Dende hai un par de meses, máis ou menos, estábase a emitir na TVG un anuncio elaborado polo Defensor do Menor da Comunidade de Madrid (si, ese mesmo, o da Belén Esteban), que pretende sensibilizar aos adolescentes na responsabilidade que supón "colgar" as súas imaxes ou gravacións na rede.
A campaña titúlase "Antes de colgar a túa imaxe na web, pénsao", unha advertencia que chega demasiado tarde para moitos mozos e mozas que penduraron na rede as súas imaxes máis persoais sen caer da burra de que algún día poderían ser puteados en O Traveseiro. De seguido, unha pequena galería de monstros, por suposto en clave futboleira. Aviso, hai hostias para case todos.
-Hooliganismo norteño

"Tú si que vales"
O noso amigo, coñecido no seu círculo de amizades coma Golum, viste unha camisola do Rácing de Santander e coma complemento, pendurado do pescozo, "mi tesoooroooo". Na parede penduran unha camisola e bufanda do Real Oviedo e, o cal deixa ás claras que se trata dun auténtico chicarrón do norte (Joder! e que só lle faltan sendos bandeiríns do Sporting de Xixón e da Gimnástica de Torrelavega). Corte de pelo por fases e pose de duro. A salientar, o aceno coa man tipicamente hooligan, o das tijeritas. Estamos todos cagados de medo.
-Amor branquivioleta

"Es que Pucela ya no me la pela, oiga"
Unha parella de pucelanos seguramente pertencentes a peña Ultra Violetas do Valladolid en actitude erótico festiva. Chaqueta Harrington granate e gafas de bakala el; e pantalóns amarelos, pelo de lambido de vaca e gafas para que non lle dean os raios ultravioletas ela... son os seus sinais de identidade. A bandeira española co touro, imprescindíbel. Á dereita da imaxe, o banco onde fan as guarreridas españolas, no parque onde residen.
-Nazismo, acné e Real Betis Balompié!

Véselle de lonxe que é dunha raza superior
A este é para empezar a darlle de hostias o luns e rematar o domingo. Este pastilleiro descerebrado viste suadoiro con capucha e cremalleira aberta até a metade para que se lle vexa ben o peito lobo e o crucifixo de ouro (do que cagou o mouro). Corte de pelo de cinceiro e actitude positiva. Da parede pendura unha bufanda dos ultras do Betis e unha bandeira da mariña de guerra nazi. Abaixo, un par de latas do seu refrixerio favorito, o que lle fai mante-la mente lúcida, Redbull.
-O futbolista profeshioná

Apreséntovos a Fernando Marqués, xogador madrileño do Espanyol e que anteriormente xogou no Rayo Vallecano, Atlético, Racing, Castellón e Iraklis (Grecia). Disque o rapaz nunca triunfou plenamente pola súa conducta extradeportiva. Velaí o temos na súa imaxe actual rodeado doutras da súa etapa como kiote no barrio de Vallekas. Peiteado e careto de xilipollas, vaso de tubo de plástico e alfaias no pescozo e orellas. Que máis se pode pedir?
-Tetiñas lliures!!

Bonita parede decorada de cor pistácio e violeta, tonos moi xuvenís, da que penduran dous posters de sendas aliñacións culés e unha bandeira blaugrana (de seguro mercada nos chinos) cun escudo que a día de hoxe non é o oficial, cunha cruz amarela de fondo que non se sabe moi ben de onde saíu. En canto á rapaza... pouco se pode dicer porque sae coa cara tapada, non así o resto do corpo. Peitos pequenos pero ben feitiños.
-Máis Betis por favor!!

Podo dicer sen temor a trabucarme que o Betis é o clube con máis frikis do estado. Aquí amósase unha vez máis. O individuo en cuestión semella estar agardando a que lle abran a porta de casa, e namentres chega ese momento, ponse a face-lo subnormal, cunha pose do tipo "tápenme el bujero" e saboreando coa punta da lingua unha Coca-Cola Light. Ao final vai ser certo iso que din que o ingrediente segredo desa bebida é un extracto de lefa reseca de John Wayne, vendo os efectos que produce. Atención, o pantalón que viste podería ser dunha indumentaria do Atlético de Madrid, o que fai deste momento máis bizarro se cabe. Pero isto non é todo amigos... aínda hai máis!

O noso amigo segue ao seu, agardando que lle abran a porta, e parece que se está empezando a mosquear polo careto de enfurruñado que pon e que está espachurrando a lata. Que lle abran xa, hostia!, que ten que conectarse á súa rede social de confianza para colga-las fotos.
-O chulo que castiga

"Anda y que te ondulen con la permanén"
Como é natural, nesta escolma non podía falta-la representación do Real Madrid, que pensaría de nós Florentino Pérez? Non se pode dicer que sexa a mellor, pero si que polo menos está á altura do seu equipo. A paisaxe non ten moita chicha, cun cuarto practicamente baleiro, como a súa cabeza. O notas pretende neste arrepiante primeiro plano irse de duro e provocar pánico, e precisamente o que provoca é todo o contrario, risas. Coas súas gafas de sol ao Stallone en "Cobra" (só lle falta o palillo nos dentes), a gorriña do Madrid coa viseira canto máis dobrada mellor, chaqueta vaqueira gris lavada á pedra e, nunha man a cámara de fotos e a outra usada para saber por onde sopra o vento, ou sexa, por onde lle van caer as hostias.
-Mister Blanquillo 2009

Este é o meu candidato para gaña-lo prestixioso concurso Mister Los Blanquillos, organizado pola web de afeccionados zaragocistas do mesmo nome. Xa non polo seu zaragocismo demostrado sobradamente coa bufanda conmemorativa de detrás, senón polo blanquillo que está o pobre. Non sabemos se é porque non toma o suficiente sol ou porque está conxelado de frío, como lle diría a súa nai: "adonde vas con esa camiseta de manga sisa con el frío que hacéééééé!!!". As marcas da casa: postura homenaxe a Doña María de las Mercedes, tatuaxe no ombreiro e barba de deseño.
-Divad Alliv

Espelliño espelliño máxico... quen é a máis parva do instituto? Sen dúbida esta xoven afeccionada do Valencia CF e fan do dianteiro David Villa. Aínda non é quen de entender por que razón as ambulancias e os camións de bombeiros levan as letras do revés.
Bueno, creo que por hoxe é máis que suficiente. Se o post ten aceptación e non me enchironan antes, haberá segundas e terceiras partes, porque material hai dabondo.