Que volva o doutor Cabeza!!
22 de novembro do 2009 perpetrado por
otraveseiro
Seguramente o nome a moitos sóevos a chinés, mais se vos digo que participaba coma contertulio naqueles infectos programas de Telecinco dos noventa e primeiros dous mil, pasándose tres povos... igual xa caedes da burra. Alfonso Cabeza era unha especie José Ramón Julio Martínez Márquez (Mamoncín), falaba e sabía de todo, daba igual de que fora o tema. Lembro especialmente un debate sobre sexo no que o Doutor Cabeza, de profesión médico forense, defendía que no sexo non vale todo, que cada parte do corpo ten a súa función e que "el culo se usa para cagar..., el culo solo para cagar!!".

Teño que facerme con este libro
Pero a súa fama de polémico xa viña de moitos anos antes, pois presidiu o Atlético de Madrid dende o ano 1980 até 1982. Fora elexido nunhas polémicas eleccións nas que concurriu en pugna con outros precandidatos de diversa índole. Había de todo: un médico forense (el), un xoieiro, un fisioterapeuta, un industrial bingueiro, un panadeiro, un carpinteiro, un delegado comercial, un funcionario do Ministerio de Comercio... e até un bombeiro! (que ben lle viría un destes ao actual Atlético). Na precampaña foi acusado de ser socio do Real Madrid e que cando ía ao estadio Calderón poñíase tralo banquiño local para insultar ao adestrador e xogadores suplentes. Pois a pesares de todo, fíxose coa presidencia.
Esa etapa coma presidente foi curta pero moi proveitosa. Insultos a outros dirixentes, estamentos federativos, árbitros... campo abonado para a chegada dos grandes azotes dos oitenta e noventa, os Gil, Caneda, Lopera... Por exemplo, chegou a cualificar aos árbitros coma psicópatas. Segundo o doutor Cabeza, non era para tanto: "Nuestra sociedad está llena de ellos (psicópatas). Para mí no es un término insultante". Aos árbitros meteunos no grupo dos represivos e lunáticos, e logo hai outros, coma os "flemáticos, abúlicos o absténicos de carácter, que pueden ser insuficientes o somatómatas. Estos últimos padecen de insomnio, dolores de cabeza, mean más de la cuenta, es decir aquí podemos encontrar a diversas variedades de los directivos del fútbol. Y, por último, nos quedan los piscópatas sexuales..." E ao doutor, en que grupo o metemos?: "Yo me considero bastante normal. Pero quizás mi grupo de psicópata sea el de los hipertímicos, es decir los activos y sanguifleos" (?).
Estes rancios antecedentes futbolísticos veñen a conto dunha pequena entrevista recente que achei hai pouco de casualidade nun xornal canario. O tipo recoñece que está liberado de fútbol, mais segue coma sempre, queimándose a unlla. Resume brevemente aos tres grandes do fútbol español: "El Madrid es como un ministerio de Asuntos Exteriores, el Barcelona es un hospital psiquiátrico en el que nadie sabe quién es el enfermo, el médico o la enfermera, y el Atlético es una casa de putas".

Porta Cero do Estadio Vicente Calderón
Sabe do que fala. O Madrid case parece máis de todo que un clube de fútbol. Do psiquiátrico barcelonista... pois xa quedou claro aí enriba que controla de tipos de psicopatías. E se di que o Atlético é un puticlub é porque coñece ao Atlético e aos puticlubs. Así, conservo un fanzine onde un coñecido seareiro deportivista publica un artigo coas súas experiencias pola cidade de París cando o P.S.G e o Depor se enfrontaron na Recopa de Europa de 1996.
Cóntanos que tivo coma anfitrión a un emigrante deportivista: "Paco, o meu colega ourensán, coñece a hostia de puticlubes, pero todo hai que dicilo, tampouco son como aquí. Alí podes saír toda a noite de puticlube en puticlube, sen gastar máis guita que saíndo por pubs normais. O que pasa é que Paquiño non é de barras de tres talegos. O paxaro levoume a sitios de 'postín' onde incluso atopei fotos enmarcadas de famosos. Alí estaba sen ir máis lonxe o Doutor Cabeza!!!! Aquel que fora presidente do Penáltico de Madrid. En fin, unha loucura".
Arquivado en Mundo viejuno-celebrities |
6 Grandísimas aportacións »




novembro 23rd, 2009 ás 10:01 am
Fai pouco estivo procesado por un delito relacionado coa mediciña ¿non?
Lémbrome perfectamente da anécdota do “cú para cagar” tanto como do flequillo.
Pouca xente haberá con tanto morro como él.
novembro 23rd, 2009 ás 2:02 pm
Menudo personaje el gilipollas este, si bien es cierto que una Liga que teníamos completamente ganada nos la robaron los putos árbitros con el Sr. Álvarez Margüenda a la cabeza, en uno de los robos más descarados de la historia del fútbol mundial.
Por cierto, Traveseiro, te lanzo un reto: en aquel encuentro recuerdo que se tiraron las vallas al final, y creo que salió una señora al césped descalza con el ánimo de sacudir al Sr. Árbitro. No sé por qué, pero me suena que había alguna foto perdida por ahí. Husmea, Travesseiro, husmea, que ese documento gráfico te molaría un montón …
Un salute, y enhorabuena por la victoria del pasado sábado, colega. Solamente un pero: el Atleti debería denunciaros por alineación indebida. No se puede jugar 14 contra 8, joder …
novembro 23rd, 2009 ás 2:03 pm
El encuentro que digo es un Atleti-Zaragoza, que se me olvidaba … Nos entrenaba el fallecido García Traid.
novembro 23rd, 2009 ás 3:35 pm
¡¡coño!! …¡contra el Zaragoza!! …entonces seguro que no teníais razón ..:-P
novembro 23rd, 2009 ás 10:29 pm
Tomi, me estoy documentando: “histerismo, llantos, agresiones…”, pero la señora no aparece por ningún lado.
Por otra parte, el Atlético fue de lo peorcito que pasó por Riazor en mucho tiempo. Quitas a Agüero y Asenjo y adiós. El Pablo Ibáñez es más malo que pegarle a un padre, y el árbitro ni te cuento.
novembro 23rd, 2009 ás 11:21 pm
mailo karallo, non empecemos cos arbitros, ke levamos unha racha de karallo… (xetafe,xixon,patetico…) manda carallo… a todo esto, o atletico, ke ojala ke descenda, a ver se nos deixan a forlan baratiño, ke o temos todo, unha das mellores defensas de 1º, 1 medio kampo tremendo…e arriba… vale, mista e riki pelean, e lassad e m8 bo kon m8 kalidade… pero necesitamos outro tristan…