Contos asombrosos
21 de Outubro do 2010 perpetrado por
o traveseiro
Acabo de descubrir que o coñecido escritor e estrela da Liga Nacional de Billarda, Xan Rodiño, xogou ao fútbol profesional nas ringleiras do Compostela entre os anos 1986 e 1993, na posición de defensa, e coñecido futbolísticamente coma JUAN.
Grazas á imaxe escaneada dun extra da revista Don Balón da época, comprobamos que Xan Rodiño seguía as tendencias perruqueiras importadas principalmente polos futbolistas do leste de Europa, cunhas espectaculares greñas que non tiñan nada que envexar ás dos Skuhravy, Ziober, Matejic, Kosecki ou Radchenko.
Á marxe desta nova que debía ser publicada por forza maior, estas son outras cousas dignas de teren cabida aquí:
- O concello asturiano de Cuideiru (Cudillero para os españois) inaugurará campo de fútbol o vindeiro tres de novembro. O pleno municipal acordou a denominación de LA ROJA para estas instalacións, porque segundo o alcalde, o nome «conlleva valores como el esfuerzo conjunto, la unidad y el trabajo como herramientas imprescindibles para alcanzar grandes logros». Estou dacordo, claro que eu non falo precisamente de fútbol, algo do que tamén se decataron os concelleiros pixuetos do PP, que non votaron a prol desa denominación.
- Unha vez máis, a solución aos problemas do Deportivo están nas enquisas da segunda páxina de La Opinión. Un xoven viandante cre que habería que fichar «un delantero centro que meta doce goles de una vez«. Canto dano fixo Oliver & Benji a toda unha xeración! E unha señora opina que debería voltar a xogar Fran no Deportivo. A pesares de que Fran ten máis de corenta tacos a idea non é tan descabelada vendo aos que hai no campo.
- Os afeccionados do Deportivo sempre lle estaremos agradecidos ao adestrador Juan Ramón López Caro por quitarnos de enriba a Rodolfo Bodipo levándoo a xogar a Romanía, aínda que por desgraza, o dianteiro sevillano-guineano voltou. Menos mal que o secretario técnico do Elxe CF, labor que compaxina co seu traballo na Organización de Cegos, contratouno para o seu equipo. Como dicía, estamos en débeda con López Caro, pero iso non quita que saibamos de sobra que é un soberano paquete como técnico e ademais un grandísimo peseteiro. En Romanía foi fichado coma unha estrela e ás poucas semanas, debido aos malos resultados, xa non contaban con el, pero para non pagarlle, o patrón fíxolle mobbing para que se pirara (até tiña que andar con escolta).
Finalmente, renunciou por non poder atura-la presión. Unha situación bastante desagradábel segundo unha anotación no Twitter de Renaldinhos & Pavones, unha ferramenta que cando me decida a usar xa estará caduca: «La situación de López Caro en Rumania me recuerda los telefilms de Sábado por la tarde de sufridas madres solteras adolescentes de Antena 3″. Os que vimos algún deses bodrios piltrados no sofá os sábados pónllenos os pelos coma escarpias ao imaxinar o calvario que debeu sufrir López Caro.
- Os cachorros da Auténtica Vermella, a selección sub-20 da República de Corea, gañaron o Campionato de Asia disputado na cidade chinesa de Zibo contra Australia por 3-2, algo que xa conqueriran en 1976 e hai só catro anos na India. A grande estrela da noite, o dorsal número 16, Jong Il-Gwan. Seguirémolo de perto.
Arquivado en Actualidade |
5 Grandísimas aportacións »





Outubro 22nd, 2010 ás 8:04 p.m.
lo de lópez caro es para hacérselo mirar, allá por donde pasa no deja más que mal rollo y podredumbre. viendo sus antecedentes, si los rumanos le han puteado, por algo será.
Outubro 22nd, 2010 ás 9:51 p.m.
Non me jodas que coñeces a este tio? estiven varias veces tentado a metelo no «fútbol pre-metrosexual», se levara unha camisa de flores levaría moito tempo posteado en Renaldinhos.
Outubro 24th, 2010 ás 9:40 p.m.
@Mark: No quiero ni pensar donde estaría la selección española sub-21 con este tío aun entrenándola.
@Pableras: Un exfutbolista diferente. Namentres a maioría dos que ser retiran (podres de pasta) se pasan o día «metiendo en un agujero bolas con un palo», Xan Rodiño, entre outras facetas, pírase á selva boliviana a ensinar deportes populares galegos a nenos.
Outubro 27th, 2010 ás 11:12 a.m.
impresionante xavi, o de Xan Rodiño é un caso extraordinario, despois do Aberto da Faba en Lourenzá estivemos botandolle un vaso e entre risos saíu o tema de ser «exfutbolista de élite» e cometou a foto no Don Balón que ti chantas , unha pasada o universo de éxitos brutais que entre tod@s estamos construindo contra o zoar dunha B.S.O establecida capitaneados polos cachorros da Auténtica vermella !!
Outubro 27th, 2010 ás 11:03 p.m.
Era defensa, e chamábanlle » O carniceiro de Portonovo».
Partiulhe as pernas a un pobre rapaz de doce anos que estaba na grada, so porque estaba a mascar chicle e lhe ponhia nervioso.
Foi ahí cando Xan deixou de comer carne contaminada con clembuterol.