Esta finde tiña un plan

30 de novembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Esta fin de semana a tiña marcada no calendario polas grandes actividades programadas. Había alternativas se fallaban os plans...

futbol no bar

Plan A: Viaxar a Santander a ve-lo Racing-Depor. Descartado. Que o puxeran para o domingo pola tarde e que eu entre a traballar o luns ás sete botoume para atrás. Non ao fútbol moderno!! Non ao traballo os luns e moito menos na quenda das 7:00!!

Plan B: Ir a Compostela a ver un concerto de Soziedad Alkoholika. Descartado. O imparábel aburguesamento das clases metaleiras no meu grupo de amigos, e en especial o que pon o transporte (para ir ver a Pereza non estabas canso, cabrón!) fixo que non puidese asistir.

Plan C: Achegarme a AcheGarte (valga a redundancia) a empaparme de cultura galega e xa de paso aclarar unhas dúbidas sobre o blogue e... para que mentir!, gorronear unha camisola de Blogaliza. Descartado. O magnífico tempo que houbo estes dous días (viva a Galiza sen cambio climático!!) fixo que prestara bastante quedarse na casa piltrado no sofá, sen papar frío nin mollarse.

Plan D: Ir até o bar a ve-lo Racing-Depor. Confirmado. E porque só había que cruzar dúas rúas e non coller un bus coma ir ao AcheGarte. Un coñazo de partido, mais serviu para pasa-lo rato e, ademais, ver gañar ao equipo.

Plan E: NON ve-lo Barça-Madrid. Descartado. A idea era pirarse tralo encontro do Deportivo, pero seica nese intre estaban a caer chuzos de punta e optamos por quedarnos un pouco a ve-lo clásico para facer tempo. Un intre que se converteu en dúas horas... papámolo enteiro. Resulta que cada vez que remata o Deportivo e despois botan o Barça ou o Madrid, é erguerse da cadeira e unha morea de senegaleses e marroquinos empezar a coller posicións, onte ademais acompañados por numerosos coruñeses colonizados (madridistas e barcelonistas). Foi de coña, porque case ninguén dos que xa estabamos deixou o seu sitio, todo deus quedouse a ve-lo clásico, o careto dos afectados era digno de fotografiar.

Salienta-la tranquilidade con que se ven este tipo de encontros sendo neutrais, namentres te partes as cachas vendo aos sufridores afeccionados, que parece que lles vai a vida nelo. A verdade é que a cousa estivo interesante, e fixo que moito máis divertida que ve-lo no cine (último invento), onde aparte de que che cravan como se foses ver unha peli, non podes pimplar alcol.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Baseado en feitos reais | 3 Grandísimas aportacións »

3 Comentarios

  1. Yakito Escribiu:

    Apuesto lo que sea a que es el mismo plan que harás el domingo que viene.

  2. Dokièh Escribiu:

    Y ahora en el cine, buah!! Si esto es el fútbol moderno, yo también estoy en contra de él. El fútbol hay que verlo en el estadio (tampoco tiene que ser una regla, pero es lo suyo) y DE PIE joder. También deberíamos leer Otraveseiro de pie y con bengalas en la mano.

  3. Antihéroe Escribiu:

    El fútbol en el cine a mí me parece una provocación a las masas. Desconozco si había seguridad en los cines donde se proyectaba el clásico pero es bastante sencillo que por cualquier gilipollez se lien a ostias un numeroso grupo de personas.

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo