Animadoras Braga
29 de Xullo do 2009 perpetrado por
o traveseiro
O pasado 21 de Xullo os nosos veciños do SC Braga apresentáronse ante os seus adeptos nun partido fronte aos holandeses do Twente, incluindo as clásicas paroladas dos dirixentes, técnicos…, un espectáculo a base de fogos pirotécnicos e unhas coreografías a cargo das cheerleaders (estúpida importación americana ao deporte rei) do clube dos Guerreiros do Minho.

Chámame poderosamente a atención que o equipo portugués conte entre as súas ringleiras de animadoras con celebridades coma (1) a cantante Jeanette, «Soy Rebelde», «¿Por qué te vas?» e a vivir de rendas; (2) Terelu Campos, ex do intelectual Pipi Estrada e fillísima da Campos; (3) Martina Navratilova, ex tenista masculino; (4) Cameron Díaz, actriz que aquí nos amosa a braga, valga a redundancia e (5) Hanna Montana, niñata que está até na sopa. Esta palla mental Este magnífico achado non é total, porque me queda por saber quen delas é a capitana do equipo de animadoras, quen sae co capitán do equipo de fútbol e quen será nomeada raíña do baile de graduación.
Por certo, non sodes mal pensados, estades no certo. O título desta entrada e da foto están claramente pensados para, xa de paso, atraer visitas de depravados.
Arquivado en Elas tamén xogan, Idas de olla |
5 Grandísimas aportacións »













