteriormente na continuación da serie no cine, No te fallaré ("Nunca vos follarei", que diría o presidente da Xunta). A cousa é digna de estudio, ¿por qué nas series españolas os nenos que actúan son riquiños e cando se van facendo maiores e interpretando outros papeis máis acordes coa súa idade empezan a dar noxo? Sirvan coma exemplo este caso, o de Chechu (pronunciar como o avó da serie) de Médico de familia que parece que ten a cara como a medio facer, ou, ultimamente, Carlitos Alcántara, de Cuéntame.
Coas nenas pasa exactamente o contrario, conforme van medrando melloran notablemente as súas dotes artísticas e, sobretodo, físicas. Por exemplo, fixeime que en Compañeros sae unha cativa, Clara Lago, que a día de hoxe segue coma actriz de cine e televisión e está de moi bo ver. "De niña a mujer", que cantaba Julio Iglesias Agosto Catedrales.
Ben, imos ao que nos interesa, borremos a Koeman desta imaxe e fixémonos nas bufandas que penduran da parede de detrás. Isto non entra na cabeza de ninguén. Se pode ser dun equipo e ser simpatizante doutro ou varios, e por suposto, te-las súas bufandas. Mais se es do Betis, non che pode simpatizar o Sevilla; se es da Juve non che pode simpatizar o Milan, e moito menos o Inter, e así sucesivamente. Os que fixeron os decorados tiñan un bo colacao mental ou nin puta idea de socioloxía futbolística.
Observamos tamén que as bufandas mercáronnas nun mercadiño, porque as dos equipos italianos non son oficiais. Os escudos son coma os do videoxogo do Pro Evolution Soccer, non os verdadeiros. Por certo, a rapaza coa que está a falar nesta secuencia tampouco ten detrás un Picasso precisamente. Hai un estante con trofeos e, atención, un póster de Roberto Carlos e outro de... ¡Emilio Butragueño!
chúzame -
Arquivado en Chámalle X |
6 Grandísimas aportacións »