Solidariedade con Gaza
12 de xaneiro do 2009 perpetrado por
otraveseiro
Aproveito que a mafia da FIFA e asociados só multa a futbolistas con conciencia e que de momento non inventou un artigo para sancionar a blogues de fútbol... para manifestar que O Traveseiro está xunto ao povo palestino. Porque non vai ser todo cachondeo, oiga.
Arquivado en Actualidade, Autobombo |





xaneiro 12th, 2009 ás 1:17 am
Espero que despois do comentario sobre a pírrica entrada de Riazor no partido da seleción galega (aínda non entendín porqué non foi publicada) me admitas esta.
Non estou a favor de mezclar política e deporte, e estou de acordo con sancionar a futbolistas que ensinen camisetas con propaganda. Nin de Gaza nin de Israel.
O fútbol non é un altofalante é un deporte.
xaneiro 12th, 2009 ás 1:23 am
Obviamente quería dicir Palestina ou Israel.
xaneiro 12th, 2009 ás 1:22 pm
De entrada descoñezo que deixaras un comentario sobor a asistencia ao partido da selección galega. Debeu pasar algún tipo de problema porque aquí non censuramos ningún comentario. De feito, todos se publican no momento agás os que son en post de varios meses atrás, que agardan moderación. Precisamente hai pouco un “anónimo” puxo no post de Guti coa camisola do Che algo así como “Me encanta Guti y no entiendo que hace con una camiseta del mierdas del Che”, e lle din igualmente entrada. Repito, aquí non se censura nada.
No que atinxe ao tema Kanouté, os cartos da multa irán parar a engordar aínda máis os petos dos dirixentes federativos e non precisamente para causas xustas. Non sancionan igual a defensas carniceiros nin aos árbitros que fan a vista gorda. Por outra banda, fútbol e política sempre foron da man, dende os comezos deste deporte, e todo na vida é política, outra cousa é que non debería ser así, pero éche o que hai.
Para rematar, referente á segundo ti pobre entrada do partido da selección galega, os partidos amigábeis da selección española tampouco están precisamente ateigados porque non hai cultura de selección, xogue quen xogue. De feito, antes do boom da Eurocopa de España, no Corte Inglés de Madrid se vendía unha camisola de España por cada 700 do Madrid. E aquí pois o mesmiño, as seleccións están por embaixo do teu equipo de sempre, e se o 27 de decembro fai un frio que nin dios, é tarde, hai que pasar por caixa e o partido aínda por riba é televisado, aí tes o porque desa “pírrica” entrada.
Saúde.
xaneiro 12th, 2009 ás 1:52 pm
Menos mal que ya no tenemos en la plantilla (del Depor) a ningún cabrón genocida
xaneiro 12th, 2009 ás 2:46 pm
El otro día hablaba con mi compañero de piso el tema de Kanouté. Me parece fenomenal el gesto del Malí, estoy totalmente en contra de la masacre que están haciendo en Gaza pero como dice Guti, fútbol no se debería mezclar ni con política ni con religión. Son temas delicados, y está bien sancionado. Es peligroso que en un campo se muestre una camiseta como esa.
Imaginemos que Aouate, Benaoyoun o Revivo (!) muestren camisetas de apoyo a Israel, lo mismo que Kanouté, desde su punto de vista también tendrían relativa razón… y también tendrían que ser sancionados, obvio.
Que hagan como Emery, que usen las conferencias, entrevistas y demás para manifestarse, pero dentro de un terreno de juego, no. Traveseiro, es lo que hay, eso está claro, pero no debería ser así. El fútbol es una pelota y cuando no juega Míchel Salgado, 22 tipos dándole patadas a un balón. Punto.
y juggalo: bruto!!!!!
xaneiro 15th, 2009 ás 9:35 pm
Traveseiro, estou contigo ao solidarizarme coa causa palestina, unha vergoña o silenzo cómplice dos Estados Unidos e a tardía resposta da Unión Europa, tamén lle estou a dar voltas ao porqué do desmarque do Partido Popular en todo isto, precisamente hoxe fixen un post sobre o tema no meu blogue.
http://apontevella.com/archives/1279
Un saúdo dende Pontevedra, por certo, agora os granates xa empezamos a mirar para abaixo en troques de para os postos de arriba, non sei se ao final da tempada nos estaremos xogando a salvación…grrrr, panda de ineptos.
xaneiro 15th, 2009 ás 10:22 pm
Sen sair do fútbol… ¿Por que cando a guerra dos Balcáns prohibiron a Iugoslavia participar na Eurocopa do 92 e a Israel e aos seus clubes non lles impiden competir na UEFA? ¿Por que ese organismo os obriga ás veces a xogar fóra de Israel por razóns de seguridade a aínda teñen o morro de protestar? ¿Hai algunha mención na Biblia sobre este particular?
xaneiro 19th, 2009 ás 6:05 pm
Eu o que non entendo é porque sancionan a Kanouté por amosar unha camiseta onde só pon “Palestina” (nada mais) e moitos equipos da liga BBVA levan a bandeira de España na sua camiseta o que pode considerarse como provocación en Euskadi, Catalunya o mismamente en Galicia.
Se eu fose Kanouté o seguinte partido levantariame a camiseta e amosaría no peito escrito a mesma palabra: Palestina ¿só se sanciona si está escrito na camiseta, non?