Inquisición Española: Deportivo

31 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

O Deportivo da Coruña xoga esta tarde un amigábel en Cardiff perante o clube local. Na páxina web oficial fan unha breve reseña do Depor con un título e unha imaxe que joder… semella que a publicou o propio administrador de Canaldeportivo.com, moi dado a este tipo de subnormaladas ditadas seguramente dende arriba.

Dende aquí quero aconsellarlle ao webmaster do clube galés (que non inglés, aínda que xoga a liga inglesa e non por elo deixan de ter selección de fútbol oficial… que loucura!) que tome exemplo da frase ao pé da imaxe, USE YOUR HEAD, que a cabeza está para algo máis que para suxeitar os ombreiros e para separa-las orellas.

E aos dirixentes do Deportivo recoméndolles que lean este artigo pero con moito coidado, non vaia a ser que se lles caia a cara ao chan da vergoña.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 4 Grandísimas aportacións »

Un futbolista na familia Pantoja?

29 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Estiven a pesquisar algunhas inmundicias retro-futboleiras para darlle de comer a Renaldinhos & Pavones e achei de casualidade, nas páxinas adicadas ao CFJ Mollerussa dun vello Don Balón Extra, a este fulano.

1. Ten os mesmos ollos que Paquirrín.

2. Se Paquirrín se deixara o cabelo un pouco máis longo con total seguridade o tería así.

3. Leva a cara con pinta de levar varios días sen barbear, coma Paquirrín.

4. Ten bigote, coma Isabel Pantoja.

5. Naceu na provincia de Sevilla, coma a Pantoja e o seu fillo.

6. Non chegou moi lonxe no mundo do fútbol, coma Paquirrín.

7. Xogou no Logroñés, e Paquirrín eeee… seguro que estivo algunha vez de viños por Logroño.

8. E se con todo isto non bastase… apelídase PANTOJA, un apelido que non é excesivamente común nin corrente na zona de Sevilla.

Fan falla máis probas? Señores e señoras, que o demo me leve se este tío non ten algún tipo de parentesco co clan Pantoja.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos, Pregunta para nota | 7 Grandísimas aportacións »

Uns vanse (a tomar polo cu) e outros nos deixan

26 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Sei que debería de publicar un post longo e elaborado sobor as baixas no Madrid de Raúl e Guti, sacándolle punta a todo o acontecido nas sendas roldas de prensa de despedida e demais… Non me presta moito, se iso máis adiante irei poñendo cousas deles, porque por suposto seguen xogando ao fútbol (poderoso cabaleiro don diñeiro).

Tan só deixar a foto que non publicarán nas galerías fotográficas especiais sobre el nos panfletos madridistas. E é que Raúl non sempre foi merengue, incluso contan as malas linguas que xa estando nos xuvenís dese clube ríase xunto ao seu amigo Álvaro Benito das derrotas do primeiro equipo. Era do Atlético, e a imaxe corresponde a unha visita a un deses programas infectos presentados por Consuelo Berlanga que fixo cando era cadete roxibranco xunto a Jesús Gil. O presidente pon polas nubes aos rapaces (máis tarde cargouse as categorías inferiores) e en especial a Raúl. O video aquí.

Pois nada, que eses píranse e outros nos deixan, porque non quero deixa-la ocasión de lamentar que esta fin de semana botaron o feche dous dos grandes portais galegos aos que tiña entre os meus favoritos para documentarme. Por unha parte, Vieiros, o decano da información dixital en galego, no cal tiñan unha sección («Do que se fala no blogomillo») na que de cando en vez poñían ligazóns a O Traveseiro.

E por outra, o Chuza! imprescindíbel para min, porque aínda que apenas participei nel, si que era unha fonte inesgotábel de información tanto da Galiza coma do mundo do que botaba man para escreber logo os post. Ademais, unhas cantas veces usuarios chuzaron os nosos post (captura superior), e iso logo repercutía nas estatísticas do blogue… as visitas subían coma a espuma!

Moitas grazas a ambos e ogallá que ese espazo que deixan na rede non quede baleiro moito tempo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 1 Grandísima aportación »

Comprobado: internet crea monstros

22 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Cando semellaba de todo imposíbel supera-la terrorífica foto de Lendoiro e Mista dándose unha aperta… fedellando pola internete acho estoutra estremecedora imaxe de Miguel «Pitufo» Pardeza e Víctor Muñoz abrazados. A foto foi tirada hai dezanove anos, e estes monstros vestidos coa camisola McYadra do Zaragoza celebran un gol ao Murcia na promoción de ascenso/descenso (depende polo lado que se mire) da remota tempada 90-91.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 1 Grandísima aportación »

Imos despotricar un pouco

21 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

-Villa, con L’Asturianu.
A primeiros deste mes celebrouse en Barcelona o congreso da Asociación por la Defensa de las Lenguas y las Culturas Amenazadas e, entre outras cousas, pediron a oficialidade da lingua asturiana, pois consideran que esa é a única medida que garante a súa sobrevivenza.

Súmase David Villa á campaña de apoio? Pola imaxe semella que si, máis a min o que me parece é que o pillaron nunha sidraría lendo o Marca, ofrecéronlle pousar coa reivindicación e aceptou sen problemas, coma Cañita Brava publicitando Renaldinhos & Pavones. Co croio que é mellor que non nos DEA A CARA, e moito menos a camisola, que é máis fea aínda. Por certo, que o que si sabemos que asinou Villa con seguridade foi a solicitude do 11 de Xullo coma festivo, por aquelo de que gañaron o Mundial. Aínda que o motivo me repatee, teño que recoñecer que para min é 100.000 veces máis xustificábel ese tipo de festa que todos eses festivos por santos, virxes, constitucións, resurreccións, natividades, epifanías e demais roios.

-»Nos vamos a follar a la Virgen del Pilar»
Non sabía con quen iniciaba a liga o Deportivo e así foi como mo dixeron.

-Pretempada do Real Madrid
O equipo merengue xa ten concertada unha mini xira por Estados Unidos, Alemaña e Bélxica. Se lles sobra algo de tempo gostaría de recomendarlles que se pasasen a xogar algún amigábel na pequena localidade francesa de Saint-Pandelon, onde a magnífica climatoloxía resulta ideal para os adestramentos, ao igual que as froitas e legumes que alí se cultivan.

-O equipo dos mortais.
Un dos comentarios á nova do AS da fichaxe de Filipe Luis polo Atlético, obra e gracia dun tal Beffheart: «Caia quien caiga, le pese a quien le pese. ATLETICO DE MADRID, primer equipo de los mortales de este pais, omitimos a los amigos de los banqueros y de las teles… Detras del Atlety va el Valencia, Bilbao, Betis y Sevilla, por este orden, lo sabe todo el mundo». Pedimos encarecidamente aos que o recoñezan que non lle peguen na cabeza, que está estudando.

-Prohibición das (putas) vuvuzelas.
Os equipos ingleses do Arsenal, Tottenham e West Ham son os primeiros clubes que prohibirán nos seus campos as famosas trompetas de plástico.

Agardemos que tomen ese exemplo xa non no resto dos estadios do mundo, senón tamén nos ghettos para vellos, tamén coñecidos coma centros de maiores, como este da Coruña. Pretenden mantelos entretidos deixando xordos aos compañeir@s que escoitan perfectamente e de paso tamén á veciñanza? Non sabemos.

-Tódolos árbitros aforcados morren empalmados.
O paraguaio José Pedroso tentou estrangular a un árbitro en pleno partido e caéronlle 27 partidos de sanción… e iso que non o conseguiu. Amigo Pedroso, se non vas remata-la faena xa non te poñas a elo. O resto é face-lo parvo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | 4 Grandísimas aportacións »

25 anos da retransmisión do século

19 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

A Radio Televisión de Galicia cumpre 25 anos e na súa segunda canle estano a celebrar reemitindo partidos de fútbol e básquet de hai bastantes anos. A noite do sábado sorprendéronos botando un encontro do Trofeo Cidade de Vigo de 1985 entre o Real Valladolid e o Dinamo de Kiev. Papeime a derradeira media hora de xogo, do que saco cousas como que…

1. Os casteláns eran unha panda de mataos como agora, pero menos, porque contaban nas súas ringleiras con  xogadores interesantes coma os chilenos Aravena e «Pato» Yáñez, con Fenoy e, coma curiosidades, co ex-treinador do Celta, Eusebio e o actual director deportivo vigués, Torrecilla. Por parte dos ukranianos, que viñan de facer dobrete na Unión Soviética, formaban xente coma Blokhin, Zavarov, Mikhailichenko ou Demyanenko. O craque Belanov seica non xogou aquel encontro.

2. A retransmisión era cutrísima, se non foi a primeira que fixeron pouco lle falta, xa non pola realización, que era pasábel, senón polos comentarios. Pola voz, semella que o comentarista principal era Ovidio González, moi paradiño el, e que ademais narraba nun marcado galego-castelán. Ademais o tío era máis de baloncesto, que era do que chanaba. Lembro velo na Polideportiva de Riazor cando el estaba a ver de incógnito un partido do desaparecido C.A.B Coruña entre o público e a xente descubriuno e comezouno a putear. Vaia risas, e Ovidio, até o carallo.

3. Nun momento da retransmisión anuncian a fichaxe de Baltazar polo Celta (o nomean Baltasar, coma o rei mago), que debutara no torneio e din que a ver que tal lles resulta. Pois a verdade é que deulles un bo rendemento.

4. Balaídos está practicamente igual que a día de hoxe, seguramente en mellor estado daquela. A única diferenza visíbel está en que non hai butacas (só nas tribunas) e os bancos de suplentes, soterrados e de cemento. Un deles, pintado coa bandeira galega institucional. O outro non sabemos.

5. As camisolas do Dinamo non tiñan visíbel a marca, e as do Valladolid eran da coñecida fábrica de bañadores, e por aquelas datas gran futboleira, Meyba. Ian totalmente de morado, pero as camisolas eran máis claras que o calzón e as medias. Semella que os responsábeis da lavandaría pucelana descoñecían a máxima de que as camisolas sempre hai que lavalas do revés e nunca secalas ao sol.

6. O Valladolid ataca e así nolo conta Ovidio (textual): «Xogada de perigo do Valladolid que finalmente Víctor en moi malas CONDICIONES puido evitar que o balón non salise fóra de banda pero xa en unhas CONDICIÓS pésimas para poder centrar en CONDICIÓNS«. Nunha soa frase, a mesma palabra dita de tres xeitos diferentes. Por certo que a xogada de Víctor é tristísima e remata cunha cesión ao porteiro, que daquela estaba permitida pero a ves agora e flipas.

7. O reporteiro que está a pé de campo que, coma non sei como se chama, chamareille Saro Carboeiro, polo papel que desempeña, dá unha clase maxistral de seguemento do xogo e estratexia vallisoletana. Tamén textual, o digo polos castelanismos: «Estamos vendo como o Real Valladolid eeeeh… estáááá… dando unhas mostras dunha gran forza física e defende con tódolos xogadores e ataca con seis, sete e hasta oito homes en un perfecto acordeón». Se cadra Vicente Cantatore poñíalles este temazo nos adestramentos.

8. O mítico Aleksandr Zavarov chamábase así para todo o mundo menos para os da Galega, que, a parte de pronunciar Savarov, tamén o escrebían. Descartamos que sexa por seseo, porque tampouco dicían Selta.

9. Saro Carboeiro albisca a presenza de dous xogadores do Valladolid realizando exercicios de quencemento: «Detrás da portería de Mihkailov estamos vendo a dous xogadores do Valladolid que están facendo eeeeh… estanse quentando, supoñemos que para substituír a algún compañeiro«. Deben ter frío e están a quentarse cunha fogueira detrás da portería. E supós ben, amigo Saro, porque non creo que vaian substituír a un do outro equipo nin ao árbitro.

10. Chegan os trocos no Dinamo: «E nestos momentos o equipo soviético fai a súa primeira… o seu primeiro cambio, retírase do campo eeeeh… o xogador Yevtushenko e é substituído por Mi…misabisenko (Mikhailichenko). Eeeee… bueno, o xogador que se retirou do campo eeeeeh… foi Blokhin, precisamente o goleador desta tarde».

11. O xogo rematou con catro goles a dous para o Dinamo de Kiev, marcando para estes no primeiro tempo dous Blokhin e na segunda Zavarov e Mikhailichenko, e para os casteláns fixérono Yáñez e Jorge. Atención á metedura de gamba do «2º TIEMPO».

Permanecerei atento á programación deste «25 anos de deporte» para ver se botan outra reliquia destas, iso si, tendo perto da tele unhas boliñas de naftalina, non se me vaian a apolillar os sofás.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Maldita TV | 11 Grandísimas aportacións »

Paul cagará sobre ZP

16 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Comentabamos no anterior post que ían trasladar ao polbo Paul a un zoo madrileño. Ben, pois seica os alemáns decatáronse das nosas intencións de atentar contra a súa vida, que rapidamente botáronse atrás.

Paul, merécelo por adiviño e xenocida

É no xornal deportivo AS onde temos que ler a espeluznante nova de que «la localidad española de Carballino ha nombrado al pulpo Paul hijo predilecto de la región, un ‘honor’ y una ‘satisfacción’ para la propia Munzig (voceira do acuario), quien anunció que posiblemente la próxima semana el alcalde del pueblo gallego visitará al ejemplar para entregarle una placa y una pequeña escultura». Para empezar, a localidade da que falan non é Carballino, senón O Carballiño, se queren poñer unha cafrada coma deus manda que digan El Roblecito, e por outra banda… quen lle vai pagar ao notas este a viaxe a Alemaña e para tremendísima parida?

Unha viaxe de tódolos xeitos ridícula, porque ao alcalde bastaríalle con achegarse mañá (por hoxe) a Madrid e ver ao polbo persoalmente. Porque como di no título da entrada e segundo conta El País, Zapatero está, como tódolos españois, tan namorado do puto polbo que lle pedirá como xefe do goberno QUE LLE CAGUE POR RIBA. Rajoy, aproveita ti tamén!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | 1 Grandísima aportación »

Fela(cita)cións aos campións

15 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Dixera que ía deixa-lo temiña Mundial-España aparcado até máis tardar, mais non debo seguir escorrendo o bulto ante a perrencha dalgún. Teño que felicitar á selección española, hostia!

Así pois, os meus parabéns ao equipo adestrado por Simón Cabido «Doña Croqueta»: De esquerda a dereita e de arriba a abaixo… Josema Yuste, Eloy Arenas, Raúl Sender, Andrés Pajares, Alfonso Lusson, Luis Sánchez Polack «Tip», Juanito Navarro, Fernando Conde, Fernando Esteso e José Luis Coll.

Porque de feito estes días foron moitos os que saíron do armario recoñecendo que de cativos tiveron o traxe de Arconada, que vibraron co España-Malta ou que levaban un bandeirín da rojigualda na roda dianteira da bici. Eu tamén recoñezo todo iso e engado que lamentei profundamente a derrota perante Bélxica en México’86. Por sorte, pouco máis tarde, non sei se tivo que ver que un alma caritativa me dera un raquetazo na cachola xogando ao ping-pong, que deixei de ir por España. Agardo que, coma min, moitos nenos galegos (e non tal) rematen caendo da burra, pero sen golpes na cabeza, por vontade propia.

Tres cousas máis alleas a isto que non podo deixar no tinteiro:

1. A Facenda pública reclámalle ao expresidente do Celta, Horacio Gómez, e ao seu consello a nada desprezábel cantidade de 33’5 millóns de euros pola súa mala xestión. Penso que pode facer fronte tranquilamente a esta débeda pola fortuna que amasou xa nos anos oitenta coma pinchadiscos en programas infantís, e máis tarde coma produtor de viño, cervexas e gaseosas.

2. Parece ser que o chivato de Paul vai ser trasladado ao zoo de Madrid para que morra de vello (disque lle quedan poucos meses). Moito mellor para nós, que así nos queda máis perto para tentar de cumpri-la nosa promesa de secuestralo, mazalo contra as pedras e xantalo á feira, en caldeirada, á mugardesa… xa veremos. Tampouco se descarta darlle morte alí mesmo co método do secador ou radio enchufados e tirados ao acuario para que as piche electrocutado.

3. Os «BOISANBOIS». O meu vello onte, dicindo non sei que dos BOIXOS NOIS.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Defecacións verbais, Espanholadas | 5 Grandísimas aportacións »

Cambio de rumbo

13 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Non podo negar que xa tiña ganas de que rematara o Mundial para que o blogue retornara á súa temática habitual, deixando tranquila até máis ver á selección pequeno-imperial e poñendo o noso punto de mira nas novas e mediáticas fichaxes do Real Madrid, en Guti (hai xente que xa o leva tatuado no cu), nas divertidas equipacións da marca deportiva Joma…, en Raúl (retírate xa, joder!), Del Nido, Lopera, Sergio González, Andy & Lucas, Ramiro Amarelle… de seguro que todos terán o seu espazo aquí nos vindeiros tempos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 5 Grandísimas aportacións »

Sacrilexio

11 de Xullo do 2010 perpetrado por o traveseiro

Disque non había máis sitio na páxina web oficial do Deportivo para poñe-la bandeirola de marras, que tiveron que plantala xusto enriba do emblema do Clube, que para nós, e penso que para calquera afeccionado de calquera equipa independentemente de onde sexa… É SAGRADO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Espanholadas | 10 Grandísimas aportacións »

« Entradas Anteriores

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo