Como se chama o son que emite a rata

2 de decembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

Na Blogaliza se está a probar un novo xestor de estatísticas chamado PressStat en substitución do antigo Counterize, que seica non furulaba. Fedellando neste novo engadido descubro que o pasado día 27 de Novembro, ás 21:19 horas un internauta chegou canda este blog tecleando no buscador a pregunta que dá título a este post.

Noutras veces deron con O Traveseiro pesquisando cousas coma "Supermodelos mostrando el pene", "Pezones blancos", "Gente que se da de hostias", "Pimpinela incesto" ou "Fotos voyeur de San Fermín" (as cinco 100% reais). Neste caso que nos ocupa o internauta non é un perturbado mental coma os anteriores, fai unha pregunta moi interesante para sacarlle partido na súa vida cotiá. Este señor ou señora quere saber como se chama o son que emite a rata para dicirlle ao xefe, marido, muller, sogra, veciño... que "vostede non fala, emite o son da rata". Naturalmente substituíndo esta frase polo nome verdadeiro que recebe este son. Basta para que aínda por riba o faga en galego para que teña a obriga de axudalo, a el/ela ou a cantos volvan chegar aquí con esa dúbida. A resposta é a seguinte: non existe un único nome para ese son, hai moitos e variados, segundo a zona e o tipo de rata que o emita. Estes son catro exemplos, no eido xorna-futbolístico.

-Roncear: Cando o ruído o emite Tomás Roncero, xornalista do AS. Para escoita-lo basta con sintonizar na TDT a canle Intereconomía TV, concretamente o programa Punto Pelota, presentado por Josep Pedrerol. Emítese de luns a xoves ás 00:00 e Roncero é un dos colaboradores. Se se quere vomitar sen necesidade de escoitalo, se pode visitar o seu blog.

-Delamorenanear: Son propio de José Ramón De la Morena, da SER, unha especie birolla procedente de Brunete (Madrid). O son é bastante molesto, mesturado con horríbeis laismos nas súas entrevistas (¿a tú mujer LA gusta el fútbol...? ¿Y tú que LA dijiste?) amén de inventarse verbas coma escupitanajo (escupitajo) ou estampanar (estampar).

-Josegerardear: Emitido por José Gerardo Fernández, rata zamorana afincada na Coruña. Descendente do ratonciño José María García, gran imitador deste e un varas de moitos quilates. Te pode dar un chungo se sintonizas Radiovoz Coruña no 92.6 FM ás 14:00 horas de luns a venres.

-Manololamear: O son é parecido á das hienas, bastante tóxico. O emite Manolo Lama, e se pode escoitar os sábados e domingos no Carrusel Deportivo da Ser e tamén a diario en Cuatro, nas noticias deportivas do mediodía. Este tipo é un dos culpábeis de que os afeccionados ao videoxogo FIFA se pasen ao Pro Evolution Soccer (o ínclito comenta os partidos no primeiro deles).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Autobombo, Odioteca, Xornalistos |

7 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    De todos estes, o Josegerardeo é o son máis horrible de todos, pero aínda se agrava o conto cando a éste se lle engade de fondo o Franespiñeireo. Daquela si que xa vale a pena pegarse un tiro porque chega a ser tan irritante non hai ser humano que o ature.

  2. Estoja Escribiu:

    Non podo coa risa. Moi bo. Quédome con de rata zamorana afincada na Coruña.

  3. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    “los buscadores los carga el diablo”…asusta pensar que determinado tipo de personas tienen acceso a la web! Y lo de Lama no es tan absoluto eh, los frikis del pro (yo incluido) TENEMOS QUE AGUANTARLO a él y a sus secuaces (gracias a Dios no está Manu Carreño) comentar en los distintos parches de sonido de la Ser que circulan por ahí..

  4. Mr Tichborne Escribiu:

    Especies tóxicas a máis non poder! Fáltache o entrenador arxentino ese do Betanzos (ou do Sagrada Familia ou tanto ten) que critica e opina cheo de razón sobre os entrenadores (Irureta, Lotina ou quen se lle aponha).
    O da Radio é un planeta aparte…

  5. Pableras Escribiu:

    Brizzola!

  6. otraveseiro Escribiu:

    A Brizzola vino eu o sábado pola mañá nun centro comercial, e moi ben acompañado, por certo. Unha auténtica Renaldinha. :)

  7. Miguel Escribiu:

    A filla de Brizzola!!!!!! Lembro fotos súas da recpción daquel histórico Arteixo que subira a 2ª B a costa do Oviedo…

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo