Ramón Calderón en plan retro
23 de Xaneiro do 2009 perpetrado por
o traveseiro
A pasada noite… ou hai dous, porque xa estamos a venres, me pasei polo forro ese consello que di que non é recomendábel cear copiosamente nin ver películas de terror nin imaxes chungas antes de deitarse a durmir. A cea foi bastante forte, e o que vin na tele foi durante pouco tempo pero suficiente para non poder concilia-lo sono.
Efectivamente, ollei durante uns minutos o programa especial de La Noria (infumábel programa de Telahinco dos sábados noite) co gallo do cese, dimisión ou o que sexa, de Ramón Calderón coma presidente do Madrid. Había unha chea de convidados a debater ao redor dunha mesa, co pesado este de Jordi González coma moderador, e nunha especie de bancada aparte, un grupo de terapia de farlopeiros que véndoos non se sabía se o tema a debater era o Real Madrid ou o corazón. Nas primeiras ringleiras atinei a descubrir a Jimmy Giménez-Arnau («Palabra de Jimmy», cuña radiofónica de laxantes), Bibiana Fernández (outrora Bibí Andersen, ex de Guti) e Coto/Kiko Matamoros, non sei cal dos dous era (xemelgos cada cal máis tóxico).
Cando estaba a punto de trocar de canle, para non potear, o presentador di algo así como «¿Sabiáis que Ramón Calderón participó en un programa de televisión de esta casaaaaaaa…?» dando paso ás imaxes antigas de La máquina de la verdad, momento en que premo compulsivamente o botón do mando a distancia para captura-la imaxe de aí enriba. O que dicía Calderón e de que ía ese día o programa me importaba un bledo, só quería inmortalizar este intre, e o conseguín. A captura non é de moi boa calidade pero suficiente para deducir que os anos oitenta se levan todos os paos, pero foron os malditos noventa os que lle fixeron verdadeiro dano á vista e á estética, tanto en roupa como en peiteados. Serva coma exemplo o noxento cabelo de Calderón, que parece de Nuevas deGeneraciones, e a garabata.
- A día de hoxe tamén segue a meter medo
E como bonustrack, á marxe disto, a conversa en Onda Cero de Pepe, fichaxe de 30 millóns de euros de Ramón Calderón, co osasunista Juanfran. Di o portugués que «Sé que es madridista y que ha jugado en el Real Madrid, pero tú sabes como son las jugadas que pasan dentro del campo. Yo te pido disculpas, ha sido algo que pasa dentro del campo, yo he tirado para mi equipo y tú para el tuyo. Pero te pido disculpas como futbolista y como persona. Ha sido conmigo la jugada como podía haber sido con otro». Atención señoras e señores, lido así parece que o que aconteceu foi que lle arrincou a perna do sitio e o retirou do fútbol, ou que lle cuspiu na cara, o mallou a hostias… eu que sei. Pero non, o único malo que fixo Pepe a Juanfran foi derribalo dentro do área, ou sexa, facerlle penalti, algo bastante habitual no fútbol. Mais o árbitro non o pitou, tamén pasa a miúdo, e Pepe é incapaz de comprender, se sinte culpábel e ten remordementos de conciencia. Enternecedor.
Arquivado en Adefesios, Maldita TV |
4 Grandísimas aportacións »






Xaneiro 23rd, 2009 ás 9:05 a.m.
Si hubiera sabido que iban a poner a Calderón en la Máquina de la Verdad, no me lo hubiera perdido. Por cierto, no es la primera vez que viendo imágenes antiguas del Barça o del Madrid uno se encuentra con los actuales presidentes. Esto es, cuando pasó lo del Elefante en el Barcelona, uno de los que siempre estaban en primera fila era LAPORTA! También en el Madrid cuando Mendoza, un candidato era un jovencísimo Florentino, y Calderín también (puse Calderín escribiendo mal, pero no me disgusta como suena así que no lo cambio)
PD: Uno de los candidatos que el Marca pone para al Madrid se me parece a Vincent Cassell.
Xaneiro 23rd, 2009 ás 4:40 p.m.
La verdad es que en apenas 16 años ha desmejorado mucho el colega. Seguro que eso le afectó a la cabeza y por eso padece esa esquizofrenia-mania-persecutoria-trastorno-obsesivo-compulsivo, o simplemente que se ha vuelto tonto y se cree que los demás tenemos su mismo CI.
Capitán tan, ¿quién es ese candidato que se parece a Cassell?
Saludos.
Querido Bogarde
Xaneiro 23rd, 2009 ás 4:43 p.m.
¿Por qué me sale mi nombre cuando he puesto mi nick?
Qué raro es esto. Por cierto, soy DoKiÈh.
Xaneiro 24th, 2009 ás 6:40 p.m.
Algún problemilla de WordPress, yo no tengo nada que ver en ello, Señor Caballero.