Unha vez puxéronme a caldo nun bar porque dixen que a cantante Merche fisicamente non era para tanto. Non dixen que fose un callo, só que a súa beleza estaba sobrevalorada, que tiña un bo corpo e tal pero que nada do outro mundo. A xente de Puto Fútbol (Dichoso Fútbol, que diría a miña nai) van máis lonxe aínda e atrévense a dicer en público o que moitos pensabamos hai tempo: a xornalista Sara Carbonero, que seica volve tolos a tódolos españois, non é ningún belezón.
Así explícano eles: «Parece haberse instaurado en el subconsciente colectivo el estatuto de tía ultrajamona…» O cravan, porque eche así. Recórdame cando escoitaba os deportes de Radio Coruña, da Cadena Ser, e había unha xornalista chamada Jessica Figueroa. A súa doce voz facía que todo quisqui estivera namorado dela, e até nos foros de Radio Coruña referíanse a ela como «nuestra Jessy». O caso é que a rapaza fichou polos deportes da TVG, e puidemos poñerlle cara e nalgunhas imaxes, non nesta, tamén corpo enteiro.

Moitos a recoñeceron como azafata do infecto concurso Supermartes en épocas anteriores. Como vedes, tampouco é para botar foguetes, pero aos de «nuestra Jessy» xa lles valía para facerse unha palla perante o televisor. De tódolos xeitos, a rapaza serviu para darlle un toque de glamour e simpatía á información deportiva da Galega, pois até entón, tanto no Telexornal coma no En Xogo (unha especie de «Minuto y Resultado» de LaSexta) tiñamos que atura-los caretos de mala hostia, o escaso coñecemento futbolístico e a fealdade das Araceli Gonda, Irene Lourido e cía. E o peor de todo é que os maromos cos que compartillaban programa eran peor ca elas, pero en versión masculina. Benito Cores, Oscar Suárez, Serxio Delpont ou Terio Carrera, que segue en activo dando a brasa coa Champions. O espectáculo era dantesco.
Como salvedade, Mónica Martínez, que logo fichou por Antena 3 e na actualidade tamén escrebe artigos no Xornal de Galicia. A rapaza non resultaba incómoda de ver e parecía simpática. O problema? pois que a vías pola rúa e parecía unha rapaciña de doce anos.
Do que se cocía nos programas deportivos do resto das canles da FORTA non sabemos. Se utilizaban rapazas cachondas sen idea de deporte para atraer ao persoal, se non estaban boas pero entendían de fútbol, ou se facían como a TVG: sosas e insuficiente en materia futboleira. E en TVE pois tres cuartos do mesmo, dende que saía Mari Carmen Izquierdo no Estudio Estadio a finais dos setenta… o resto dos presentadores sempre foron tíos, dende os mitiquísimos Matías Prats Jr. e José Manuel Gozalo até Pedro Ruiz.
Non podemos rematar este repaso sen mencionar de novo a LaSexta. A canle de Milikito vaise de pioneira en fichar mulleres de bo ver doutras canles para presenta-los informativos e reporteiras nos partidos para atraer á audiencia, e ao mellor si que o son… pero no Imperio Pequeno. Porque en Italia (nótase a man de Berlusconi) levan facéndoo dende hai a tira de anos. En especial o programa Diretta Stadio… ed è subito goal! da canle Italia 7 Gold, e outras que seguiron con esa bonita moda.
Estes non se conforman con caras bonitas, tamén poñen corpos ben feitiños, até achegando co zoom ás pernas das presentadoras, un auténtico escándalo erótico-futboleiro. Iso si, os maromos que saen tamén sonche croios coma Patxi Alonso e Gica Craioveanu, mais… a quen lle importa se na pantalla saen as Natalie Goitom, Viviana Guglielmi, Laura Prostamo, Gabriela Grechi ou Luana Scalvensi? Despois deste roiazo, o que vos interesa realmente, o documento gráfico que demostra que hai vida máis alá de Sara Carbonero.

Ocultando a súa erección trala mesa

Mirando cara outro lado para non porse enfermo

O Bari impórtalle pouco, el está a outras cousas

«Luana, a clasificación non é o único que arde aquí»
Dame na espiña que o número de visitas ao blogue van subir considerablemente estes días. Mantereivos informados.
ACTUALIZACIÓN
Escreber ás presas é o que ten, que che deixas cousas no tinteiro. Menos mal que temos a Otomano, que regresa a O Traveseiro, para lembrarme que me esquecera de nomear a un dos programas máis merdas e casposos da historia da televisión: Goles son amores. Foi un bodrio conducido por Manolo Escobar acompañado polas Cacao Maravilhao, unhas tías que saían practicamente espidas que cantaban un coñecido tema cuxa versión usouse para alentar a un dos bluffs brasileiros que aterreraron en Riazor nos noventa: «Luizao, maravilhao, queda pichichi da primeira divisao…»
A Manolo Escobar tamén o acompañaban na presentación a pesadísima Loreto Valverde, grandes xamóns, grandes peras pero insoportábel cando ría e falaba… e por Inma Brunton, excompañeira de Penélope Cruz e Natalia Estrada en «La Quinta Marcha» e actualmente desaparecida en Dombate. Como anécdota que recordar, que cada luns asistían de público, coma convidados, peñas de comepipas de diversos clubes. O día que foron os do Depor alguén tivo a brillante idea de levar como peña representativa aos Riazor Blues. Recordo á xente en plan desfasao coas Cacao Maravillao e con bandeiras de Los Suaves e da estreleira.