3º ano triunfal

17 de Maio do 2010 publicado por o traveseiro

Hoxe cumprimos oficialmente tres anos e, coma supuña, non teño post especial para conmemora-la efeméride. Por mor da crise, haberá que celebralo con moita austeridade e coma se fose un día normal, ou sexa, cunha escolma de paridas de certa actualidade.

-Na web do Marca están a facer unha macroenquisa desas chachipiruli que fan para que a xente vote por dúas seleccións que cre que van pasar de cada grupo no vindeiro Mundial. A esta hora xa son 1.149 os entendidos que confían en que a Auténtica Vermella (Corea do Norte) pase á seguinte rolda no Grupo G polos 45.273 que controlan bastante e pensan que o fará Costa de Marfil, 99.894 indocumentados que apostan por Portugal e 131.494 que pensan que o fará Brasil e aos que hai que cantarlles “Nin puta idea, non tedes nin puta idea, nin puta idea, non tedes nin puta idea…” (con sintonía de Guantanamera).

-O vindeiro día 30 de Maio disputarase no Bernabeu un encontro amigábel entre os veteranos do Madrid e do Milan para recadar fondos para estuda-las causas da morte súbita. Zimmer103 ponme sobre aviso deste acontecemento mediante correio, e bota algo de luz sobre os motivos polo que acontecen este tipo de mortes: “pensaron se a coca, as putas e o alcohol ten algo que ver?? , esto paréceme inaceptábel, se queren facer algo util pola ciencia e pola dignidade dun deporte que morran durante o partido media ducia de vellouzáns por equipo!!”.

-Afeccionados do Fenerbahçe turco pediron a cabeza de Dani Güiza (“Policía, entréganos a Güiza”, berraban) tras perde-la liga cun equipo, o Bursaspor, que ten un orzamento igual ao que custou o dianteiro andaluz, o cal ademais fartouse a fallar goles no partido decisivo. Nunha ocasión vin unha reportaxe da familia e do barrio xerezano de onde é o tío e que teñan coidado co que din e fan, porque estes son capaces de pasar polo coitelo aos do Fenerbahçe, Galatasaray, Deportivo da Coruña, Besiktas e Bursaspor.

-As caixas de tabaco levarán imaxes impactantes dos efectos do fume para disuadir aos fumadores. Nós tivemos acceso a unha desas fotografías de gran crueza. Eu non son fumador, pero se fumase, ao ver en que me podería converter, xa corría a tirar tódolos pitillos polo váter.

-Un masoquismo que enferma: “Los celtistas de corazón no merecemos este suplicio,nos ahogan en nuestro sentimiento. Somos nosotros los que amamos desde niños esa camiseta; desde hace tres años es un masoquismo que enferma.” Calquera diría que é o comentario dalgún dos celtistas que len O Traveseiro e lles mola e lles fode a partes iguais a sabendas de que son do Depor, que va… nada máis lonxe da realidade: comentario dun tal Dr.Fparis á crónica da nova derrota do seu equipo.

Arquivado en Autobombo | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. Dokièh Escribiu:

    Mejor es la encuesta sobre el jugador más determinante del Barça durante esta temporada; más del 60% votó por Chygrynskyi (no sé si se me ha olvidado alguna “y”).

    Por cierto, parabens meu amigo! (o cómo se diga). Que cumplas muchos más, y con nosotros a tu lado, tocándote las ballings cual Negredo y árbitro asistente.

  2. Princi Escribiu:

    Noraboa crack, por moitos anos facendonos rir co bizarrismo que rodea o deporte rei.

  3. Mark Escribiu:

    pues cuidado con corea del norte, que ya ha dado la sorpresa alguna vez (bueno, sólo una pero fue muy gorda)… Y por las palabras de messi, cuidado también con dinamarca

    Felicidades!

  4. Samo Escribiu:

    Parabéns! A seguir sacando o balón das silvas!