O monstro do campo

4 de decembro do 2008 perpetrado por otraveseiro

O que son as cousas, dándome unha volta por El Desván del Abuelito descobro que o ex-futbolista Fernando Ruiz Hierro ten falseado o seu currículo, empezando pola súa data de nacemento. É materialmente imposíbel que este fulano nacera en 1968 porque dez anos antes, no 1958, interpretaba baixo o pseudónimo de Arthur Franz a pinícula de terror Monstro no campus.

Anos máis tarde deixaría a súa faceta de actor, e xa non luciría unha camisa de leñador, mais seguiría repartindo leña, desta vez nos campos de fútbol, para convertirse no monstro do campo (e dos despachos federativos).

Chuzame! chúzame -

Arquivado en Adefesios, Cuspidinhos |

2 Comentarios

  1. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Muy bueno el post, como siempre. Hizo acordarme de mi eterno proyecto de llevar a las pantallas cinematográficas el remake (ahora que se lleva lo de repetir películas) de Teen Wolf, protagonizado por el mismísimo Michael J. Fox..qué gran película, qué gran actor y qué grande eres, traveseiro!

  2. linea de cal Escribiu:

    Nunca traguei a este carniceiro profesional. Ademais, cada vez que abre a boca da asco, como o monstro ese.
    SAÚDE!

Deixar comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo