Excursión a Portugal

27 de Xuño do 2010 perpetrado por o traveseiro

Lamentabelmente a Auténtica Vermella quedou apeada do Campionato do Mundo, mais como cantaban os Kortatu«aunque esté todo perdido siempre queda molestar». O Mundial segue para nós.

Por iso, a xente de Sei o que nos figestes… organiza unha viaxe a Valença do Minho para seguir dende os bares de alí o encontro que disputarán en Cidade do Cabo (aka Capetón) o seleccionado de Portugal perante Espanha. O lugar elixido para a quedada é a Praça do Pelourinho, e a hora ás 19:00 (hora portugalega), mais pedimos que a xente viaxe con tempo porque de seguro que haberá atasco nos accesos polos milleiros de galegos que se desprazarán. Mellor que sobre tempo que non que falte, así que os que anden sobrados del que se vaian dar unha volta pola vila para mercar toallas e xogos de cama.

Polo demais, agradécese portar bandeiras galegas e entoar consignas do estilo «Foi tudo uma artimanha, Valença não é Espanha, «Capetom, a nova Aljubarrota ou (Cristiano Ronaldo) «Antes eras um filho da puta mas agora és um colega de puta madre, és um colega de puta madre…»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 14 Grandísimas aportacións »

14 Comentarios

  1. Jenaro Jesus Marinhas Escribiu:

    No nome da plataforma cidadá «Sei O Que Nos Figestes… Nos Últimos 525 Anos» e no meu próprio, muitíssimo obrigado «O Traveseiro» polo apoio. «O Traveseiro» («travessão» em português brasileiro) também joga! :D

  2. Antihéroe Escribiu:

    Es lo que le queda al nacionalismo: esperar desgracias ajenas. Me voy corriendo a crear un grupo en Facebook para recaudar fondos para que Beiras corte el pelo.

  3. O Traveseiro Escribiu:

    @Jenaro Jesus Marinhas: Muito milhor Travesão que nom Travesseiro, que é umha almofada cas que se masturbam muitas brasileiras.

    http://otraveseiro.blogaliza.org/2009/11/09/un-blog-de-futbol-que-serve-de-consolador/

    @Antihéroe: Faime graza que sexas ti o que digas iso cando acabas de postear desexando a eliminación de Arxentina cando nin che vai nin che ven. O nacionalismo español nunca festexa as desgrazas alleas.

    Por certo, dende aquí aplaudir tamén a vitoria de Ghana perante os USA. Ver o careto que lle quedou a Clinton (e a Mick Jagger) resulta bastante reconfortante.

  4. a trave Escribiu:

    ainda melhor trave que travesseiro, com traves ninguém se masturba

  5. dfsda Escribiu:

    Tenéis que ir a Valença porque igual teméis ser hostiados por O Povo Galego, con el que os llenais vuestra bocaza de vanguardia hispanofóbica fracasada. O no? le teneis miedo a ver el partido en vuestros antros, o en los demás bares?

    Ni en Portugal os quieren , flipados.

    Ánimo a la selección de mi país y la de la gran mayoría de gallegos. Si no pasa, pues que gane Portugal. Aunque futbolisticamente es mejor la España barcelonista co Piqué, Puyol, Iniesta, Villa, etc, que el Portugal del chulo mandrilista de CR9

  6. Princi Escribiu:

    Eu quero unha camisola coma esa.
    Adiante Portugal!!!!!

  7. Antihéroe Escribiu:

    Yo no deseo la eliminación de Argentina, yo lo que denuncio es que desde que llevo viendo fútbol SIEMPRE han robado. Siento comunicar al personal que no me molan los chorizos.

  8. Mr Tichborne Escribiu:

    Cristiano Ronaldo, ese grande obstáculo para o reitegracionismo :)
    Algún de aquí debería irse tomando unha tiliña. Ou fumala. Cadaquén ten dereito a desexar que gañe e perda quen queira. Isto é un xogo.
    Pero xa estou pensando que sodes un pouco gafes, Traveseiro & Co. Non me apoiedes a Alemaña, que Messi lles pode meter un carro de goles e logo as consecuencias da mala ostia teño que sufrilas eu!
    Saúde e fúrmbol!

  9. otraveseiro Escribiu:

    Segundo el «Lo peor es aguantar a coruñesitos de mierda decir cosas como «qué competitivos son los argentinos» o «con la parte del grupo que les ha tocado merecen ganar el mundial».» Ollo, vive na Coruña e os «coruñesitos» que paran no seu bar que van por Arxentina lle dan de comer.

  10. Dokièh Escribiu:

    Por favor, postea algo de aquí al sábado en apoyo a Paraguay :P

  11. O Traveseiro Escribiu:

    Dokièh, Larissa Riquelme se despelota si Paraguay pasa a semifinales. ¿Qué mejor motivo que este para apoyarlos?

    http://bardeportes.blogspot.com/2010/06/la-promesa-de-larissa-riquelme.html

  12. Mr Tichborne Escribiu:

    Vexo que o tes calado… xa dirás que bar é.

  13. O Traveseiro Escribiu:

    Coñezo o seu bar, pero non lle vou facer esa putada porque a min tampouco me gustaría que mo fixesen. De tódolos xeitos el xa o ten dito, o cal non o entendo.

    Joder, e que o outro día pasei de facer unha entrevista para A Nosa Terra porque esixían publicar a miña foto… e logo hai xente como Antihéroe que ten un negocio e vai soltando por aí que «coruñesitos de mierda». Eu o flipo.

  14. Mr Tichborne Escribiu:

    Ben, el saberá. De todos xeitos o da tiliña o dicía máis ben non por Antihéroe, senón polo trolazo que firma pasando o dedo pola ringleira central do teclado, entre escumaraxos de rabia.

Olark Livehelp Apoiamos a Isaac Díaz Pardo