Futbolín, deporte oficial xa

29 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

Chámanlle ferriños no país do Deza, ferreiriños lle din pola parte de Lalín, metegol na Arxentina, matraquinho en Portugal, cambio e furonazo, máquina total!!… como cantaban Os Diplomáticos de Monte Alto, e table football ou foosball no mundo anglosaxón. Na rúa son os futbolos e a tomar polo cú.

futbolin-defensivo

Pois seica en A Nosa Terra entrevistan ao ex-campión de España deste xogo, Manuel Candal, que loita para que sexa deporte oficial. Maxino aos clubes de fútbol profesional creando a súa sección de futbolín, cos bonecos do  Madrid e o Barça bañados en ouro, os do Numancia feitos po e ao Logroñés saindo con só catro ao «campo».

E tamén maxino as tácticas dos equipos. Así, por exemplo, a da imaxe, un equipo de futbolín adestrado por Clemente, Caparrós ou, por que non, por Guus  Hiddink.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Loira, con bo peito e futboleira

28 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

nadine10

Non son dos que pense que hai comentaristas de primeira e segunda división, pero si especiais. E Djukica é un deles, porque é o único colega que sabía da existencia deste blogue antes incluso do seu nascimento oficial. Polo tanto, as súas suxerencias se teñen moito en conta. Así pois…

Seica a súa moza debe estar ao outro lado do charco, e claro, descoñecedor de páxinas guarras, entra aquí buscando loiras con tetas e, a poder ser, futboleiras e do Depor. Polo visto a Duquesa de Alba non é do seu gusto, como manifesta aí embaixo, así que o agasallarei con Nadine.

Que che aproveite, monstro!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Elas tamén xogan | 2 Grandísimas aportacións »

Rectificación

28 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

cabra-betis

Vaaaale, está beeeeen… aceptamos Betis como equipo das clases máis populares e desfavorecidas…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

Son pobre, e polo tanto, do Betis

26 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

duquesa-de-alba

María del Rosario Cayetana Alfonsa Victoria Eugenia Francisca Fitz-James Stuart y de Silva, tamén coñecida como a Duquesa de Alba. Esta señora é 5 veces duquesa, 18 marquesa, 20 condesa, condesa-duquesa e condestablesa, ademais de ser 14 veces Grande de España.  É Membro de Mérito da Real Academia Hispanoamericana de Artes, Ciencias e Letras de Cádiz, da Hispanic Society of America de Nova Iorque, Presidenta de Honra da Ópera Filarmónica, Alcadesa Honoraria de Liria (Valencia), Vicepresidenta de Honra do Club Palomar de Santander, Filla adoptiva de Sevilla, Filla Predilecta de Andalucía, Presidenta Honorífica da Cruz Vermella Española, Membra do Consello de la Diputación Permanente da Grandeza de España e Maiordoma Maior de Honra de Santa María dos Anxos de Granada.

Tamén ten unha chea de medallas que nin que fose unha veterana das dúas Guerras Mundiais, e o seu patrimonio é tan amplo que disque é quen de percorre-la Penísula Ibérica de norte a sur sen sair das súas propiedades. Goza de varios beneficios económicos reportados polas súas fincas e propiedades agrícolas repartidas por todo o Estado por parte daa Unión Europea, diñeiro que non vai parar aos traballadores desas terras (uns tolos e delincuentes, segundo ela).

E o máis importante de todo: é afeccionada do Real Betis Balompié, o suposto equipo do proletariado e dos pobres de Sevilla.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Odioteca | 5 Grandísimas aportacións »

«Fútbol padentro»: Unha obra do Pai Taboada

23 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

Hoxe que é o Día do Libro recomendareivos encarecidamente un que teño na casa que se titula «Deporte y fútbol por dentro» (¿seica o fútbol non é deporte?), escrito por Rafael Taboada Vázquez, editado por El Ideal Gallego e publicado en 1982, co gallo do Mundial que se disputou aquel ano.

taboada

O autor é un cura moi coñecido na Coruña porque é o Asesor Relixioso e Socio de Honra do Real Clube Deportivo da Coruña. Ademais diso, como se menciona no libro, é, ou era daquela, Abade da Colexiata, Membro da Asociación de Canonistas, Capitán de Iate (?) e colaborador fixo de El Ideal Gallego na sección relixiosa. Precisamente lembro hai un montón de anos lerlle un artigo falando de Bebeto, ao que naqueles tempos se lle cantaba en Riazor «BEBETO ERES DIOS», algo que lle fodeu bastante a Taboada, que titulou esa columna como «BEBETO NO ES DIOS».

Ben, pois o libro o teño na casa porque este home tentou adoctrinar impartiu clase de relixión a un dos meus irmáns e polo visto agasallouno a el e ao resto cun exemplar asinado. Chamo ao meu irmán para que me conte algunha anécdota futboleira do ínclito en clase e dime que «non me lembro, só nos daba unha hora semanal. Estaba zumbao, recórdame ao Padre Loring. Fóra tiña fama de ser bastante cabronazo, pero eu non che sei».

rafael-taboada

«Bebeto non é Deus nin eu Rouco Varela»

Bótolle unha ollada por riba ao libro e é moi recomendábel. A destacar, así, a bote pronto, tres escollidos case ao chou. No derradeiro ten máis razón que un santo:

«La mentalidad profesional es lo esencial en la vida del futbolista para desempeñar su oficio con la mayor perfección. Esta mentalidad se tiene o no se tiene, uno está hecho para el fútbol (Messi) o no está (Marchena). Quien posee esta manera de ser, a cada instante se pregunta si lo que hace le servirá, o no, para mantenerse psiquicamente en forma (Pepe) o para desarrollar buen juego en el campo. Consecuentemente, el muchacho sacrificará diversiones, alcohol, sexo, tabaco, vida fácil y excesos, para ocupar el primer puesto (Diego Tristán, o number one). Quien no esté mentalizado así será siempre un elemento mediocre, segundón y aburrido, incapaz de un heroísmo en los trances difíciles (Guti)».

«Pocos consiguen labrarse un porvenir brillante, pero el intento es un valor positivo frente a la apatía y desgana de una juventud indolente que sólo disfruta con la droga, el alcohol y la delincuencia. Un joven deportista es una garantía para la sociedad, y el deporte aparta la mente de turbios pensamientos y descabellados proyectos que suelen terminar en la cárcel y en el crimen».
-E os blogs de deportes, pai, que tamén serven para afasta-los suxos pensamentos-

«Lástima que también el juego sucio enturbie las relaciones interpersonales por culpa de los vividores, de los aprovechados, de algunos intermediarios que manchan el deporte y desprestigian el fútbol; de ciertos profesionales inconsecuentes con su oficio, amargados o malintencionados; de algún árbitro que olvida la exactitud en la aplicación del reglamento, de algún entrenador que no está a la altura de sus responsabilidades, de algunos directivos que no cumplen sus compromisos, y del público que se entrega a la ferocidad por encima de la deportividad, de algún periodista obcecado que no refleja siempre la realidad de forma objetiva y veraz».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Pello Uralde, sempre presente

21 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

Seica o sistema de comentarios segue sen furular, unha putada, pero a falta de pan boas son tortas, e me queda a satisfacción de que grazas a iso sei que hai leitores habituais que non poden pasar sen o seu chute case diario en O Traveseiro aínda que non poidan comentar, como así me confirman vía email. Seguimos na brecha.

pello-uralde

Dito isto, hai coma dezasete ou dezaoito anos que paso a cotío por unha rúa do meu barrio no que hai un local que leva pechado coma dezasete ou dezaoito anos e no que pintaron a rotulador hai dezasete ou dezaoito anos PELLO URALDE. O outro día decidínme a inmortaliza-la pintada antes de que desapareza definitivamente.

¿E quen é ese pavo, si se pode saber? Pois si que se pode. Trátase do puto amo, un dos meus ídolos futbolísticos de cativo, un clásico 9 que formou parte da mellor Real Sociedade da historia, que madurou no Athletic, que resultou fundamental para o ascenso a primeira do Deportivo e crucial no derradeiro partido da súa carreira, xa en primeira, nunha promoción contra o Betis.

Por certo, xa sei que tedes todos vistas de lince e ledes que enriba pon hala Madrid, e que preferín non curtar. Obviamente, o que puxo iso non foi o mesmo que o que homenaxeou a Uralde. Só faltaba.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 1 Grandísima aportación »

Fabiano Lima, perdido

20 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

fabiano-lima-lost

O lateral esquerdo do Celta foi substituido no descanso do partido do pasado sábado en Vallecas. Eu non o vin, pero contan que as bandas eran un auténtico coladeiro, en especial a súa, e que Lima estaba totalmente perdido no campo.

Lle pasa coma ao seu irmán xemelgo Jack Shepard, que se perdeu nunha illa do Pacífico tras un accidente do avión que o levaba dende Sydney a Los Angeles a xogar unha pachanga.

Graciñas a Diego pola suxerencia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | Comenta, non sexas rata »

¿Que lle foderá máis a Fernando Torres?

17 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

…ou que lle resultará máis vergoñento? ¿Que publiquen unha foto súa nunha triste revista xuvenil sacándose, ou polo menos tentando, un cacho de comida de entre as moas…?

fernando-torres

…ou que publiquen unha dos seus avós paternos (residentes no lugar de Xiadas, parroquia de Gastrar, concello de Boqueixón, provincia da Coruña…) sosteñendo un cadro del facendo a primeira comunión?

fernandito-torres

Nota do autor: Un problema alleo fixo que se perderan estes días polo ciberespazo centenares uns cantos comentarios que non foron publicados. Pregamos saiban desculparnos. O que hai que facer para mante-la audiencia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Pregunta para nota | Comenta, non sexas rata »

A pelota de «El Jueves»

15 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

A semana pasada saiu á rúa, como cada trimestre, unha nova edición especial da revista «El Jueves», o EXTRA FÚTBOL. O número ía  acompañado coma sempre por un agasallo. Xa sei que a cabalo regalado non se lle mira o dente, pero teño que dicer que a meirande parte deles son unha merda, a excepción do papel hixiénico co careto de George Bush (non era de doble capa e rascaba, pero fixo a súa función), e desta vez non ía ser menos: un cutre balón hinchable.

balon-el-jueves

Unha das páxinas a titulan coma «20 cosas que se pueden hacer con la pelota que viene con este extra», naturalmente todo paridas agás a viñeta 18, que reproduzo aí arriba xunto a pelota de marras. Pois mira, si, falarei brevemente da puta pelota só para comprobar se podo supera-la barreira dos cero comentarios que como mínimo me garantizan. Así pois o esférico…

…está feito dun material que cheira bastante mal, polo que ao tentar hinchala corres o risco de caer  ao chan mareado (hai que inflala a pulmón porque non inclúe hinchador).

…ese material me recorda bastante a eses vasos de café para levar, que aguantan moi ben a calor, pero a pouco que os apretes, rompen como nada.

…non ten costuras, está formado por dúas pezas chapuceiramente pegadas e non podo saber o tamaño porque aínda non a hinchei (nin penso facelo).

…o uso que lle vou dar será: 1. Darlla aos meus sobriños para que aos cinco minutos sexa esnaquizada polos seus cans. 2. Darlla directamente aos cans. 3. Gardala para dentro de trinta anos vendela a un friki coleccionista por un pastón (a merda de hoxe é o ouro de mañá).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 5 Grandísimas aportacións »

A familia Mata

13 de Abril do 2009 perpetrado por o traveseiro

juan-manuel-mata

A versión futboleira da popular serie televisiva. Na imaxe, os tres Mata: á dereita, Juan Manuel Mata Rodríguez, ex-futbolista asturiano que na foto pousa coa camisola do Orihuela CF, onde xogaba alá polo 1990.

Á súa esquerda, o seu fillo Juan Manuel Mata García, que milita actualmente no Valencia. O terceiro en discordia, a mata de pelo que leva o pai no peito (ollo, non é unha camiseta interior!).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | Comenta, non sexas rata »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo