Alentar con dignidade

1 de decembro do 2009 perpetrado por otraveseiro

Non sei como carallo fai, pero cando non hai gañas de escreber, sempre aparece DokiÈh para poñerme a luceciña na cachola. E coma sempre, a modo de comentario.

bengaleo

Per favor, un poc de vergonya

Di que este blogue deberiase ler de pé e con bengalas nas mans. O administrador está totalmente a prol desta iniciativa, e a recomenda encarecidamente... sempre que sexa cun mínimo de decoro, o que lle falta ao paisano da foto.

O tipo, presumiblemente durante un Barça-Madrid dos primeiros anos noventa súbese ao valado berrando coma un poseso bengala en man. Até aí todo ben. O malo é que ten a pouca vergoña de facelo vestindo unha camisola Meyba do Barcelona de básquet que seguramente pertenceu a un Chicho Sibilio, Lagarto De la Cruz, Nacho Solozábal, Audie Norris ou vaite ti a saber.

O corte da mesma chégalle case ao ombrigo e polos lados á cadeira. Para máis inri, metida toda por dentro dun pantalón de pinzas de cor clara (beige, pastel... branco!). E o calzado... bueno, mellor que non llo vexamos, pero de seguro que calza uns mocasíns ou zapatos castellanos de cor caramelo, acompañados como mandaba a moda duns calcetíns brancos de deporte, deses gordos, gordísimos, que parecía que en vez dun calcetín levabas unha escaiola. E fixo que co escudo do Barça bordado en plan pitujeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Adefesios | 4 Grandísimas aportacións »

4 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Vendo isto, xa me tarda neste blogue a mítica foto da paisana semi-espida no medio da bancada do Camp Nou, que debe ser polas mesmas datas. Mira que bombardearan con aquela imaxe!

    Por certo Traveseiro, vexo os teus mocasíns cor caramelo e súbolle unha “rejilla” cubrindo o empeine e deixando á vista os calcetíns brancos que dicías. Engádolle ademáis uns sempre elegantes pompóns. ¿Alguén dá máis?

  2. Mark Escribiu:

    Pues con la camiseta de básquet puesta tiene un aire a Steve Trumbo. Lo de los pantalones de pinzas es impagable…

  3. Antihéroe Escribiu:

    Yo del fútbol moderno odio/no comprendo 2 cosas:

    1- La puta Ley Bosman (si veo a este tío en la calle juro que me lo cargo)

    2- Lo de que los equipos salgan juntos al campo en la liga española. Con lo acojonante que eran las pitadas de antaño…

  4. O Traveseiro Escribiu:

    @Pableras: Haberá que pesquisar esa imaxe. En canto á foto, engado que tería que levar algo por enriba, aínda que nese intre non. Aposto a que tiña unha bomber reversible, co lado laranxa cara afora. Moda que puxeron de moda os ultras do Milan coma homenaxe aos holandeses e que extendeuse entre todo o panorama europeo.

    @Mark: Pues tienes razón, se parece a Trumbo. Qué tiempos aquellos en que los clubes se peleaban por los americanos que no ocupaban plaza de foráneos: Mike Smith, White, Johnny Rogers… Trumbo!

    @Antihéroe: ¿Qué harían Renaldinhos y Pavones sin la Ley Bosman?

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo