Se iso deámonos un pouco de hostias que este partido é un tostón
2 de decembro do 2008 perpetrado por
otraveseiro
O Deportivo xogará o vindeiro xoves no campo do Lech Poznan polaco na liguiña da UEFA. Despois da que montaron os hools do Feyenoord na Coruña o outro día case mellor xogar alí e que non veñan estes aquí. Ás probas me repito, coma diría Caneda.
Está claro que a estes notas lles molan as pelis tipo Braveheart, os 300 e polo estilo. Igual até o nome de Lech ven de que andan todo o día a leches. Digo eu.
chúzame - Arquivado en Xentes da grada |





decembro 2nd, 2008 ás 10:11 am
Eu tiña pensado ir a Poznan a ver o partido porque vivo relativamente preto de Polonia pero algún coñecido polaco desaconselloume viaxar a Poznan (se vas a animar a o equipo visitante). Así que intentaréi velo por internet.
decembro 4th, 2008 ás 4:21 pm
Eu tiven un colega de Erasmus en Polonia e daquela xa me comentaba, foi o ano pasado, que os hools polacos son dos máis peligrosos de Europa, xa tiveron moitas movidas con siareiros doutras seleccións, sobre todo cós alemáns, asi que partido perigoso onde os haxa, que teñan moito coidado os RB.
Un saúdo travesseiro