Os trastornados (e sobretodo trastornadas) fans de Kaká

30 de xuño do 2009 perpetrado por otraveseiro

Hoxe é inevitábel falar de Kaká. Bueno... del exactamente non, senón dos seus fanáticos seareiros e seareiras. Moitos deles, como non podía ser doutro xeito, elixiron O Traveseiro para acadar información sobre o crack brasileiro. Compróbeno vostedes mesmos desta captura do meu xestor de estatísticas:

captura-30-06

Vale que oficialmente non andan a pesquisar cousas do futbolista, porque nunha non pon KAKÁ, senón XAXA. Deduzo que o tipo é disléxico ou ben pensaba que non era Kaká o que fichaba polo Madrid, senón outra brasileira, XUXA. Na última, querían coñecer dun medio riguroso como este o número ou scan do DNI KAKA, aínda que cecais tampouco tiña que ver co xogador, senón o que moitos pensamos: DNI MERDA. Polo medio, Epi, Blas e as drogas, sempre presentes.

Dito isto, o que descubrín hoxe pola mañá lendo a prensa. Unha fanática de Kaká fai un chamamento para que outras unineuronais como ela se personen na presentación do futbolista para chorar, berrar, rabuñarse a faciana e mollarse de pracer. Esta é a citación para o macroevento, en versión orixinal. Os meus comentarios ao respecto, entre guións:

"Chicas del mundo!!, madridistas convencidas!! os convoco a una macro kedada en la zona del aparcamiento del Santiago Bernabeu el próximo martes 30 a las 18.30 horas para crear la pancarta con la que recibiremos a Kaká en Madrid".
- Aparcadoiro + Bernabeu = carros grandes e pesados. Cun pouco de sorte atropelan a algunha... ou a todas -

"La entrada al estadio es GRATIS y me temo que no tendremos muchas más oportunidades de ver "de free" y de cerca al guapísimo Kaká".
- Estou desexando ver a Brayam Angulo "de free" en Riazor -

"Como aún no sabemos cuál será el número con el que juegue porque lo tienen en secreto y se descubrirá allí, os propongo que entre todas pongamos en los comentarios de la kdd, ideas de cómo enfocar la pancarta".
- A pancarta se debería enfocar con chisqueiros, e canto máis perto da tea mellor, para que arda -

"Yo llevaré el material necesario. Sólo tenéis que venir con muchas ganas de pasarlo bien".
- Paquetes de kleenex, é todo o que necesitan -

"Por cierto, ya he recibido algún mensaje para animarnos a montar el club de fans oficial de Kaká en España. Lo hablamos allí. Besitos a todas".
- Agardo ansioso ese clube de fans. Outro biquiño para ti, ghuapa! -

Ao peche desta edición non se sabía como rematara a contenda, igual coma a folga do metal, dado o perigoso que resultan centos destas mociñas atacadas perdidas. Mañá se hai ligazóns ou fotos da agardada pancarta ou das paviñas, o actualizo.

ACTUALIZACIÓN:

bemvindo-cagalhom

O prometido é débeda, unha foto das fans de Kaká. O ideal sería que puxera "Bemvindo cagalhom", mais ao final a fixeron en perfecto castelán e sen faltas, o cal é un logro vendo o perfil das nenas. Para ve-lo resto das fotografías, coa confección da faixa paso a paso, premede aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Actualidade, Autobombo | 6 Grandísimas aportacións »

6 Comentarios

  1. LEMOS 1923 Escribiu:

    Buff, vexo que temos o “cal é o sonido que emite a rata” reloaded.
    Sobre o de Kaká, os feitos que ti expós deixan clara unha cousa: Deus críaas e elas se xuntan.

    País.

  2. Michijhense Escribiu:

    agardo impaciente por esa actualización!
    por certo, si kaká é tan guapo eu son Mr. Mundo, e o Brayam Angulo este recórdame a algun de Penamoa pero con dentes…

  3. DoKiÈh Escribiu:

    “Polo medio, Epi, Blas e as drogas, sempre presentes”.

    JAJAJAJAJJAJAJA. Me mataste con eso.

    Por cierto, “el sonido que emite la rata”, “Xuxa”, “dni de kaka”, “Epi y Blas”, “drogas”…Yo le veo sentido.

  4. O Traveseiro Escribiu:

    @Dokièh & Lemos 1923: Estamos todos como putas cabras.

    @Michijhense: Lendo La Opinión esta mañá lembreime de ti. Na edición impresa falan varios rapaces e rapazas das súas experiencias… e un estivera nun pequeno pobo de Michigan!

    http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009070100_2_300192__A-Coruna–Metro-high-school

  5. Animaliño Escribiu:

    jajajajaja

    Enorme o das buscas. O outro é triste, pero eu non digo nada que fun á presentación de Guardado XDDD

    PD: xa postos, que se vira o escrito na pancarta…

  6. Antonio Escribiu:

    Joder, qué asco de tías.

    Al que ha dicho lo de que Kaka no es tan guapo: estoy contigo. A mí me han dicho varias veces que me parezco a él y tampoco soy tan guapo, por mucho que mi madre diga lo contrario.

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo