500 posts!!

4 de Xaneiro do 2010 publicado por o traveseiro

500 post

500 entradas a facerlle dano ao contrario, 500 balonazos en toda a cara, 500 pedras ao bus do equipo rival e tódalas paridas que se vos ocorran.

Joder!, é que se alguén me di cando comecei con isto que ía chegar a publicar cincocentas anotacións respóndolle que vaia vacilar á puta da súa nai. Sobretodo porque non levaba un mes co blogue cando a pouco máis o deixo, pasando a militar non no blogomillo, senón no blogomorgue (magnífico termo que lin na CCCP). Os comezos sempre son fodidos, porque non controlas do tema e porque semella que escrebes para as paredes, que non che le nin cristo. Aos que se atopen nesa tesitura aconséllolles que tiren para adiante, que os comentarios dan moral pero que non os haxa non quere dicer que o blogue non se lea.

Ben, pois a idea para conmemorar tan magno acontecemento era facer unha escolma cos post máis especiais, o número 50, o 100, o 250, o 300… poñendo unhas ligazóns a estes, pero non están numerados, e para dar con eles teño que ter moita paciencia e máis actitude, que por algo a preguiza é un dos sete pecados capitais xunto coa luxuria que máis practico. Tan só, iso si, repescar un post que ficaría no esquecemento se non fose porque onte houbo un comentario nel. O administrador da web do UD Alzira dá un paso cara adiante despois de case un ano para recoñecer que non estaba bébedo nin baixo os efectos de substancias psicotrópicas cando insultou aos veciños do seu propio pobo: “Quiero deciros que cuando escribí eso, lo hacía plenamente consciente…” Así me gusta, cun bo par, esa é a xente que queremos!

Á marxe disto, e xa para rematar, un par de consellos para os nosos lectores. Aos que poñedes no Google o que sexa acompañado de O Traveseiro para procurar anotacións aquí (coma figura nas estatísticas) dicervos que non fai falla irse a un buscador alleo, pois na esquina superior dereita, aí ao lado —-> hai un campo no que pon “procurar”. Escrebides o que queirades e de seguido premedes en “buscar”. É sinxelo.

buscador

E ao pavo que quere ir de putas por Viena e non sabe onde atopalas, que se poña en contacto con Estoja, coruñés residente en Austria e que coido que se coñece Viena ao dediño. Con dicer que até saíu en Callejeros

Bueno señores, isto é todo. Eskerrik noxo a todos e todas, que algunha haberá.

Arquivado en Autobombo | 15 Comentarios »

15 Comentarios

  1. Michijhense Escribiu:

    Felicidades Traveseiro!
    Brindo por outros 500 máis, ou confórmome con algún de vez en cando.
    Sorte e sobre todo, a pasalo ben!

  2. Pableras Escribiu:

    Noraboa Traveseiro! invitarás a uns pinchos digo eu…

    E que veñan moitas máis entradas a tronzar!

  3. Princi Escribiu:

    Noraboa apañeiro!!!

  4. Stbz-dtts Escribiu:

    Parabens trave

    Estoja saiu en callejeros?

  5. O Traveseiro Escribiu:

    A Estoja o podedes ver a partires do minuto 6:15 mostrando abdominais nunha piscina vienesa e tomándose uns mojitos.

    http://www.youtube.com/watch?v=8PRIgfpY8oc

  6. breogain Escribiu:

    Ogallá publiques outros cincocentos post máis, pártome da risa con algúns deles…

    un saúdo dun granate para un deportivista.

    ¡¡ traveseiro on tour 2010 !!

  7. Raposo Escribiu:

    Pois nada, noraboa por eses 500 e a seguir dando brasa!!!
    Apertas e bo ano (tanto no futbolístico como no personal)

  8. Antonio Escribiu:

    Jajaja en serio es Estoja el del vídeo? Todos los bloggeros gallegos tenéis voz de Luis Tosar??
    En la imagen a partir del minuto 7.00 parece Juanito el del Betis saliendo del vestuario con el pecho por delante!

  9. Pableras Escribiu:

    Antonio, aquí la exclusividad de la voz de Luís Tosar la tengo solo yo… un respeto a la autoridad! Jejeje!

    http://www.renaldinhos.com/2009/10/renaldinhos-en-radio-marca-coruna.html

    Qué grande O Traveseiro!

  10. Samo Escribiu:

    parabéns!

    quero disir… para Bens…

    -puta resaca levo no corpo-

  11. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Felices 500 post, feliz navidad, feliz año y feliz cumpleaños de Tristán..

    De regalo, algunas jugadas de Verón contra Inglaterra en el Mundial de 2002 y que justifican relativamente aquello de “traidor” (que sigo sin compartir):

    http://www.youtube.com/watch?v=Xkr3DgeFhlY

  12. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Yo de nuevo (?)

    Verón, sobre el incidente del córner:

    16 ¿Recordás cómo fue esa jugada que te recriminan muchos?

    Sí, fue a poco del final. Yo fui corriendo a tirar un corner y, tras acomodar la pelota, esperé que el árbitro diera la orden. Mientras, Bielsa y otros veinte me gritaban desde el banco, y ahí les hice una seña, como diciendo: “Déjenme de romper las pelotas”, porque faltaban diez minutos y si le pegaba mal… Pero bueno, ya está.

  13. Estoja Escribiu:

    Noraboa polos 500 trave.

    Vexo que xa descubriches como atopei o teu blogue co buscador de gúgel. Eran os meus primeiros días en Viena e non coñecía moi ben a cidade…
    ;-p

    @ Antonio: estaba convencido que no se notaría que estaba metiendo barriga…

    Por cierto, en el mismo programa se ve a un amigo mío haciendo puenting con la camiseta del Cádiz: http://www.youtube.com/watch?v=NPs5psCKPXk a partir del minuto 1. Vuelvo también a salir yo, ya sin necesidad de sacar pecho a lo Juanito…

  14. LEMOS 1923 Escribiu:

    Noraboa.

    A cascala.

    Fun explícito sobremaneira.

  15. Dirty Escribiu:

    Noraboa, que non decaiga!!!!