Redacción de deportes de LVdG: “Que corra o viño!!”
19 de novembro do 2009 perpetrado por
otraveseiro

Na edición impresa de La Voz de Galicia do martes 20 de Outubro, na sección de deportes, dedican unha páxina ao 90 cumpreanos do Rácing de Ferrol. Así, descubrimos que se formou mediante a fusión de varios equipos de estraños nomes: Jaime I, Giralda, Arsenal e Círculo Rojo Football Club; que o acta de nacemento asinouse en Vigo (?), que o clube asume a data de 1919 como o da súa fundación e que celebrarán o centenario no ano 1929 (!), ou sexa, hai 80 anos que empezaron as celebracións. Iso si que é face-las cousas ben, con tempo, sen presas.

E na edición dixital de hoxe, vexo que onte disputouse unha eliminatoria da COFA PEDERACIÓN (non confundir coa Copa Federación) e que o Compostela quedou apeado co Cerceda a pesares de gañar fóra da casa por dous (2) tantos a vinte (20). Polo visto no partido de ida perdera na casa, por iso non puido pasar polo valor dobre dos goles. Na ida deberon palmar por catro (4) goles a vintedous (22).
Semella que chegou o frío ás redaccións dos xornais, e claro, coa crise non se pode poñe-la calefacción e hai que botar man da petaca de güisqui que hai en todo caixón de oficina.
Arquivado en Xornalistos |
2 Grandísimas aportacións »




novembro 19th, 2009 ás 7:26 pm
weno, polo menos os merdentos eses poñen o kompos, a nos nen sekera nos mencionan… en fin…
aind asi komo se nota ke ai preguiza no mundo… vaia por dios, ke lastima
novembro 19th, 2009 ás 11:10 pm
Nada bo se pode gardar dos homes de Santi