Picoleteam
27 de novembro do 2009 perpetrado por
otraveseiro

A calidade da imaxe non é a mellor, mais para o que se pretende chega. O escudo da Asociación de Federacións de Fútbol de Azerbaian é cravadiño a un garda civil con cara de balón.
E falando de tricornios, aí temos tamén unha das bancadas que se fixeron no estadio alacantino do José Rico Pérez para o Mundial'82 coñecida popularmente como Grada Tejero, a cal semella non ter moita aceptación entre os seareiros visitantes: "A grada Tejero, iso é o pior que fixeron nesa merda de campo. Para ver saca-los corners hai que erguerse e saca-lo pescozo coma as xirafas e encima podes caer ao centro do campo e armar un estropicio".
EDITADO:
Poño unha imaxe máis decente que achei na propia web da federación e que hai un par de días non tiñan. Capitán (Tan) Argento, aí podes escreber e que che digan que carallo de patrón usaron para saca-lo logo.
Arquivado en Enxendros |
4 Grandísimas aportacións »




novembro 27th, 2009 ás 3:12 pm
Ponlle un mostacho, dobla a imaxe e pon o Lute esposado por detrás e xa o tes. Tremendo.
novembro 27th, 2009 ás 4:28 pm
Foi ler o post e entrarme unhas ganas de afostiar alguén!!!
novembro 28th, 2009 ás 8:48 am
El logo está sacado de un juguego de la Super Nes o de la Sega?
novembro 30th, 2009 ás 9:30 am
O que mais me chama a atención é que nun país con tan pouca historia futbolística exista unha asociación de federacións (e cós cores da belga)