Esta semana podémonos morrer tranquilos no fútbol…

9 de febreiro do 2010 perpetrado por otraveseiro

...ou incluso ficar paralíticos e mesmo sufrir infartos! E todo grazas ao "Seguro Afición", invento do patrocinador oficial da Liga de Fútbol Profesional, o BBVA. Deste xeito os afeccionados, que estarán cubertos con só ter unha entrada, un abono ou unha invitación ao estadio, recibirán 25.000 ouros de indemnización en caso de falecemento ou invalidez permanente, que se limitarán a 5.000 ouros para os menores de 14 anos.

"Tranquilos, que estou asegurao"

Para acceder á compensación, o accidente ou agresión de grupos violentos (incluirá a policía?) débese producir durante o encontro ou como moito unha hora antes da confrontación, e a un máximo de 2 quilómetros do lugar, ou mesmo se é de tráfico na ida ou volta dos afeccionados visitantes. Ademais, o falecemento débese producir nas 48 horas posteriores ao partido ou ben provocar unha invalidez permanente nos 18 meses posteriores.

Estou a maxinar a moitos deses pais que teñen fillos que parasitan (xeración ni-ni) pregando para que os seus vástagos futboleiros regresen do campo esta fin de semana nunha caixa, ou se están a debater entre a vida e a morte que deus os leve antes de que transcorran esas 48 horas de marxe para poder pillar os 25.000 ouros de rigor ou o que corresponda, que menos dá unha pedra, oiga.

CR26 pateando baixo a atenta mirada de David "Pancho" Villa

Agora só nos queda que o BBVA inclúa no seguro a morte de risa que provocan co seu circo "La jornada de tu vida" e fagan outro que indemnice aos equipos locais pola desfeita que fan no terreo de xogo os participantes nese paripé.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Qué terrible espactáculo o dos concusantes do BBVA o ano pasado en Riazor… esa xente non vira un balón na súa vida!

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo