Lanzamento de moto en barra fixa
31 de Xaneiro do 2009 perpetrado por
o traveseiro
El Raúl de los Recuerdos é para os blogues futboleiros coma unha banda de punk para a música. Estes últimos son capaces de nun minuto e medio e con poucos acordes dicer mil cousas e con calidade. O blog o mesmo, sen moita parafernalia e en catro frases poden dar lugar a multitude de recordos, anécdotas, e tamén polémicas. Desta vez, co Deportivo Alavés Uefo coma raíz, sae a colación un dos feitos máis curiosos e flipantes, pero non por elo non lamentábeis, da historia recente das bancadas do fútbol europeo. E saliento o de europeo porque cousas como estas ou peores pasan a cotío no fútbol latinoamericano, pero nun país coma Italia e nun escenario coma o Giuseppe Meazza (San Siro para os milanistas) pois ten bastante tela.
Aconteceu o 6 de Maio de 2001 nun encontro entre o Inter de Milán e o Atalanta de Bérgamo. Os seareiros máis radicais lanzan unha Vespa (momento que recolle a fotografía) dende o segundo anfiteatro do fondo norte contra a grada baixa, sen causar vítimas. As preguntas que me fago eu: ¿Que facía unha moto no interior do campo?, ¿de quen carallo era?, ¿como pollas a conseguiron meter?, ¿a que especie de retrasados mentais (eran máis dun) se lles ocorre tirala enriba doutros afeccionados? e… ¿quen foi o lince que en lugar de tira-la ao lixo ou levala ao desguace a gardara para que, anos máis tarde, sexa unha peza de exposición itinerante sobre violencia no fútbol (foto de embaixo –Barcelona-)?
Por certo, o boneco aforcado do fondo, e que tocarei, se me presta, noutra ocasión, tamén procede do fútbol italiano. A pesares dos casos demostrados de corrupción, trampas, violencia, doping… os clubes italianos e os seus dirixentes inexplicablemente seguen a participar respectivamente nas competicións e reunións europeas sen ningún tipo de problema.
Arquivado en Xentes da grada |
8 Grandísimas aportacións »


















