Sublime intervención na asemblea do Madrid

31 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

Nin a nós nin a ninguén con dous dedos de fronte lle pode interesar o que dixo na Asamblea General Extraordinaria del Real Madrid o presidente de Plataforma Blanca, nin o de Ética Madridista, nin o que pedía a presidencia para Santillana, Pirri ou Zoco (¿a quen se lle ocorre?). A nós o que nos interesa de verdade era a intervención de Toñín «El Torero», coñecido friki do Madrid, dirixíndose a Vicente Boluda, actual presidente branco. O seu parecido con Cañita Brava non é só físico. Transcripción literal da alocución:

«Bueno vamos a ver, yo iba a tener otra actuación pero después de otra brillante actuación de otro compañero he cambiao por otros derrotero. Quiero decir a todos los compañeros que se le ratifique o no se le deje de ratificar el Madrid es eterno, pero utté ha hecho un comentario que me ha irritao porque yo no lidero ninguna plataforma, suy independiente, yo no voy con nadie, voy solo, pero sí lidero una legión de madridittas con un sentimiento mu grande hacia su equipo y usted ha hecho un comentario que ha especulao con que si no vamos a tener chance el día veinticuatro de Mayo para ganar la liga y yo me rebelo con esa información. -Boluda pon cara de preguntarse de onde saiu este tío- Prefiero que las elecciones fueran ma…, ma posteriore porque yo pienso que hasta el rabo todo es toro y que se podrá ganar la liga. Y ahí es donde voy. Sa hablao aquí: paz social, unión del madridimmo, valores del madridimmo, y una palabra que ha dicho un compañero que es la de la esperanza. Pues si, y perdonarme que es lo que voy a hacer que no me voy a desnudarme -comeza a desabrocharse a camisa e a garabata- pero voy a hacer una cosa que casi siempre la llevo conmigo y estoy obligao a hacerlo porque…, porque, y compañeros perdonarme, perdonarme… ¡ESPERANZA! -Momento foto- ¡Y hala Madrid y como se canta en el estadio: ¡Vamos Real, hasta el final! ¡Gracias compañeros!» De nada home, de nada.

Eu se fose socio compromisario do Madrid non ratificaría a Boluda…, votaría para poñer a este tío de presidente vitalicio. Por Don Santiago Bernabeu, por Juanito e por España!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Defecacións verbais | 6 Grandísimas aportacións »

Dúas cervexas desperdiciadas

30 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

E non me refiro precisamente á típica que estás a tomar e cha tiran ao chan, ou á vez que estás tan morao que che preguntan a hora, e como a estás a soster coa man esquerda, xiras a boneca para mira-lo reloxo e a tiras toda por fóra (¿a quen non lle pasou?). Estoume referindo a que na década dos 90 tiven a oportunidade de tomar dúas cañas de balde e as desperdiciei. Ao mellor agora son un rapaz máis forte e saludábel grazas a que non inxerín esas garimbas.

A primeira delas, tirada ao lixo aquel fatídico sábado 14 de Maio de 1994, no que o Depor perdeu a liga no derradeiro intre. Estrella Galicia repartía na entrada etiquetas de cervexa coa impresión que se amosa aquí enriba por detrás. Por motivos obvios, non estaba eu para festas, así que esa caña quedou sen tomar. Iso si, gardeina até hoxe, e non descarto utilizala ao final da liga. Non ven posta a data, así que será doado coarlla a algún hosteleiro panoli.

A segunda, desperdiciada un 3 de Maio de 1997 (o partido foi un sábado), tras un Deportivo-Sevilla con resultado de tres a cero a prol dos locais. O voceiro dos Riazor Blues, o Curva Máxica, cumpría 75 números, e como destacan no mesmo, convidaban a unha garimba:

«Por mor do número 75, a idea era regalar unha pegata, vende-lo fanzine gratix (¿como se come iso?), ou regalar rifas ou similares, pero finalmente (como cre o ladrón que todos son da súa condición), optamos pola birra, que a bon seguro a peña preferirá máis un día coma o de hoxe. Presentando o ticket que ven grapado na portada, poderás tomar unha caña gratix esta noite, ata as 2:00 no Pub Heysel, no Orzán. Estas cervexas financianse totalmente cos cartos do C.M.: Só teñen dereito a ela os leitores, polo simple feito de mercalo. Non por ser dos Blues poderás beber nesta ocasión, senón polo feito de merca-lo fanzine».

Ignoro porque non fixen efectivo ese troco Vale X Garimba. O que si sei é que, ao contrario que co primeiro, con este vai ser tremendamente compricado meterlla dobrada ao hosteleiro do Pub Heysel, polas condicións do vale (ten a data) e porque o bareto ese xa non existe. Mágoa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 6 Grandísimas aportacións »

Os do Alzira, unha raza chunga

28 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

De cando en vez sempre sae o directivo, técnico ou xogador de turno criticando públicamente aos propios afeccionados do seu equipo. Que si esta cidade non se merece este equipo, que si vai moi pouca xente ao campo, que si non mercan accións que logo non se queixen se ven alguén de fóra e se fai dono do clube…. Pero logo en frío se retractan dicindo que se terxiversaron as palabras, que temos a mellor afección do mundo, que sempre nos apoian…

É o normal, o que non podes e traba-la man do que te dá de comer, porque os directivos, adestradores e xogadores van e veñen, o que quedan son os seareiros, e nunca os podes criticar en público, aínda que en privado botes pestes sobre eles.

Sen embargo, hai un clube, a U.D ALZIRA que pon aos seus afeccionados e cidadáns a caer dun burro na súa propia páxina web oficial, e non precisamente en NOTICIAS, ou actualidade, por un tema recente que acontecera, non. O fan dende o propio apartado de HISTORIA. Así, no breve resumo da tempada 1988-89, din: «Temporada en la que el Alzira militó en la categoría más alta de su historia. Los alzireños mostraron de qué raza están hechos y por ello no dieron el apoyo suficiente para que la economía fuese como debía. El equipo fue hundiéndose poco a poco aunque se consiguió no descender como último clasificado».

E na seguinte tempada, a 1989-90: «Amargo retorno a la 2ª división B después del paso por la categoría de plata con más pena que gloria, gracias especialmente al nulo apoyo de la afición alzireña a su equipo«.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 8 Grandísimas aportacións »

Roberto Carlos pásase ao mundo da moda

26 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

O que fora lateral esquerdo do Real Madrid, Roberto Carlos, presentou onte en sociedade a súa nova marca de roupa RC3, tanto para homes como para mulleres. As prendas están orientadas para mozos e mozas modernos, con tendencias de estilos urbanos e casuais. O actual xogador do Fenerbahçe afirmou que desexa ver coa súa roupa a codiciadas modelos coma Gisele Bundchen ou Kate Moss, e tamén a actrices coma Angelina Jolie, Katie Holmes, Nicole Kidman ou inclasificábeis coma Victoria Beckham.

Na imaxe, acceso principal ao establecemento da marca na prestixiosa Via Montenapoleone, en Milán, xunto as tendas de Gucci, Versace, Fratelli Rossetti, Prada, Cartier, etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

As espinillas de Adorno

24 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

Tomándome a caña e tapa de rigor no meu bar de confianza descubro que o chapuceiro cromo de González se está a facer famoso. E todo grazas a Donovan (tranquilos, non é o de «V»), un foreiro do foro da ACB que se tomou a molestia de louvar O Traveseiro e traducir dous post, entre eles o do cromo do Castellón. O malo é que non pon a ligazón para non facer spam (?). Pero eche igual, graciñas de tódolos xeitos, Donovan.

Aproveito para publicar un novo cromo dese mesmo album, o do entón xogador valencianista, Adorno. A súa ficha: «Miguel Angel Adorno Ramírez. Delantero. Nació en Puerto Aragón-Santa Fe (Argentina) el 5-6-1949. Estatura: 1’78 metros. Peso aproximado: 75 kilos.»

O xogador non leva espinilleiras, algo que era moi habitual na época, así que podemos dicer que as tiña de adorno, como o seu propio apelido indica. O malo do asunto, que como che deran unha patada ías de cachas, como se ve na súa perna dereita, onde ten un burato do diámetro dun taco de aluminio. Eso sí, de seguro que viu as estrelas e lle fodeu, pero rapidamente estaba a correr, e non coma os mariquitarls do fútbol moderno.

Voltando ao album da tempada 73-74 que conservo, por fin souben a quen pertenceu. A un veciño meu moi futboleiro que foi asasinado namentres cumpría coas súas obligacións como cidadán facía o puto servizo militar hai vintepico anos. Graciñas, Juanjo!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Autobombo, Mundo viejuno-celebrities | 6 Grandísimas aportacións »

Ivan Helguera, nunca entendín o teu roio

23 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

Éncheme de tristura ler no Marca que a prensa americana visita a web dese xornal para informarse sobre Rudy Fernández namentres a O Traveseiro só se meten internautas que escreben no Google cousas tales como «hoteles para follar en Trives» (100% real). Isto ten que mudar, eu tamén quero que me visiten xornalistas americanos e demais depravados, e non xente normal que só anda na procura de información para poder sacia-lo seu apetito sexual. E que mellor maneira que conseguilo posteando sobre futuríbeis fichaxes españolas da Major League Soccer. Coma por exemplo Ivan Helguera Bujía (poñer o segundo apelido é intranscendente pero mola bastante).

Porque din os rumorosos que o futbolista, que se atopa sen equipo dende decembro do ano pasado, podería fichar por un clube estadounidense calquera día destes. No país da liberdade (?), sempre tan tiquismiquis con estes asuntos, lles encantará ve-lo vestido cunha cazadora parcheada no brazo cunha fouce e un martelo, en plan soviet. A foto foi tirada hai xa varios anos, cando xogaba no Real Madrid, durante unha rolda de prensa.

Naturalmente, Ivan Helguera non é Ivan a secas, o da canción de La Polla Records («Dando saltos a la pata coja, la hoz y el martillito en la bandera roja. Con empeño y un poco de atención, menudas volteretas que da la situación»). Non é comunista nin esquerdista. Simplemente levaba esa chupa por moda, coma Guti coa camisola do Che Guevara, e coma os milleiros de mozos e mozas que levan camisolas da CCCP e no pescozo un pano palestino porque é fashion. Cando hai anos eu poñía un palestino deses a xente me miraba mal, coma se fose un apestado, e agora me seguen a mirar porque non o levo.

A todo isto, para coñece-la catadura moral deste individuo, salientar que na época desa foto concedía entrevistas aos ultrasur, con bufanda incluída, na que os poñía polas nubes. Coma son descerebrados, seguro que non lles importaba. Non así aos americanos, que non se andan con hostias, e se Helguera se presenta alí con esa chupa lle cae o pelo máis do que xa lle está a caer. Remataría coma Rambo en Acurralado, sen sentir as pernas, porque coma din os médicos que o trataban das súas contínuas lesións: «A súa forma da pelvis e o seu xeito de andar, coas pernas arqueadas, lle predisponen a que biomecánicamente poida ter problemas nesa zona. [...] O que hai que facer é descargar eses grupos que presentan a sobrecarga e potenciar os que non usa habitualmente pola morfoloxía da súa pelvis e das súas pernas. Non é cambiar a súa forma de andar, é reeducalo biomecánicamente».

A miña opinión é que hai que reeducalo cerebralmente, dándolle sobrecargas nos miolos, e non nas pernas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 5 Grandísimas aportacións »

O himno do Celta soando no meu walkman

23 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

De visita pola CCCP lembreime de Bello, un compañeiro de instituto do meu irmán que se converteu no meu maior e mellor provedor de maquetas, fanzines, colantes… de corte político-musical dos primeiros anos noventa. Cousas que non atoparías agora nin no Emule cho conseguía el. Rarezas de rock en euskera coma Ezin Izan ou Ipar Rap Eroak e outras lerias chegaron aos meus oídos grazas a el. Tamén te gravaba cousas máis coñecidas pero non doadas de conseguir porque era compricado que houbese alguén que tivera ese determinado CD. É o caso do primeiro disco de Os Diplomáticos de Monte Alto, o «Arroutada Pangalaica» que Bello mo gravou nunha TDK de 46 minutos que aínda conservo. Pero como lle sobraba espazo e sabía do noso deportivismo estremo (a el o fútbol lla pelaba) meteunos o cabronazo como bonus-track un dos himnos oficiosos do Celta, a «Foliada Celeste», interpretada pola banda de folk A Roda.

O temiña se pode descarregar dende a propia web do Celta no apartado multimedia, mais vos poño a letra aquí para que vos fagades unha idea de como se pode pretender ser un equipo gañador tendo como himno unha canción cuxo retrouso é conformista: «Sempre andan dicindo pro ano que ven…»:

Díxolle o sobriño ó tio ó entrar en Balaídos / díxolle o sobriño ó tio /si gañamolo domingo / fágoche socio de río / fágoche socio de río / ó entrar en Balaídos / díxolle o sobriño ó tio.

Sempre andan decindo pro ano que ven / e chega outro ano e pasa tamén / e pasa tamén e pasa tamén / sempre andan decindo pro ano que ven.

Dixeronlle ó presidente / os de tribuna cuberta / dixeronlle ó presidente / pra temporada que vén / temos que cambiar de xente / temos que cambiar de xente / temos que cambiar de xente / os de tribuna cuberta / dixeronlle ó presidente. (Retrouso)

Foron os de marcadore / os que máis se cabrearon / foron os de marcadore / que pedían a cabeza / do señor entrenadore / do señor entrenadore / do señor entrenadore / os que máis se cabrearon / foron os de marcadore. (Retrouso)

Son os que nunca protestan / os de gol e xenerale / son os que nunca protestan / como están tan separados / nunca se enteran da festa / nunca se enteran da festa / os de gol e xenerale / son os que nunca protestan. (Retrouso)

Son os que forman o lío / os que tiran almohadillas / son os que forman o lío / os que tiran almohadillas / son os de Grada de Río / son os de Grada de Río / son os de Grada de Río / os que tiran almohadillas / son os que forman o lío. (Retrouso) – Esta parte a teño escoitado substituindo «petardos» por «almohadillas», vese que os tempos mudan… para pior-.

Como se apreza, poñen a caer dun burro aos seus propios afeccionados: uns non sen enteran de nada, outros son uns violentos… E moi optimista non é que digamos, nada que ver co futboleiro «Lume de biqueira» dos Diplomáticos co seu espectacular final de «Nosa é a victoria dende que pitan o saque / no fútbol e na vida nós xogamos ao ataque.» Por certo, tamén me chama bastante a atención que sexa o sobriño o que leve ao tío ao campo e lle prometa facelo socio do Celta, e non ao revés.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 2 Grandísimas aportacións »

¿Que fai Verdú?

19 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

Pídeme Miguel que lle axude a descifrar que carallo fai, ou tenta facer, Joan Verdú no gol de falta que lle calzou o Sporting de Xixón ao Depor o pasado domingo.

Precisamente hoxe lle leo a Verdú unha entrevista onde, preguntado polo tópico ese que di que un xogador que remata contrato non mete o pé, responde que «Iso de que non meto o pé é mentira. Sempre haberá algún que o dirá, pero é mentira. Eu podo asegurar que se teño que meter o pé e téñome que partir a perna, pártoma. Por iso non vai quedar. Non me afecta o que digan, porque estou moi tranquilo nese sentido. Se teño que meter o pé, póñoo, e se teño que deixar a perna, déixoma».

E ten razón, o pé o mete, e a perna tamén, e si se ten que comer un balonazo o come. O malo é mete-lo pé onde non fai falla, en plan postureo, e tirarse a tapar un cañonazo dun rival cara onde non vai o balón, non vaias chupa-lo furonazo. É a miña teoría neste caso. Verdú sae correndo cara a diante para tapa-lo tiro do sportinguista José Angel, mais se tira para o lado contrario, ou sexa, se tira por tirar. Mais ao mellor trabúcome, e quizais o que lle pasou foi que…

…recibiu unha descarga eléctrica ao pisar un cable pelao que había no campo (lembremos o lamentábel estado ruinoso de El Molinón).

…os seareiros asturianos que se atopaban na tribuna do estadio sopraron á vez, non para desvia-lo balón, senón para desprazar a Verdú. Os que o vemos tirar a porta sabemos que non ten forza e é un viruliñas.

…estaba bailando breakdance cando lle sorprendeu o trallazo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Pregunta para nota | 7 Grandísimas aportacións »

Varios moi variados (6)

18 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

1. Vacinación, única solución

Nin meninxite, nin febre amarela nin hostias, seica a Federación de Fútbol de Kenia teme que Lassad poida contaxiar a súa falta de gol aos dianteiros dese país e esixe que viaxe alí vacinado.

2. O monstro de Sant Pauli

Non se trata do tal Josef Fritzl nin tampouco de Jack Nicholson pero mete igual ou máis medo ca eles. Trátase nin máis nin menos que do presidente do FC Sant Pauli alemán, Corny Littmann.

3. Aquí cheira a queimado

O goberno grego recompensaba hai ano e pico con un millón de euros por información para deter aos pirómanos que prenderon lume a media Grecia. Igual chego un pouco tarde, pero aí os teñen señores gobernantes, os afeccionados do PAOK de Salónica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Idas de olla, Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

Politoxicomanía

17 de Marzo do 2009 perpetrado por o traveseiro

A idea de hoxe era postear algo acerca da miña estancia este domingo en Xixón. Son moitas anécdotas, demasiadas, así que as gardarei para botar man delas para cando a ocasión o requira. Só comentar algo que si non o digo revento: «El Molinón» nos mola mogollón é unha putísima merda. Cáese a cachos, e non entendo coma os sportinguistas, que o coñecen ben por dentro, poden poñerse a botar na bancada cunha naturalidade pasmosa poñendo en grave risco as súas vidas e as dos seareiros visitantes, que non temos culpa algunha de que practiquen os deportes de risco. Os baños son os máis noxentos que vin na miña vida, unha vez dentro non sabes exactamente onde mexar, se en calquera burato ou directamente contra a parede. En serio, á xente de Abandonalia lle recomendo encarecidamente que se pasen por alí, fáranse de ouro. Dito isto (xa me quedei a gusto) imos con outra cousa.

Hai unhas semanas saiu á luz a nova de que varios xogadores profesionais do Raio Vallecano, Hércules e Polideportivo Ejido estaban a ser investigados por un asunto de tráfico de drogas. Este último equipo, ultimamente de moda por eliminar da Copa ao Villarreal e agora por isto, negou a súa implicación, sacando un comunicado no que salientaban que «son muchos medios de comunicación y miles de páginas webs los que han utilizado a los jugadores del Polideportivo Ejido, vinculándolos con una operación antidroga. La noticia es lo suficientemente seria y peligrosa para nuestra imagen como para que alguien se hubiera puesto en contacto con nosotros para preguntar». Podedes estar tranquilos porque eu non vou a vincular aos xogadores do Poli coas drogas, pero si ao que deseñou o escudo do equipo.

O tipo non debería estar moi ben cando colle un triángulo isósceles e lle mete de todo dentro, sen deixar sitio nin para o nome do equipo, que o ten que poñer con abreviatura C.Pvo. (Club Polideportivo). O divide en dous, poñendo na parte superior o que se supón que son as fermosidades do pobo: ceo despexado, un sol que te cagas, vales, montañas, tomates, pementos e o que semellan que son porros (ollo, puerros en castelán). Embaixo deixa espazo para a actividade do clube: ximnasia, fútbol, tenis, baloncesto e unha portería que pode ser calquera deporte de goles. E o mellor de todo é que tanto polideportivo pero nunca tiveron esas seccións que saen reflectidas no escudo. Asín está o patio.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Enxendros | 5 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo