Santiago y sierra España

26 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Seica a FIFA (sempre fodendo) prohibiu toda manifestación relixiosa durante o vindeiro Mundial, así que como xa queda pouco tempo, España apura as súas opcións.

O presi Angel María Villar, que se dorme sempre e que non sei como desta vez non se sobou co incenso do botafumeiro, leu unha homilía de cinco folios onde deixou grandes momentos como «Somos peregrinos que viajamos en busca de la fe que propagaste y que dejó huella indeleble (coma os rotuladores!). La familia del fútbol viene a tu encuentro para ofrecerte los títulos que ganamos en buena lid». Se esperta Prisciliano dálle algho.

Tamén estaba Lendoiro. O presidente do Deportivo non se achegou moito ao arcebispo Xulio Barro por medo a que lle cravara un aguillón, porque segundo relata o AS, ía «tocado con la mitra, que le otorga la ciencia de los dos Testamentos, y el báculo, que según la fe cristiana, tiene el poder para aguijonear a los perezosos«. O relixioso, por certo, pediulle aos fieis que voltaran á catedral coa copa do mundo. El de seguro que pregará por eles, aos haitianos que lles dean polo cu, se tal.

O resto das autoridades presentes… Fernando Hierro (carniceiro), o dirixente arbitral Sánchez Arminio, o seleccionador Vicente del Bosque, o maleante Ramón Calderón, os seleccionadores das categorías inferiores e de fútbol sala… Con tanto españolismo que se respiraba eu non sei como non estaba a zorra (no sentido máis pexorativo da palabra) de Rosa Díez.

Mais non pasou todo o que debería pasar: que os tiraboleiros foran substituídos por empregados forestais, e o botafumeiro por unha gran serra eléctrica que os fixera a todos anacos. A monxa cantando o Ángelus sería substituída polos SINIESTRO TOTAL tocando ao vivo e a todo volume ese grande tema titulado «LA SIERRA ES LA FAMILIA».

«Santiago y sierra españa, que salga sangre con serrín. La sierra es la familia, qué aparato tan feliz. El menú que hay para hoy sabe mejor si siente terror. El sabor es fundamental sin olvidar la presentación. Voy descuartizando y desmenuzando con mucho cariño todos tus encantos. Primero la sierra, luego el martillo, si no hay tenedor, se pincha con cuchillo».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 5 Grandísimas aportacións »

Desmontando a Molinaro

24 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Pídeme Alex que lle meta algo de caña ao lateral esquerdo do Stuttgart, Cristian Molinaro, maxino que polo seu parecido co archicoñecido fillo da Pantoja, Kiko Rivera, Paquirrín. Só ten que perde-lo cabelo e engordar un pouco e xa o temos.

Mais que sabemos del (de Molinaro, do outro xa o sabemos case todo)? Até hai ben pouco case nada, eu de feito coñecino grazas ao Marca. O xogador estaba a piques de asinar no mercado invernal polo Atlético de Madrid, e o xornal publicou unha reportaxe bastante tendenciosa titulada «Gil Marín (dirixente atlético) va a traerse al hazmerreir de toda Italia». O futbolista soubo o que se dicía del aquí e decidiu non fichar polo Atlético e irse ao Stuttgart.

E que dicía del o Marca? Pois por exemplo que é un portento físico, unha bala… pero que co balón é un auténtico petardo, en resumidas contas, un futbolista do montón. En Italia era considerado un bidoni (o que aquí sería un renaldinho), e era puteado por seareiros rivais e da propia Juventus (onde xogaba). Así por exemplo, o xornalista e escritor Roberto Giacobbo chegou a soltar frases do tipo «Que é iso, un tren, un avión? Non, un pase de Molinaro» e «esta é a proba de que os ovnis existen», tras pegar un centro. Tamén din dos seus pelotazos que «os homes temen a ira de Deus, e Deus teme os balonazos de Molinaro» e que a imaxe do cadro de Edvar Munch El Grito é a consecuencia dun home que sufriu un balonazo de Molinaro.

En Facebook atópanse os grupos «Se Molinaro xoga na Juve eu tamén podo» e «Tamén eu sei centrar mellor ca Molinaro». A pesares de todo, ten os seus defensores. Un deles, o técnico Claudio Ranieri, que o quixo fichar para a Roma pero a directiva botou por terra a operación porque eran conscientes de que a fichaxe sería imposíbel de explicar aos seareiros romanistas.

Por certo, agora semella que para ese panfleto o futbolista non é tan malo despois de poñer en portada en xaneiro que era o hazmerreir de Italia porque o quería o Atlético. Non así os Faubert, Ognjenovic, Cesar Prates, Gravesen… eses eran todos uns fenómenos. Porque os fichaba o Real Madrid, naturalmente.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | 6 Grandísimas aportacións »

Insultos aos árbitros, máis vello ca humidade

23 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

O árbitro Leoncio García denunciou a seis afeccionados do encontro da Preferente de Huelva entre o Tharsis e o San Juan no que actuaba coma linier porque adicáronse todo o partido a proferirlle toda clase de insultos. Dende o clásico «hijo de puta» até un de nova colleita: «perro de aguas» (?). Tamén frases coma «me voy a cagar en tus muertos, en los de tu padre y en los de tu madre, hueles a mierda» ou «te voy a cortar la cabeza y voy a jugar con ella al fútbol» e ameazas do tipo Farruquito: «sé que eres de Huelva, cuando te vea por la calle te voy a echar el coche encima».

Supoño que Gabú, o fotógrafo ese do post anterior que odia o fútbol, ao ler isto seguro que xa lle comezaría a molar, porque el por eses países chungos perdidos da man de deus seguramente xa viu literalmente cagarse enriba dos mortos de alguén ou xogar ao fútbol con cabezas.

O caso é que o sangue non chegou ao río. Moito ruído e poucas noces o destes individuos, non coma nun partido de xuvenís en Uruguai, que un tipo lle dicía ao xuíz de liña que «te voy a quemar» e conseguiu o seu propósito: Tiroulle polas costas auga fervendo do mate causándolle queimaduras de primeiro grao.

Todos eses insultos son cousas de nenos comparados cos que levo escoitando eu dende hai uns dez anos, cada partido, proferidos polo mesmo veciño de bancada. Sempre o mesmo: «Árbitro! Vas cenar berberechos en lata de la marea roja de Lorbé!!» (textual). Arrepiante, sobretodo se temos en conta que o porto de Lorbé é famoso polos MEXILLÓNS, e non polos berberechos.

Por certo, a foto pertence ao colexiado de categorías inferiores Angel Andrés Jiménez, que ten o bonito costume de deter o encontro que estea a pitar cada vez que escoita un insulto ou unha palabra malsoante na bancada. Á súa pregunta de «Insultarías ao teu fillo?» a miña resposta é «Si se dedica á arbitraxe… SI, por suposto».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 8 Grandísimas aportacións »

Xente que odia o fútbol, ergo, tamén a ti

21 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Tres exemplos de peña que non atura o fútbol e non lle custa nada facelo público.

1. LUIS LÓPEZ GABÚ, é un pintor e fotógrafo que viaxa por países onde hai pobreza e conflitos bélicos tirando fotos. Nunha entrevista en La Voz confesa que estivo en Haití (antes do terremoto) visitando suburbios pola noite cunha cámara de fotos na man e unha pistola no cinto co obxectivo de retratar ritos de vudú, algo que non o deberían prohibir xamais: «Se o prohibisen sería como quitarlle a un náufrago un flotador. Aquí existe outro vudú… o fútbol! O fútbol é un gran ritual. Se á xente quítanllo, non sabes como podería reaccionar».

Moito mellor o vudú, sen dúbida algunha

A entrevista non ía de balompé pero el insiste no seu odio visceral ao balón. O xornalista lémbralle que antes de adicarse ás aventuras fixo de todo, descargas no porto, venta de alarmas… «Iso dáche unha sensación da realidade máis exacta. Na Coruña hai moitas realidades. O único que as une é o fútbol, que non me gusta, penso que é un dos grandes males culturais, estase cargando todo, as culturas, as tradicións… Chegas a unha escola coránica en África e xa che atopas a un rapaz coa camiseta dalgún equipo. Nunha pensión de Birmania víronme o pasaporte e o primeiro que me dixo o tipo foi: ‘Coruña 1, Barcelona 1′. Para moitos, o fútbol é o gran fío que nos une a todos universalmente; para min é todo o contrario».

Catástrofes naturais, pandemias, cambio climático, programación de Telecinco… a culpa de todo a ten o fútbol. Nótase que este home debe estar resentido porque de pequeno, na escola, cando xogaba no recreo ninguén o elexía para formar parte do seu equipo. Foi entón cando se interesou polo vudú para usalo contra eses compañeiros malnacidos. En fin que pase o seguinte.

2. LENDAKARIS MUERTOS son unha banda pamplonica de punk que fan unhas letras irónicas e cómicas. Odio el fútbol é un dos seus temas de cabeceira e esta é a súa letra: «No tenemos conciencia, no tenemos dinero, no tenemos vergüenza, pero tenemos fútbol. No tenemos principios ni otro pito que tocar, tenemos un principio grave de anormalidad… chuta, remata y gol, mamón!». Aquí non hai ironía porque seica é certo que odian este deporte. ASIER AGUIRRE, o guitarrista, foi entrevistado no blogue de Cretinolandia, e isto foi o que manifestou ao respecto:

«Cando o Madrid ou calquera outro lle mete uns roscos a Osasuna eu alégrome, así teño que aguantar menos chapa da xente. Odio o fútbol e todo o que lle rodea, esa cantilena de fondo dos comentaristas deportivos, os futbolistas descerebrados falando logo dos partidos…
No meu barrio viven bastantes fachas e cando xoga a selección é o acabouse, tremen os cimentos. Un par de aguerridos veciños compran foguetes e cando perde Essspaña estóupanos. Algún día imos ter unha desgraza»
.

3. ALEJANDRA M., estudante, vai andando tranquilamente pola rúa e é asaltada por un deses pesados encuestadores de La Opinión de A Coruña. A pregunta para publicar na edición do día 10 de Febreiro era «Que lle parece que os luns tamén vaia a haber fútbol televisado?»

A nosa heroína, resposta con bastante criterio: «A verdade é que lle presto tan pouca atención ao fútbol que nin sequera sabía que a partir de agora tamén o ían botar pola tele os luns». O malo é que, acto seguido, debe lembrarse da gran cantidade de veces que tivo que ir ao bar a ve-lo fútbol co seu mozo para non facerlle o feo e estoupa:

«De tódolos xeitos, a min paréceme moi mal que haxa fútbol os luns, fatal, vai ser tódolos días fútbol e a min o que me pasa é que odio o fútbol«. En quedamos miña filla? préstaslle pouca atención ou o odias directamente?

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 10 Grandísimas aportacións »

A Guti danlle paus até na ficción

19 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Quería deixar aparcado por un tempo o tema Guti porque sei que comezo a resultar cargante, pero se non conto esta curiosidade da vida rebento. Onte púxenme a ver unha peli, Disturbia, un remake do clásico de Hitchcock «A fiestra indiscreta», pero en plan thriller xuvenil. Vamos, que non é un peliculón precisamente, pero para pasar o rato está ben.

«Te conozco bacalao, aunque vengas disfrazao»

Como xa vai para tres anos que se estreou  non pasará nada por facer un spoiled en toda regra e conta-las dúas mellores escenas da peli. Ao principio, o protagonista arréalle unha hostia na face ao seu mestre de italiano, o señor GUTIERREZ. E perto do final, o asasino trónzalle o pescozo ao sobriño do mestre, que naturalmente tamén se apelida GUTIERREZ, o cal ademais, é policía. A casualidade a tumba o feito de que estes gutis non son loiros, senón mulatos, pero aínda así… non resulta marabilloso?

O director, D.J Caruso, meteu brillantemente esa mensaxe subliminar na peli para que o grande Jorge Muñoz e tantos outros foran a por Guti, encarnado nun mestre cabronazo que provoca a un alumno que acaba de perder ao seu pai e á súa vez a un madeiro inútil que non se entera de nada. Oscar ao mellor director, xa!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Puto Guti | 4 Grandísimas aportacións »

«Non todos os días son martes de Entroido»…

17 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

…que di o sabio refraneiro popular, agás (engado eu) para os futboleiros retrasados, para os cales tódolos días que hai partido son Entroido. Hainos en tódolos campos, mais escollín a este do Real Madrid porque tiña a súa foto a man (o meu disco duro é un completo caos, e cústame bastante atopa-las imaxes que gardo entre tanto desorde).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Xentes da grada | 7 Grandísimas aportacións »

Sporting, en catro puntos

15 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

1. Vexo o resumo do Sporting-Valencia pola TVG narrado polo inconfundíbel Serxio Delpont. O xogador Diego Castro marca un gol e o celebra collendo o balón e poñéndoo baixo a camisola. O normal neste caso sería dicer: «Diego Castro adica o gol á súa próxima paternidade». Para Delpont, non é así: «O recentemente nomeado adestrador do Leixões vai ser avó». Ser o xefe de deportes da Galega (penso) dálle dereito a dicer máis paridas que a un que non o é.

2. Non sei por que, pero cada vez que paso polas ruínas da antiga fábrica da Cross, en O Burgo (Culleredo) lémbrome do estadio xixonés de El Molinón.

3. O presidente da Federación de Peñas Sportinguistas, o Ilmo. Sr. D. José María Suárez Braña, opinando sobre a noxenta idea de programar partidos os luns, soltou unha atinada frase que o resume á perfección: «La afición es el último mono en el circo del fútbol». Mágoa que logo a cague dicindo que debería intervir o Goberno no asunto.

4. E din que o dianteiro David Barral non marca en liga dende hai cinco meses porque un afeccionado sportinguista foi incinerado coa súa camisola, segundo lle confesaron os propios familiares do falecido, e que ese é o motivo do gafe. Se isto é certo quero dende aquí facer un chamamento a tódolos familiares de falecidos que foron soterrados ou incinerados coa camisola de Rodolfo Bodipo. Que dean a cara, e así polo menos atoparlle unha explicación medianamente paranormal á negación case absoluta de este home de cara ao gol. Grazas por anticipado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | 8 Grandísimas aportacións »

Antes «Petón», agora «Cara al Culo»

13 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Non é que me preste en demasía mergullarme neste temiña porque de seguro que xa se está a debater sobre elo nunha chea de foros e blogues, pero é que a grande cifra de DÚAS persoas piden que poña no seu sitio a José Antonio Martín Otín, alias Petón, e haberá que contentalos.

Recibindo un SMS de Primo de Rivera (por San Valentín) dende o máis alá

Á marxe do tema ideolóxico o tipo cáeme como unha patada nos collóns. Resulta insufríbel escoitalo nas retransmisións de fútbol, porque vale que o seu representado (Fernando Torres) xogue no Liverpool e lle desexe o mellor a este equipo, pero é que non se pode ser máis parcial retransmitindo un partido. Joder, é que perde o cú polo Spanish Liverpool! E logo está a súa laboura na Cadena Ser e… bo! mira, que paso do roio, síntoo moito pero non seguirei con isto. Petón, que che peten o cu a ti e aos nostálxicos do franquismo, de José Antonio, da División Azul e nai que vos pariu a todos.

E para remata-la entrada da mellor maneira posíbel… entoando todos xuntos a nosa versión do Cara al Sol. E en perfecto español eh!, para que logo non se diga (a sintonía non varía):

«Cara al Sol me pongo más moreno
con este nuevo bronceador
y si compras muchos, muchos botes
te regalan un balón.»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 11 Grandísimas aportacións »

Invista os seus aforros con moderación

11 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

Onte soubemos coma o presidente do Deportivo só gastou en accións do Clube 12.741 euros despois de pedirlle aos socios que tiñan que facer un esforzo e mercar títulos a esgalla porque senón «el apocalipsis va a llegaaarrrr!». O tipo ten máis cartos que un toureiro, así que si esa información é certa a Lendoiro hai que empezar a chamarlle o Capitán Araña, por cutre, e non por se-lo defensor da rapazada precisamente.

Tiña que segui-lo exemplo de Michael Carroll, un inglés de 26 anos que investiu no clube dos seus amores, o Glasgow Rangers, pouco máis de un millón de euros despois de que lle tocara a lotaría. A cifra é unha auténtica burrada e merecía unha estatua no campo de Ibrox Park.

Mais se burrada é a cantidade que meteu nos Rangers, máis burrada é o que fixo co resto do premio (10 millón de euros). Puliunos todos en tan só oito anos en xoias, coches, drogas, alcol e putas. A verdade a cara de mongol que ten na foto xa o di todo. E o peor de todo é que, coma non ten un pavo, vive do estado, que lle paga un subsidio por desemprego de 48 euros semanais. Para hostialo, vamos.

O señor Lendoiro, visto o visto, mellor que non meta cartos no Depor e os siga sacando e meténdoos no peto ou debaixo do colchón, porque coma se arruíne e teñamos que pagarlle todos (tamén os do Celta) o paro… entón si que si.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 7 Grandísimas aportacións »

Sofía Mazagatos, agora tamén esmoleira

10 de Febreiro do 2010 perpetrado por o traveseiro

En Antena 3 verá a luz proximamente un novo e pestilente reality chamado «Invisibles», versión do inglés «Famosos y mendigos» onde o navegante (?) Álvaro de Marichalar, o paparazzi Miguel Temprano, o escritor (?) Yeyo Llagostera, a esquiadora Blanca Fernández Ochoa e a modelo e intelectual Sofía Mazagatos deberán viver coma indixentes durante dez días e dez noites.

Non entendo a presenza neste programiña da Mazagatos, que xa ten experiencia dabondo no tema porque leva mendigando toda a vida, chegando a viver incluso en plan okupa nas casas das súas ex-parellas.  A súa vinculación máis coñecida ao mundo do balompé (que é o que a trae a O Traveseiro) é o roiete que mantivera co presidente do Sevilla FC a mediados dos noventa, González de Caldas, o cal lle regalara un Mercedes pagado con cartos do clube hispalense.

Naqueles tempos o tema tivo bastante transcendencia e os propios afeccionados sevillistas chegaron a manifesta-lo seu apoio incondicional nese duro transo á señorita Mazagatos con faixas durante os encontros, como esa amosada nun partido perante o Atlético de Madrid no Calderón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Maldita TV | 2 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo