Comprobado: internet crea monstros

22 de Xullo do 2010 publicado por o traveseiro

Cando semellaba de todo imposíbel supera-la terrorífica foto de Lendoiro e Mista dándose unha aperta… fedellando pola internete acho estoutra estremecedora imaxe de Miguel “Pitufo” Pardeza e Víctor Muñoz abrazados. A foto foi tirada hai dezanove anos, e estes monstros vestidos coa camisola McYadra do Zaragoza celebran un gol ao Murcia na promoción de ascenso/descenso (depende polo lado que se mire) da remota tempada 90-91.

Arquivado en Adefesios | 1 Comentario »

Comentarios

  1. Michijhense Escribiu:

    Como di sempre miña nai: “A culpa é do interné ese que puxestes ahí”.
    Bueno, pensaba que xa quedara un pouco anticuado, pero si o prefires volvo ó meu mítico Michijhense 😉