Dous anos pasando o rato

17 de Maio do 2009 publicado por o traveseiro

denuncia

“Tome nota Sr. Agente: otraveseiro.blogaliza.org, le encantará”

Hoxe cúmprense dous anos dende que O Traveseiro botou a andar. Un blogue que goza de moi boa saúde, pero como seguimos a estar sen un can (non admitimos publicidade) e cos tempos de crise que corren… pois non podo facer unha festa de cumpreanos en condicións. No seu defecto, terei que botar man dos agradecementos a todos aqueles que fan ou que fixeron no seu momento que esta palla mental tire para adiante. Así pois, mil grazas a…

…os administradores de Blogaliza (a miña casa), sempre ao pé do cañón e dispostos a arranxar problemas; Djukica e Juggalo, uns históricos que deixaban comentarios (seguro que por pena) cando por aquí non paraba nin cristo; Volkoff, que non pasa por aquí por estar enganchado aos foros da revista Vogue (verídico!); Eduardo, un veterano do Blogomillo que un día destes volve ao grande, coma Florentino Pérez; Breogain, xa é pai e o seu Pontevedra non sube nin pa dios; Dokièh e Antonio, Sevilla ten unha cor especial; Estoja, Austria falando coruño; Merk, actualidade balompedicocestista en galego; Pableras e Capitán (Tan) Argento, tanto monta monta tanto; EMF, a pinga reintegracionista neste blogue isolacionista; Lemos 1923, da Ribeira Sacra a Matogrande pasando por Suiza,…

comentaristas-o-traveseiro

Un grupo de comentaristas de O Traveseiro

Miguel Piñeiro, un sopro de aire fresco nun xornal que cheira a rancio; Dirty, un tipo que xoga limpo;  Tomi, pasándoas sempre putas co seu Atleti; Mr.Tichborne, aportando dende ningures; Otomano, Turkya is not Spain; Antihéroe, un medio troll do que aínda estamos agardando que nos explique o do cancro inventado por Molina; Alberto, comendo pasteis de carne nun pobo perdido de Michigan; Princi, erudito do roio das bancadas;  O Raposo, tranquilos que non morde, máis ben todo o contrario; W.Sobchak, o primeiro que me puxo no seu blogroll; Nalyd85, un dos novos; Stbz-Detritus, parecido razonábel con Oliver Atton; Animaliño, máximo expoñente do momento coruñento da primeira década do Século XXI,…

…os desaparecidos en combate, coma Roberto, que se foi a mercar tabaco e non voltou;  Alan Fournier, que se pirou sen despedirse; Sergio Cortina, un crack asturiano perdido polos madriles; as autoridades da defunta RBBE

…e para finalizar, algúns que deixaron algunha pegada ocasionalmente, coma Appg, alcume da única muller (que se saiba) que comentou aquí; a xentiña do Balón Digital; aos de Linea de Cal…das de Reis; Javi, un tocaio meu cun blogue de decadentes coma min; Anónimo, que seica comenta en centos de blogues coma o meu; Kimi Raikkonen, Nicrariense, Xelo, Paulo, Diego, J.C, Miguel, Pablo, Vain… e aos que me deixo no tinteiro, que de seguro que hai algún.

A todos e todas ESKERRIK NOXO! e aos lectores que non vos animáchedes a comentar xa estades a tardar, que vos necesito para seguir alimentando o meu ego.

Arquivado en Autobombo | 18 Comentarios »

18 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Noraboa Traveseiro! Qué che vou dicir que non saibas xa? Eres un fenómeno e tes un mérito tremendo!!

    Algún día confesarás de omde sacas todas a imaxes, porque son brutais sempre.

    Longa vida a O Traveseiro!

  2. EMf Escribiu:

    Pola banda que me toca…. que dure muito máis! 😀

  3. LEMOS 1923 Escribiu:

    Felicidades crack por estes dous anos ó pé do canón.

    As fotos sácalas porque tes empregados ocultos estilo “chicos de la cueva” ou algo así, XDDDD.

    Sen máis dilatación, felicidades e a seguir así, campión.

  4. Mr Tichborne Escribiu:

    De nada! Mais eu son un recén chegado. Eskerrik noxo a ti tamén!
    Segue así de atravesado!

  5. Antonio Escribiu:

    ¡Viva Honduras!

  6. stbz-detritus Escribiu:

    Aunque non comente moito o Traveseiro é una das miñas paradas todolos dias.Fixome ilusión q me nomearas.
    Arriba O Traveseiro
    O proximo ano deberias ser o homenaxeado o dia das Letras Galegas

  7. Dirty Escribiu:

    Parabens e graciñas pola mención pero o mérito é teu por engancharme coas tuas ocurrencias. Que dure moitos anos porque é unha ledicia de blog.

  8. Miguel Escribiu:

    Noraboa, craque!!

  9. DoKiÈh Escribiu:

    Nada hombre, gracias a ti por culturizarnos y enriquecernos con tu sabiduría “andergraun”. Muchas felicidades y que cumplas muchos más (lo harás, aquí no vamos a dejar que pase lo de la RBBE).

    @Pableras: la única vez que le pregunté a nuestro querido Otrave de dónde había sacado una imagen, resulta que fue algo más simple de lo que pensaba (la foto era de los jugadores del Fenerbahçe celebrando el cumpleaños de Luis Aragonés y la sacó de la web del club). Eso me llevó a trazar una teoría que apunta a que Otrav está moviendo las cuerdas del subsuelo terrestre con el objetivo de dominar el mundo a base de publicar fotos comprometedoras de personalidades públicas. Pero vamos, que la teoría esa sólo tiene sentido cuando llevas en la sangre el mismo porcentaje de alcohol que Kluivert un jueves a las 2 de la mañana.

    Captcha: maitreya wife

  10. DoKiÈh Escribiu:

    Por cierto, ya que este post va un poco de todo y me permite no pegar un off-topic que te cagas en cualquier otra nota, pues aprovecho pa’ decirte que no te puedes guardar la foto de Sergio Ramos y la camiseta del Valencia. ¡Tienes que enseñarla!

    Captcha: squalid were

  11. otraveseiro Escribiu:

    Vaya memoria DokiÈh! Prometí a Raúl en la cámara hipóxica y ahí estuvo, a Helguera boltxevike, y lo mismo. Solo me queda Ramos con la prenda del Valencia. Un día de estos cae.

    Graciñas a todos!

  12. Pableras Escribiu:

    DokiÈh, llevo bebiendo alcohol de las heridas desde que leí tu comentario a las 22:00, y empiezo a verle sentido a tu teoría. Voy a seguir dándole a la botella a ver si veo claramente por dónde vas…mañana te cuento!

  13. W. Sobchak Escribiu:

    parabéns!
    que viva o futbol total do traveseiro

  14. Nalyd85 Escribiu:

    ¡¡Felicidades por los dos años y gracias por la mención!! Ojalá sigas por aqui mucho tiempo…

    xDD Muy bueno lo de “Anónimo” y lo de Kimi xDDDD

  15. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Felicidades Trave! Que sepas que O Traveseiro está entre las primeras 5 páginas que visito todos los días..

  16. Princi Escribiu:

    Noraboa Traveseiro, debes ter o ego mais grande ca barriga de Benitez.

  17. Tomi Escribiu:

    Pues nada tronko. Que sepa usted que yo una vez por semana siempre entro a visitarte el patio, y, por supuesto, me parto todo el nardo con tus fotografías.

    El puto curro me impide pasar más a menudo por aquí, y como pacho de tener internese en queli (ya sabes, el rollo ese de vida y social y esas cosas) pues eso, tío. Que sigas al pie del cañón, que yo seguiré pasándolas putas con el dichoso Atleti.

    Un abrazote, y enhorabuena, compañero 🙂

  18. Estoja Escribiu:

    Alles gute zum Geburtstag!!!!!!!!!