Maio negro

6 de Maio do 2010 publicado por o traveseiro

Os seareiros do Corme andan quentes, Roy Makaay se retira, disólvese a Santa Trinidade, catro futbolistas do Depor asinan en apoio da selección española en vez de recoller sinaturas para que os declaren incapaces, e a peor nova de todas: este mes O Traveseiro está de aniversario, cumpre tres anos.

Concretamente o día 17, como non podía ser doutro xeito, mais haberá que ir lembrándoo de cando en vez durante este mes con paridas como as de enriba por se chega o día do cumpreanos e non teño nada especial para publicar. Que logo non se diga que paso das efemérides.

Á marxe disto, moita fama ten Stamford Bridge, campo do Chelsea, por estar situado a carón xusto dun famoso camposanto londinense. Unha parvada ao lado dos túmulos do Rebullón, en Mos (Pontevedra) peghadiños a un campo de fútbol. A balonazos cos nosos antergos.

Arquivado en Autobombo | 8 Comentarios »

8 Comentarios

  1. Antihéroe Escribiu:

    Anodadado me he quedado…¡Valerón sabe escribir!

    Si quedasen 3 partidos más…el Coruña descendía

  2. Dirty Escribiu:

    Antihéroe as deixas a ovo. Manda carallo que Valerón poda escribir e que na tua terra todavía non aprenderas as preposicións: a – ante – bajo – cabe – con – contra – DE – … 🙂

  3. Pableras Escribiu:

    É tristísimo que se o Depor descende moitos Lacoruñeses alegraríanse… non o entendo en serio

  4. Mark Escribiu:

    felicidades anticipadas!

  5. Alex Escribiu:

    Felicidades Traveseiro! Se xa non era negro o teu Maio, con Guti marchando para o Galatasaray….

  6. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Parabéns!

    PD: Viches a foto de Filipe Luis no Marca o venres? Muy pero muy muy Sarah Connors (Riazor de fondo)

  7. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Por cierto, hoy al final del Chelsea-Wigan ¿recadito? de Díaz a Petón:

    “y luego viniste tú, Petón, cantando el CARA AL GOL…”

    (contexto: Díaz recordaba los 3 años de la Premier en TVE a modo de despedida)

  8. comiK.O. Escribiu:

    Parabéns pola efeméride! 😉