Dous grandes acontecementos futbolísticos producíronme unha forte subida de tensión que me impediu actualiza-lo blogue. Por un lado, o magnífico debut da Furia Chollima no Mundial, competindo con toda dignidade perante a pentacampiona do mundo Brasil, que rematou pedindo a hora, a pesares de que eses podres de Manu Carreño, Maldini e Quique Flores empalmábanse cada vez que collía o balón Kaká, Maicon ou Luis Fabiano. A imparcialidade brillou pola súa ausencia na retransmisión de Cuatro.
E por outro, a derrota de España perante Suíza. Cando se estaba a xogar o partido tiven que aturar a conversa de dous pallasos nun case baleiro vestiario da piscina, un dicindo que non vía o encontro porque os suizos eran uns mantas e que el prefería ver a seguinte fase contra equipos fortes, e o outro desexando que palmara España, pero non por animadversión, senón porque segundo el non se sentía identificado co nome: «¿qué es eso de la Roja?¡ Es un invento para tener contentos a los separatistas. ¿Por qué se avergüenzan de decir España?!! Siempre fue España, coño!! ¡No la roja!» (golpeando o banco coa palma da man).
De seguido, algunhas novas de actualidade mundialista:
-Afeccionados mercenarios?

Polos trazos, son claramente naturais de Albacete
Onte na Radio Galega pedíanme explicacións sobor a falacia de que os afeccionados da República de Corea eran actores chineses. Resulta cando menos curioso que investiguen algo que nin lles vai nin lles vén en vez de botarlle en cara á Federación Española que lle paguen (e por ende, os españois) os gastos de desprazamento e entradas a Manolo o do Bombo, (os seus empregados do bar que rexenta en Valencia coñéceno por Manolo o do Biombo, porque os espía por un burato dun biombo namentres curran) un tipo que está máis forrado que un toureiro e que aínda por riba deixa o pavillón de España á altura do betún coa súa mala presenza e a do seu puto tambor, que é pior cas vuvuzelas porque ademais do ruído que fai é unha perigosa arma arreboladiza.
Para colmo, hoxe entérome pola prensa que un importante número de inmigrantes hindús en Sudáfrica torcen por España por non sei que movida de que simpatizan por Fernando Torres, e tamén que uns 300 españois vips presencian os partidos convidados polas súas empresas. Unha puta tomadura de pelo! E no resto das equipas idem de lenzo, pero claro, trátase só de foder aos norcoreanos. Algo estaremos a facer ben.
-Torturas por ver o Mundial
Milicianos da organización Al Shabab irromperon a pasada fin de semana no distrito de Afgoi, a 30 quilómetros ao suroeste da capital de Somalia, e secuestraron a trinta mozos, aos que torturaron e afeitaron a cabeza como marca de escarnio e castigo por ver os partidos do Mundial por televisión: «Estabamos vendo o partido Alemaña-Australia, cando os milicianos tiraron a porta abaixo, abriron fogo, golpeáronnos até que algúns de nós perdemos o sentido e logo arrestáronnos a todos». Queremos dende aquí mandar unha mensaxe de tranquilidade a tódolos seareiros que seguen os partidos da Corea do Norte por televisión, pois só atacan aos que vén partidos de seleccións occidentais e capitalistas. E aínda que non fose así tamén podiamos estar tranquilos, xa que nós estamos curados de espanto porque xa nos torturan bastante as retransmisións de JJ Santos, Paco González e compaña, bastante pior que o que che poidan facer os integristas.
-O aplastamento de «A Vermella»
Escrebe hoxe a filóloga Sandra Faginas na súa columna Linguas Vivas a orixe do termo Vermello: «Os nomes das cores son sempre femininos en galego como corresponde aos substantivos cor ou color que teñen este xénero, así se a cor é vermella, como é o caso de La Roja española, é debido a que na súa orixe estaba a palabra latina vermiculum, diminutivo de vermis, esa mesma que deu lugar posteriormente ao nome galego verme. Pois na antigüidade se para algo servían os vermes, [...] era para ser esmagados polos escribáns co fin de conseguir o seu sangue, que se convertía na tinta tan necesaria para gravar nesa cor os acontecementos do momento». Tras esta interesante lección, neste blog a selección de Corea do Norte pasará a chamarse só a Auténtica ou a Furia Chollima (a nós non nos esmaga nin dios), La Roja é o alcume popular e histórico da selección de Chile, polo que así a definiremos… e EL GUSANO será a partires de hoxe, a española. Visto o visto, pedimos encarecidamente aos creadores do grupo en Facebook «A mí la roja me la trae floja» que o substitúan por «El gusano que se lo metan por el ano».
-Cousa bonita

O director do Marca perde o cu por Maicon e Mourinho e a metade dos españois pola xa repetitiva Sara Carbonero. En Romanía son bastante máis afortunados porque teñen de presentadora da información deportiva a Corina Caragea. Só hai que ollar para os caretos que poñen algúns dos tipos do mural de detrás para facernos unha ideia do ben feitiña que é.
-Record para subnormais
Dúas mozas australianas que de seguro son retrasadas mentais, bateron o record de aturar 87 horas seguidas vendo fútbol por televisión, que estaba establecido en 86 por un holandés. Estiveron todo o rato vixiadas para non deixar de mirar a pantalla máis de cinco segundos, só podendo descansar cinco minutos cada hora e non beber máis de cinco cuncas de café ao día. A clave do seu éxito foi sen dúbida que non as obrigaron a visualizar ningún partido nin reportaxe futboleiro por Telecinco. Morrerían fixo.
-Negros no Mundial
Frase escoita hai escasos intres no bar durante o México-Francia: «Peroooo… hai muitos neghros neste mundial, non?»