Experencia persoal nun coñazo de partido
11 de novembro do 2009 perpetrado por
otraveseiro
Uns breves apuntes de vivencias persoais acontecidas no partido de Copa disputado en Riazor entre o Depor e o Murcia.

Mandia, uns dos protagonistas do partido
Un colega coméntame durante o tedioso encontro que onte descubriu, despois de 35 anos de vida, que o adestrador de fútbol Juan Carlos Mandiá e máis el son familia. Disque, durante unha comida, a súa nai dixo que "seica cesaron no Santander ao fillo da miña curmá?". "Que, queeeee!?". A sorpresa do meu amigo foi maiúscula. Polo visto, sabía que era natural de Alfoz, perto da súa aldea, e que o irmán tamén xogaba ao fútbol, pero non tiña nin zorra idea de que tiñan lazos familiares. Eu para quitarlle ferro ao asunto, dixenlle que quizais non se trataba do mesmo que xogara no Celta (motivo do seu mosqueo) porque daquela era MandÍa e o de agora é MandiÁ.
Nun momento do choque, un futbolista murcianista plántase só diante do porteiro Manu e falla no man a man, tirando o balón ao poste. Cando se dá a volta comprobo que se trata dun tal NATALIO. Pero como se pode chamar un futbolista Natalio? Se aínda fora un árbitro... "Peor sería si se chamase Núrio", dixo un do lado.
E durante o descanso, observamos atónitos coma unha rapaza está a jalar unha hamburguesa completa namentres se fuma un peta. Como volo digo, nunha man unha hamburguesa e na outra o peta. Pegaba unha chantada á hamburguesa, e, acto seguido, botáballe unha calada ao porro, para non perde-lo tempo. Non sería mellor comerse o bocata e despois, con tranquilidade, fumarse a truja, neste caso, o peta? Que va! a tipa mascaba e tragaba fume, todo mesturado, e a gran velocidade. Inaudito! volo di un que viu centos de miles de cousas raras nas bancadas dun campo de fútbol, algunhas incluso coprotagonizadas polo menda.
Arquivado en Baseado en feitos reais |
6 Grandísimas aportacións »




novembro 11th, 2009 ás 8:54 am
Home, eu comprendo á chavala, facendo as dúas cosas á vez non se perdería nin un segundo da apasionante segunda metade do partido.
novembro 11th, 2009 ás 3:44 pm
Pois eu lembroo de sempre como Mandiá ( claro que estou lonxe de ser un erudito do balompé)
E penso que o vin xogar co Madrid en Balaídos, unha vez que Beenhakker decidiu que contra o Celta xogaba co Castilla para reservar a quinta do Buitre para algún partido da Copa de Europa.
Ao meu pai non lle fixera moita gracia daquela, que non existía A9 e ir ata Vigo erache toda unha aventura
novembro 11th, 2009 ás 11:46 pm
O peta antes, e logo cando entra a fame, aí tes a hamburguesa. É que esta xuventude xa non respeta nada??
novembro 12th, 2009 ás 5:16 pm
eu son de moi preto de Alfoz e por proximidade sempre falou nos poucos ambientes e conversas futboleiras que tiven de Mandiá , o episodio do porro e amburguesa recórdame ó batería dise gran grupo galego chamado Alkarpa , tocaba a bateríá , fumaba e bebía gin-tonic á vez…sería espectacular nunha sesión ver a ambos!!
novembro 13th, 2009 ás 12:12 am
Zimmer, quédame a dúbida de cal era o gremio do batería, se albanel, karpinteiro ou panadeiro. Polos dados que dás, eu apostaría polo primeiro.
novembro 14th, 2009 ás 2:40 am
Falando… eh… hablando de “cousas raras” en un partido de fútbol, recuerdo que en un Fabril-Córdoba (ese del quasi ascenso a Segunda A), en el descanso un mamón borracho se puso a mear desde tribuna superior y el dorado líquido nos fue a caer a los cuatro o cinco pringados que estábamos en la Inferior. Me quedé a un palmo de probar el sabor a meos, pero dos compañeros míos no tuvieron tanta suerte y el pis le alcanzó el pelo.
Anécdotas en el campo de fútbol hay mil, casi tantas como en un partido Celta-Albacete.