Hai uns días mudei de móbil e tiven que asegurarme de gardar e copiar números, enderezos e outras lerias gardadas na tarxeta e na memoria do teléfono non vaia se-lo demo que os perdera. Xa de paso boteille un repaso ás mensaxes de texto que se atopaban por aí, sen borrar, dende fai bastante tempo.

Acho bastantes en clave futboleira, a meirande parte delas curtas tipo «Como vai o Depor?», «Quien marcó los goles?», «Irureta kanpora!» e polo estilo. E logo hai outras, que podemos clasificar en tres grupos: «Quedadas», «Mundial» e «Sen clasificar».
1. QUEDADAS: Para ir ao estadio, para tomar algo na previa dos partidos ou para velos nos bares polo Pay Per View.
«Haberá k ir ver a vitoria do depor en santander, kedamos as 5 onde sempre? Confirma con perdida.»
Ao final quedamos onde sempre e gañamos en Santander… coma sempre.
«Nos vemos en el campo, k le estoy arrancando la cabeza a varios asturianos.»
Previo a un partido contra o Sporting de Xixón.
«Melón, kedaremos pa ver al fachadolí?»
Quedamos, e non sei para que, porque unha vez máis saímos escaldados de Zorrilla. Menos mal que este ano o Valladolid está en segunda.
«Cáspitas, kedaremos pa ver o fuchebole, eu chegarei as 5 e pico como e habitual en min confima con perdida.»
O habitual en min é chegar con tempo para pillar unha boa mesa. Son un pringao.
«Hoxe vas ir o fuchebol? Yo iré pero voy directo.»
Isto é o que se coñece coma fútbol directo.
«Pailán, kedamos a las 5:15 pal futbol. Te llamaba xk m encontre a todos los del sevilla x el paseo menuda pinta de jichos teñen os futbolistas.»
Na Coruña, jicho ten o significado de ionqui-delincuente, navalleiro…
«Hoxe non vou o futbol k tou en gijón por certo vimos 5 ultrabois (no lloreis mas..) y uno llevaba una camiseta 100% fascista. Viene el bilbao, kien lo verá correr.»
Os ultras de Xixón, correndo maratón.
2. MUNDIAL SUDAFRICA 2010: Polo que se ve, o Mundial foi unha época de grande tránsito intestinal e mensaxes de texto. Velaí van algúns:
«Santacruz, patriota galego!»
Antes do partido Paraguai-España, tódalas nosas esperanzas estaban postas no actual dianteiro do Manchester City.
«Sinto polo Pelusa e cago na mao do demo de onte. Contra Espanha campanaria, sempre.»
En cuartos de final, Arxentina é eliminada por Alemaña e Ghana tivo a vitoria a un paso pero unha man do uruguaio Suárez e posterior fallo do penalti truncou a fazaña africana.
«7 cabezas nucleares apuntan xa cara Lisboa, filhos da puta!»
Portugal mételle 7 goles a Korea do Norte, había que vingarse dalgún xeito da aldraxe e esa era unha boa idea.
«O intelectual xefe do Riveira (penha de Filipe Luis) torce pola Italia. Um seareiro dilhe que a Italia é o anti-futebol e ele retrucalhe que ‘o Anti-Cristo é um Cristo. E o antifutbol é fútbol’.»
O dono do bar da Peña Deportivista Filipe Luis filosofando.
«Colgastes a bandeira da nosa selección a galega? Eu si.»
Non a poño o 25 de Xullo e a vou poñer polo fútbol? Non, ho.
«Como dixera Trillo pasando revista ás tropas de El Salvador: Viva Honduras! Que Deus os colha colgados dos campanarios.»
España xogaba contra Honduras na primeira fase do campionato.
«Arestora nom sei por quen vou torcer. Forza vermelha e amarela! (Canarinha, quer dizer).»
That is de question, enfróntanse Brasil e a Auténtica Korea e asáltanos as dúbidas.
3. SEN CLASIFICAR: Mensaxes variadas.
«Xa o dicía Caparrós, o importante é a finalización».
Ligar sen chegar a consumar, serio problema para este home.
«Das grorias desportivas que kaspean pela €spanha…! Visca el Barnabeu! Gora Vallekas askatuta!»
O Barcelona acaba de meterlle o famoso 2-6 ao Real Madrid na súa casa.
«Aproveitando o rebumbio, Lendoiro vende o nicho onde xaz sua nai.»
Extracto dunha mensaxe non futboleira pero co presidente do Deportivo coma protagonista.
«Y menos mal que se ganó. Carecemos de talento para superar el juego defensivo y los rivales necesitan poquito para hacernos gol».
Rematabamos de gañar pola mínima ao Málaga e eu só lle puxen algo así como «Damos puta pena». Pero claro, non me decataba que este amigo tiña carné de adestrador e bastante labia, e as súas mensaxes longas e sen abreviaturas. Xa hai tempo que non o vexo, pero lembro que molaba escoitalo falar de fútbol.
«Furbo, touros e turko-surf.»
Non hai dios que entenda isto.
«Hala Haén! Puta Linare!»
Pintada feita de seguro por algún turista xienense na Torre de Marathon, no campo de Riazor, e copiada por este colega á súa maneira (a verdadeira pon Jaen e Linares).