Sálvame… de Hierro

30 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Non é un fotograma de «O Planeta dos Simios», senón dun scan da páxina 18 do Marca do xoves. O director deportivo da Federación Española, Fennando Hierro, pasou polos estudios de Radio Marca para analiza-la actualidade futboleira e sobretodo do Madrid e da selección. O que diga este homiño non me interesa en absoluto, tan só un detalle da imaxe.

É de supor polas páxinas e páxinas que enchen tódolos días de paridas que a redacción do xornal debe ser un putiferio, pero pensei que na radio serían máis serios. Craso erro, só hai que ver (sinalado con frecha) o que teñen posto nos monitores de televisión da devandita redacción. Non son imaxes de partidos de fútbol nin doutros deportes, senón a canle Telahinco e, en concreto, o bodrio de Sálvame… e co mamarracho de Kiko Hernández á cabeza!

A ver se hai sorte e chega isto a ouvidos dese programa e un día destes o presentador Jorge Javier Vázquez lles manda bicos mirando a cámara: «Buenas tardes, marquistas, que sé que nos seguís».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Xornalistos | 2 Grandísimas aportacións »

«Miralós, miralós… como se acojonan!!»

28 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Nós fomos os primeiros en alertar do potencial da selección norcoreana no vindeiro mundial, anticipando que ían pasar de calle a primeira rolda deixando na cuneta a Portugal e Brasil e que é máis que posíbel que se enfronten a España en oitavos.

Veteranos de Inglaterra’66, na lista de convocados para o Mundial

O director do xornal humorístico pequeno-imperial, Marca, Eduardo Inda, que ten o don da ubicuidade, fíxose eco da nosa advertencia, e o pasado venres publicou a dúas páxinas unha reportaxe sobre a Auténtica Vermella entitulado: «COREA DEL NORTE, EL EQUIPO FANTASMA. Del Bosque tiene informes del equipo inaccesible». No corpo da noticia omitiron nomea-la rede de apoio das tascas galegas para non crear máis alarma social, pero aínda así nótase o nerviosismo no órgano oficial de propaganda da selección española, teñen xa o medo no corpo!:

«Hace 44 años la República Democrática de Corea asombró al mundo en su primera aparición en la Copa del Mundo [...] Ahora, en su segunda participación, España se prepara para un hipotético cruce con ellos en octavos de final [...] En su día nadie podía apostar que pasarían de la primera fase ante la URSS (campeona de Europa en 1960, subcampeona en 1964), Chile (venía de ser tercera en su mundial) e Italia (poderosa siempre y campeona de Europa dos años después). Pero las cosas en Corea del Norte son de otro mundo«.

«A 49 días para que el balón eche a rodar, de Corea del Norte se desconoce casi todo. Los narradores rezan para que no les toquen sus partidos, los ojeadores de los rivales se las ven y se las desean para seguirles la pista, nadie estuvo presente en la cumbre de técnicos de Sum City, en las reuniones de seguridad nada se sabe de un país que se moverá por Sudáfrica como cuando los equipos del bloque del Este cruzaban el Telón de Acero…»

«Quienes les han visto jugar hablan de un equipo agresivo, que no para de correr y para el que parece que los minutos no pasan [...] Impensable en 1966, los coreanos del norte tienen en sus filas ahora a varios jugadores que militan en la liga japonesa, y su estrella, Kim Kuk-jin, despliega su enérgico fútbol en Suíza». O Xavi Hernández amarelo defínese a si mesmo: «Podo xogar os 90 minutos sen baixar un ápice o ritmo e teño unha gran visión á hora de move-lo balón e realizar pases».

Para rematar, unha aclaración: O título debe lerse entoando a coñecida sintonía de Antón Pirulero, e para os que non a coñezan que preman no video da versión subversiva de Joselito. Un autocarro cargado de rapaces, todos de pé e amolando ao condutor, dándolle lapotes na cabeza e cantándolle na orella «corre más, corre más y no tengas miedo, pon la directa y suelta los frenos». Igualiño que a día de hoxe coa excepción que estes non ían fumando porros. O Pequeño Ruiseñor de seguro que deixaba as raias e os petas para despois da rodaxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | 2 Grandísimas aportacións »

Betis reincidente e outras historias para non durmir

26 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

O árbitro do Betis-Elxe (0-3), Amoedo Chas puxo no acta que dende a bancada proferíronse «gritos que imitaban la onomatopeya de los simios» contra o xogador ghanés Wakaso. Reinciden, pois nesta mesma tempada, nun Betis-Cartaxena acontecera o mesmo. Desta vez foi o colexiado Pino Zamorano o que detivo o xogo «por insultos y gruñidos como los que hace un mono» ao futbolista panameño Alberto Quintero.

«Se hace urgente, es necesidad pararles los pies a esos gilipollas»

E aí non remata a cousa, porque tamén nesta tempada, e durante un Cádiz-Betis, os visitantes insultaron ao nixeriano Ogbeche. Na imaxe, Fernando Madina, cantante e baixista de Reincidentes, bético e antítese dos ultras eses, que a parte de teren o cerebro carcomido polo xerme da ignorancia tamén teñen tres ou catro negros no seu propio equipo.

-Raúl se lesiona e non vai xogar no que queda de tempada… periga o Mundial para España!. E xa paro porque este comepirolas nolo pide encarecidamente.

-Alavés e Montañeiros empataron a dous tantos en Mendizorroza. O árbitro do encontro, Vallejo Aznar, que seica controla bastante de hortalizas, reflectiu no acta que no minuto 85 pediulle ao delegado de campo que «se pidiese por megafonía que desde el fondo de detrás de la portería donde se encontraba el portero visitante se cesase el lanzamiento de objetos al terreno de juego. Dichos objetos eran cebolletas comestibles«. Mellor sería que tirasen outro tipo de cebolletas, que non son comestíbeis pero si hostiábeis.

-Esta pasada fin de semana, en México curtaron as retransmisións de fútbol para ofrecer avances informativos sobre o brutal caso de violencia acontecido na localidade de Aguascalientes. Un coñecido seareiro do Atlético de Madrid ataca cun obxecto punzante a un tal Navegante, que, en defensa propia, dálle unha malleira ao agresor, cuxos amigos se cobran vinganza e o asasinan («el maldito toro [...] fue pasaportado al mar de los toros infernales…» segundo as crónicas da prensa casposa) porque foi un abusón por pesar 487 kilos. David Villa caeu enriba de Piscu cos seus 70 kilos tronzándolle a clavícula e non por iso o mataron brutalmente. A pesares de que Navegante non rematou a faena sempre terá un oco nos nosos corazóns ao igual que os Avispado, Burlero, Islero…

-Semellaba que as cousas marchaban a pedir de boca en Sudáfrica pero xa se están a torcer: Shakira interpretará «Isto é África», o himno oficial do Mundial 2010. Un martirio só comparábel con Bisbal entoando a sintonía de The Simpsons.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Puta Barça (e visca Catalunya) e puta Real Madrid

25 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Xa sei que o dixen máis dunha vez e tampouco será a última: estou até o carallo do monotema Real Madrid-Barcelona, ou Barcelona-Real Madrid, que a orde de factores non altera o produto, ou sexa, que a mesma merda son.

Namentres en todo o mundo os inimigos do Fútbol Club Barcelona chaman puta a este clube, en Italia, os da Sampdoria, e concretamente nun derbi xenovés de mediados dos 90, chamábanllo á súa nai. Un gran misterio: mantiña Joan Gamper relacións sexuais a cambio de diñeiro e dunha delas naceu o Barça? Segundo estes tifosis si.

E de seguro que tamén o era para Santiago Bernabéu, o que fora presidente do Madrid e que participou co exército franquista na campaña de Catalunya, sendo condecorado, e que unha vez dixo publicamente que «Amo a Cataluña a pesar de los catalanes»… ou algo así. «Así que borren da súa mente a figura paternal que nos vende o nazional-madridismo, a daquel presidente honrado, bonachón e competente. Cando falamos de Santiago Bernabéu estamos a falar dun personaxe coa mesma catadura moral que o tal José Fritzl« (entrecomiño porque non é miña).

Precisamente o outro día lin unha entrevista coido que a Paco Gento no que relataba que Don Santiago falaba coa xente levando a cremalleira da entreperna baixada, que era moi humilde. Perdoa macho, pero iso non é ser humilde, é ser un pailán ou ter moi pouca vergoña.

Ben, pois como todo o mundo sabe, o estadio do Real Madrid leva o nome deste señor. Este campo someteuse a múltiples reformas ao longo dos seus máis de 50 anos de vida, parecía que xa estaba rematado de todo pero  seica Florentino Pérez ten un soño: cubrilo por completo. Non hai dúbida, de tódolos (?) proxectos apresentados, este é o mellor de todos, o que máis se asemella á idiosincrasia do clube e afeccionados.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 4 Grandísimas aportacións »

Richard Moar: Pánico a voar

22 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

A historia do pánico a voar do que fora gran xogador holandés Dennis Bergkamp lémbrame que hai tempo prometéralle a un lector (penso que Princi) que faría unha entrada sobre Richard Moar, o até o mes pasado director deportivo do Deportivo, valga a redundancia, e man dereita e lamecús do presidente, que seica asinou un contrato para desempeñar esta mesma labor no Udinese italiano. A ver se o frío dos Alpes venlle ben para a súa miopía á hora de descubrir xogadores.

De feito, protagonizou a versión galega do conto no que Richard baixa dun coche para consultarlle unha dirección a un cabreiro. Tras indicarlla, pregúntalle de cantas ovellas e cabras consta o seu rabaño, ao que o pastor respóndelle que se lle di o número exacto, regálalle unha. O paisano bota unha ollada e ao final di: «223 exactamente». O pastor alucinado dille  «é correcto, pode elixir a que máis lle guste». Ao cabo dun intre cando xa elixira, o pastor sorrindo dille: «xa sei a que se dedica vostede… é observador do Deportivo, verdade?». «Pois si señor, como o sabe?» . «Moi sinxelo, entre as 223 ovellas elixiu ao can que as coida».

Ben, pois resulta que Richard tamén padeceu esa mesma fobia a voar, como anteriormente outro xogador do clube, Loureda, e posteriormente Lionel Scaloni. Aconteceu cando xogaba no Valladolid. Unha meiga botoulle as cartas e advertiulle que se subía a un avión nos dous anos seguintes expoñíase a sufrir un grave contratempo. Richard tomouno a coña, mais cando viu que o resto das predicións íanse cumprindo, comezou a tomar en serio o do avión até o punto de chegar a finxir lesións para non ter que voar.

Xa no Depor, a directiva permitiulle durante moito tempo facer os desprazamentos por libre. Namentres os seus compañeiros ían en avión, el viaxaba en ferrocarril. Contan os máis vellos do lugar que, en certa ocasión, estivo vinte horas metido nun tren no traxecto Coruña-Figueres. Foi alí onde fraguouse a lenda de contador de cabras e ovellas, o único entretemento que tiña nas longas travesías polos campos de Castela ante a falta de ordenadores portátiles, DVD, ipod, e-book e toda esa merda tecnolóxica.

As imaxes? Bueno, pois a de enriba é dun cromo do ínclito cando xogaba no Valladolid, a principios dos oitenta. Richard nacera en Ordes, pero de rapaz emigrou a Alemaña cos pais e alí iniciouse no fútbol no Lippstadt (nos xuvenís deste equipo coincidiu co mítico Rumenigge). Logo regresou a Galiza e acabou xogando no Depor e posteriormente foi traspasado ao equipo pucelano para voltar ao clube coruñés para retirarse. Na segunda foto aparece pousando na Dársena da Mariña na súa primeira etapa no clube, cunhas pintas horrendas, das que se levaban daquela, si… pero igualmente horrendas. A verdade é que está para ser empurrado de costas ao mar para ser engullido por un banco de muxeles famentos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 6 Grandísimas aportacións »

Iturralde txapeldun!!

20 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Esta pasada xornada o árbitro basco Eduardo Iturralde González converteuse no máis tarxeteiro da historia da Liga ao amosar un total de 1.368 cartóns, en parte grazas a que nunca arbitrou ao La Orden de Huelva, pois seica a estes non lles suman. Ademais, tamén é plusmarquista no que atinxe aos penaltis pitados, leva 96 e aínda lle quedan dúas tempadas para seguir sumando.

Hai algo máis de tres anos tiven unha breve conversa con el na previa dun partido. Foi no choio, e el ía acompañado dos seus asistentes, os mesmos cos da foto, co inimitábel Rafa Guerrero (o do famoso «Rafa no me jodas, me cago en mi madre!») Así foi e así vola conto (non é que teña unha memoria de elefante, pero apunteina para poñela nun foro e ao final pasei… até agora):

ITURRALDE: -Buenas tardes, ¿me cobra por favor?
EU: –Si, como no, son doce euros.
I: –Uf, que caro ¿no? (Poñendo careto de circunstancias).
E: -Lo siento caballero, yo no pongo las tarifas…, si las pusiese yo, a usted le cobraría más por espabilao (esto último evidentemente non llo dixen, pero penseino).
I: –(Saca una tarjeta de crédito) ¿Admiten tarjetas?
E: –No, solo rojas y amarillas (saíume de dentro).

O noso protagonista quedouse cortado, e os seus acompañantes comezan a descojonarse da risa e el, superada a primeira impresión, tamén sorrí.

I: –Coño, pues yo pensé que en Coruña estábais más modernizados.
E: –Si, bueno, es que siempre hay problemas con la conexión y por eso no las aceptamos (mentira cochina, iso dícese sempre aos clientes que se poñen pesados por non ir quitar cartos ao caixeiro).
I: -Dame una factura o un ticket anda, a ver si los de la Federación nos pagan esto, pero a ver, porque tal como están las cosas… (E iso que aínda faltaban dous anos para a crise!)

Pasa de tratarme de «usted» a tutearme, eu fago o propio.
E: –A ver si te portas bien hoy con nosotros ¿eh?
I: -¿Solo hoy?
E: –No, en general, lo que pasa es que andamos muy necesitados de puntos y nos vendría muy bien ganar (poñendo cara de pena).

O noso trencilla favorito sorrí e se despide moi amablemente, ao igual que os seus compañeiros, que tamén falaron algo cun compañeiro meu pero non transcendeu. Esa noite, o Deportivo gañou aquel partido ao Mallorca grazas a un rigurosísimo penalti pitado por Iturralde.

Ao principio cachondeamonos do asunto, a ver se tiven algo que ver na súa posterior arbitraxe favoritista… Se foi así, saíu bastante máis barato que agasallalo cun xamón ou mandarlle unhas meretrices ao seu hotel.

Este domingo, no que conseguiu o récord, se lle volveu chamar fillo de puta en Riazor, o cal non o entendo porque aínda que as súas arbitraxes deixan moito que desexar… aí están os resultados que o avalan. Por certo, que na procura da nova da arbitraxe de Iturralde do clásico de Irán (!), acho un interesante comentario que amosa o moito que o queren, tamén os grandes filósofos e intelectuais que len no ABC algo máis que as mortuorias:

«LOS MUERTOS DE ITURRALDE IJO DE PUTA COMO VALLAS PARA HUELVA TE MATAMOS A PEDRA ASINKE MEJOR QUE NO APARARESCA X AKI IJO DE PUTA , TU MUJE LA CORNUA».

E iso que pon ben clariño: «Sé respetuoso con tus comentarios para mantener un diálogo civilizado. Nos reservamos el derecho de moderar aquellos comentarios con insultos, ataques, o que no tengan relación con el tema tratado». Vou poñer unha norma así no blogue para que logo nola pasemos todos polo forro. Viva!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Baseado en feitos reais | 6 Grandísimas aportacións »

Brétemas e neboeiros volcánicos dende San Cibrao a Estaca de Bares…

19 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

…ao carón da costa que se irán espallando ao longo do día. Información de Pemán da que tomaron boa nota os dirixentes barcelonistas. E detrás, a prensa, que poñen aos xogadores do Barcelona como mártires por se teren que desprazar até Milán en autocarro, como se este fose un Setra Seida do ano 1979 e o traxecto fose dun tirón e con todos os membros da expedición hacinados xunto as maletas e os tuppers de tortilla e bistecs empanaos. O que lles mola a estes e viaxar en avión por outros motivos e non por estar descansados. Moito vicio é o que hai!

A dura viaxe do Barcelona a Milan

O mesmo (vicio) que teñen os xogadores do grupo balear de Terceira División, que non cobrarán unha merda pero… amigo, viaxan en avión sempre. Esta fin de semana suspendéronse por mor da nube volcánica o Alcudia-Mercadal e o Constancia-Ciutadella por estar fechado o aeroporto de Son Sant Joan (polo nome, debe ser koreano). E logo para que están os caiucos?!

Á marxe disto, este sábado estiven a buscar localizacións polos arredores da Coruña para replantar uns carballos que temos en macetas na casa (coño, é que xa vai sendo hora de que se independicen). Son bastante protector, doulle moitas voltas na procura do lugar máis axeitado, non vou facer coma os seareiros do Real Oviedo, que tódolos anos plantan un carbayu por cada ano de historia do clube (van 84) xunto ao estadio, nun lugar ben visíbel e expostos a que chegue un terrorista ecolóxico do Sporting a botarlles veleno ou cunha motoserra para levarse a tódolos probes carballiños por diante. Non as pensan!!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 6 Grandísimas aportacións »

A altura da aspersión do campo do Espanyol

16 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Parécenme demasiados policías para controlar a altura das mangueiras e aspersores de rego do campo de Cornellá no Espanyol-Barcelona de mañá, pero bueno… eles saberán o que teñen que facer para que non se molle a xente nas bancadas.

Comedura de letra vista no Sport.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Analfabestas | 2 Grandísimas aportacións »

Molina e Calamaro

15 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Teño que ir ao bar máis acotío a ve-los partidos do Madrid e o Barça aínda que non xoguen contra o Depor para seguir de perto aos seareiros estranxeiros destes equipos, principalmente magrebís e senegaleses. Ollar para eles é sen dúbida máis interesante que os partidos. Mola como seguen os encontros, aplaudindo con máis entusiasmo un taconazo, unha parede, unha vaselina… que un gol! A non ser que este sexa de moi bela factura, claro (co de Pedrito máis de un correuse).

Tampouco creo que este comportamento sexa por ignorancia futboleira, coma a anécdota que contaban os xogadores que participaban en Xapón na final da Copa Intercontinental, que dicían que o público local aplaudía os saques de porta (!), coma se puntuara canto máis lonxe chegara o balón. Este caso é diferente, a esta xente mólalles o jogo bonito, e por iso aplauden as boas xogadas. Nós é ao revés, aplaudimos cando lle fan unha entrada cos tacos por diante a un xogador rival. Supoño que será unha cuestión de cultura futbolística.

Despois desta parrafada, ao que iamos… segundo Capitán (Tan) Argento, Andrés Calamaro dixo que «No tengo cuenta en Facebook, ni en Twitter, ni tampoco en Myspace.» O que si ten é bastante moral (hai que tela para gravar un disco con cen temas) e un grande parecido co exporteiro José Francisco Molina.

E tamén unha moita afección ao deporte rei. Así, sabemos que é seareiro do Real Madrid (hai que foderse), do Independiente de Avellaneda en Arxentina, e que está convencido que Maradona non o fixo público pero que tamén é de El Rojo. Hai moitos anos escoiteille nunha entrevista dicer que, estando en Los Rodríguez, topouse con Mauro Silva e Bebeto no aeroporto de Barajas e os músicos pedíronlles autógrafos e fixéronse fotos con eles. Calamaro díxolles que «Nosotros somos Los Rodríguez, ¿vos no nos conocés?» e Mauro e Bebeto que non, que non tiñan nin puta idea de quen eran. Supoño que a Calamaro e compaña se lles caeu a alma ao chan.

A todo isto Molina é o da esquerda, o de paxariña, é que non atopei unha imaxe mellor del con ese pelaso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | 3 Grandísimas aportacións »

Imprudencia temeraria

13 de Abril do 2010 perpetrado por o traveseiro

Que tempos aqueles en que a xente ía o fútbol vestido como se fose a unha voda, unha misa ou un funeral. Ían de punto en branco, eran os casuals da época, que non usaban roupa deportiva a pesares de que sería o máis axeitado para determinadas situacións.

Coma por exemplo, a foto tirada no Estadio de Riazor e datada penso que nos anos 60. Un tipo quere ve-lo fútbol de balde e para elo non dubida en subirse a unha árbore, e, coa inestimábel axuda dun colega, colarse no campo. Análise da situación:

-A árbore pode tratarse dun olmo negrillo plantado na Avenida da Habana, non é que teña unha altura inmensa pero si a suficiente para meterse un bo hostión se che caes da copa.

-Pode ser un efecto óptico pero dáme que a distancia entre a árbore e o muro non é suficiente para lograr o obxectivo… a non ser que sexas un Iván Pedroso da vida.

-O colega que lle bota a man para axudalo semella sorrir. Ten toda a pinta que lla vai retirar en canto pegue o chimpo namentres lle berra «Hahaha… picaste!!»

-Á marxe de levar traxe e zapatos, chama a atención que leve a garabata sen pasador, aí solta, para que a pise ou se lle enganche nunha pola da árbore. Neste último caso pode ser peor que caer o chan: aforcarse.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Xentes da grada | 6 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo