Fela(cita)cións aos campións
15 de Xullo do 2010 perpetrado por
o traveseiro
Dixera que ía deixa-lo temiña Mundial-España aparcado até máis tardar, mais non debo seguir escorrendo o bulto ante a perrencha dalgún. Teño que felicitar á selección española, hostia!
Así pois, os meus parabéns ao equipo adestrado por Simón Cabido «Doña Croqueta»: De esquerda a dereita e de arriba a abaixo… Josema Yuste, Eloy Arenas, Raúl Sender, Andrés Pajares, Alfonso Lusson, Luis Sánchez Polack «Tip», Juanito Navarro, Fernando Conde, Fernando Esteso e José Luis Coll.
Porque de feito estes días foron moitos os que saíron do armario recoñecendo que de cativos tiveron o traxe de Arconada, que vibraron co España-Malta ou que levaban un bandeirín da rojigualda na roda dianteira da bici. Eu tamén recoñezo todo iso e engado que lamentei profundamente a derrota perante Bélxica en México’86. Por sorte, pouco máis tarde, non sei se tivo que ver que un alma caritativa me dera un raquetazo na cachola xogando ao ping-pong, que deixei de ir por España. Agardo que, coma min, moitos nenos galegos (e non tal) rematen caendo da burra, pero sen golpes na cabeza, por vontade propia.
Tres cousas máis alleas a isto que non podo deixar no tinteiro:
1. A Facenda pública reclámalle ao expresidente do Celta, Horacio Gómez, e ao seu consello a nada desprezábel cantidade de 33’5 millóns de euros pola súa mala xestión. Penso que pode facer fronte tranquilamente a esta débeda pola fortuna que amasou xa nos anos oitenta coma pinchadiscos en programas infantís, e máis tarde coma produtor de viño, cervexas e gaseosas.
2. Parece ser que o chivato de Paul vai ser trasladado ao zoo de Madrid para que morra de vello (disque lle quedan poucos meses). Moito mellor para nós, que así nos queda máis perto para tentar de cumpri-la nosa promesa de secuestralo, mazalo contra as pedras e xantalo á feira, en caldeirada, á mugardesa… xa veremos. Tampouco se descarta darlle morte alí mesmo co método do secador ou radio enchufados e tirados ao acuario para que as piche electrocutado.
3. Os «BOISANBOIS». O meu vello onte, dicindo non sei que dos BOIXOS NOIS.
Arquivado en Defecacións verbais, Espanholadas |
5 Grandísimas aportacións »





Xullo 15th, 2010 ás 10:47 a.m.
Traveseiro tú no lo notas pero se te está poniendo una cara de campeón del mundo q
Xullo 15th, 2010 ás 10:47 a.m.
(Ahora sí)
Traveseiro tú no lo notas pero se te está poniendo una cara de campeón del mundo que da gusto
Xullo 15th, 2010 ás 1:23 p.m.
As présas por comentar fai que te trastabilles, nótase que che poño nervioso.
Como é a cara de campión?
Xullo 15th, 2010 ás 4:44 p.m.
jajajaj así sí…
Gracias (?)
Xullo 15th, 2010 ás 5:17 p.m.
Xavi Gracias! (gran centrocampista y mejor persona)