Eusebio, o amigo dos deportivistas
5 de novembro do 2009 perpetrado por
otraveseiro
De cando en vez paro a toma-lo café nunha cafetería cuxo dono é un grande futboleiro. Sempre está a falar de fútbol e nalgunhas novas dos xornais aparecen anotacións feitas por el ou mesmo subliñadas cando quere destacar algo das mesmas. Ás veces, tamén deixa frases sobre as fotos.
A imaxe non é de moi boa calidade (tireina co móbil), pero penso que se distingue ben: GRACIAS AMIGO. Pero... grazas por que? A resposta está no propio titular da noticia, que tamén se aprecia, e no corpo, onde nos detallan que o Celta con Eusebio de técnico gañou tan só 3 partidos de 26, que é o adestrador con peor balance da historia céltica en Segunda División, que o seu arranque ligueiro é o peor dende 1929, e que se segue con esta racha van para Segunda B de cabeza.
Supoño que para chegar ese momento Eusebio xa será cesado moito antes polo verdadeiro culpábel, o señor Carlos Mouriño, ao que o noso amigo Suso lle dará mil grazas sobre unha foto do ínclito no xornal namentres canta ese temiña que se escoitou nas derradeiras xornadas da tempada pasada en Riazor: "Eu quero ver, eu quero ver, eu quero ver, eu quero ver... ao puto Celta en Segunda B". Como tódolos amigos de Eusebio sexan coma el vai ter un millón, coma Roberto Carlos (o cantante, eh! non o outro).
Arquivado en Baseado en feitos reais |
12 Grandísimas aportacións »




novembro 5th, 2009 ás 1:38 pm
Estamos mal sí pero yo no escupiría mucho para arriba que os puede caer encima.
Hala Celta
PD. Aunque no coincidamos en historias varias un día te tienes que pasar por mi bar.
novembro 5th, 2009 ás 2:45 pm
Ho, ho, ho
novembro 5th, 2009 ás 5:22 pm
Dónde ta ese bar que lle vou ir tomar o café?
Son noticias con sorriso
novembro 5th, 2009 ás 5:31 pm
Es lo que pasa cuando fichas a entrenadores que nunca han entrenado (Stoichkov, Eusebio), a jugadores que nunca han jugado profesionalmente (Saulo, Joel, Túnez, Danilo, Michu) o a presidentes que nunca han presidido ni su comunidad de vecinos (Mouriño).
novembro 5th, 2009 ás 6:05 pm
3 de 26. Jo, nin Serge Zwikker (ex-xogador do Breogan) facía esas estadísticas desde o tiro libre, jajaja
novembro 5th, 2009 ás 8:36 pm
Eu quero que o Celta estea canda nós, en primeira, como bo galego, e logo derrotalos e humillalos, como bo deportivista, rivalidade sempre con humor. Mais non sei que opinar deste proceso de autocombustión, a este paso van xogar co Montañeiros en 2ªB no Campo da Grela. Non ten chiste! É como saltar ó ring e o teu rival se aostia a si mesmo mentres ti miras.
novembro 5th, 2009 ás 11:07 pm
Viendo el papelón de Stoichkov y Eusebio en el Celta, y la que lió el tandem Koeman-Bakero en el Valencia, el “Dream Team” lleva camino de cargarse a media primera división. Menos mal que Julito Salinas se dedicó a la danza…
novembro 6th, 2009 ás 1:09 am
@Antihéroe: No se escupe hacia arriba. Yo creo que la gente es consciente que la situación del Depor y del Celta se puede revertir tranquilamente, pero mientras tanto es normal que haya puteos. Rivalidad, se llama. Por otro lado… ¿visitar tu bar? A ver si me vais a tender una trampa…
@Michijhense: Pola zona dos Catro Camiños, e até hai podo ler.
@Iván: Entonces tengo razón, el problema, como en el 90% de los equipos que están jodido, empieza por arriba.
@Lemos 1923: Eu dos estranxeiros do Breogán quedeime atrasao. Quítasme dos Claude Riley, Mike Giomi ou Ken Orange e me perdo.
@Mr.Tichborne: A min paréceme que tres ou catro anos sen derbis é bo para a saúde dos afeccionados (de ámbolos bandos). Mais agardo que volva a habelos máis cedo que tarde, aínda que sexa un Fabril-Celta en Abegondo
@Mark: Bakero es un puto cenizo, ya no solo como entrenador, sino de director deportivo. Yo no lo querría en mi equipo ni gratis.
novembro 6th, 2009 ás 10:18 am
Xa me da risa ler na prensa o de que “o Celta xoga coma nunca, e perde coma sempre”, é unha frase moi manida no fútbo,, pero os celestes a cumplen 100%.
Eusebio, un amigo sen dúbida, un pedaziño de pan!!
!!
novembro 6th, 2009 ás 12:41 pm
Xa que falamos de Mouriño, na miña modesta opinión vexo mais culpable a Horacio.
¡¡¡Grazas Eusebio!!
PD.- Me remito os comentarios do Traveseiro sobre os de Antiheroe.
novembro 6th, 2009 ás 3:52 pm
Pero, ¿qué situación se va a revertir Otraveseiro? Si el Celta es más malo que pegarle a un padre. Está en descenso ahora, ¿no? Que sueñen con no bajar y que el Depor sueñe con la Champions. Como debe ser.
novembro 8th, 2009 ás 8:10 pm
eu aos equipos galegos quéroos todos en primeira división, tamén ao meu , o Pontevedra C.F., pero con estar en segunda confórmome.
Parabéns pola victoria en Xetafe traveseiro, cada dia máis perto o soño europeo, xa me cundia a min ir a un partido de UEFA ou Champións guapo en Riazor, quén sabe.
un saúdo granate