O soño continúa

14 de Maio do 2010 publicado por o traveseiro

Esta semana tiven un soño estrañísimo. Bueno, a verdade é que os soños teñen que ser estraños, si non non son soños. Foi moi curto e nel saía o director deportivo do Atlético de Madrid, Suso García Pitarch, sentado nunha mesa dun restaurante e eu increpándoo. Como soe acontecer case sempre, espertei. Non me lembro moi ben dos motivos da rifa porque ademais persoalmente tampouco tiña nada en contra del, e había tempo que non lía nada sobre o devandito.

Tan só unha reseña hai máis dun mes, tomándome una caña no Bar Deportes, onde se comentou que na folga de futbolistas do ano 1984 disputouse igual a xornada porque os clubes decidiran xogar con xuvenís, e que algún equipo contou con futbolistas profesionais, coma o Valencia, que alienou a García Pitarch.

É probábel entón, que aínda que con mes e medio de retraso, a miña mente estivera traballando para collelo calquera noite nun soño destes e chamarlle esquirol á súa puta cara. Estou pensando que coma curiosamente a lenda das celebracións atléticas é “EL SUEÑO CONTINÚA”, igual tamén continúa o meu. Como rematará a cousa? García Pitarch e eu chegando as mans? Xa vos contarei.

Por certo, que a foto que ilustra o post non é moi actual que digamos, pero me parece moitísimo máis atractiva que se o fora. É o protagonista do meu soño cando xogaba na UE Figueres a finais dos oitenta, un viruliñas e cabezón. Atención ao cutre colante publicitario de ALDI, o actual GADIS, estampado nunha camisola da clásica e infelizmente desaparecida marca levantina, Ressy.

Arquivado en Baseado en feitos reais | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. Dokièh Escribiu:

    Oye, pues esta idea de los sueños tiene buena pinta, podrías explotarla un poco más. Seguro que le has partido la cabeza a Guti más de una vez (en sueños), o a Cañete. Aunque claro, los sueños sueños son, la vida es sueño y en la vida real puedes romperle la cara a tu amado Santi (vía Twitter).

  2. Pableras Escribiu:

    Hoxe sí que é o día! Parabéns meu! segue tocándolle o carallo ao personal moitos anos máis!

  3. comiK.O. Escribiu:

    Non me extraña que o Valencia ande alienando a xente. Puto club do carallo… 😉