-Real Madrid, ex-puterío.
Diego Armando Maradona: «Cuando llegó Mourinho, el Madrid era un puterío». Estou de acordo, agora coa chegada do portugués (home de gran cultura e coñecedor de cinco idiomas), xa non só é un puterío, tamén un lupanar, casa de lenocinio, mancebía…
-Odio eterno á medicina deportiva moderna.
Os xogadores do Hércules de Alacante beberán bochas de auga de mar do Canal da Mancha para evitar lesións e Juca e Guardado, do Deportivo, meteranse nunha cámara hermética equivalente a estar a 12 metros de profundidade na auga, neste caso para cicatriza-lo tecido lesionado. O mellor de todo é que tanto uns coma os outros vanse seguir lesionando. Apostamos algo?
-Non disparen ao campo de fútbol.

A imaxe tirada de El País amosa os danos causados pola artillería norcoreana na illa de Yeonpyeong. Congratúlanos saber que non se gastaron proxectís en esnaquiza-lo campo de fútbol que se apreza na parte superior dereita, porque para iso xa hai xeitos máis tradicionais: os xabaríns.
-Tiran máis dúas tetas que dúas carretas.
Un vello que para no meu choio díxome que hai un ruxe-ruxe que di que Angel Lafita podería voltar ao Deportivo porque disque a súa muller non se atopa a gusto en Zaragoza. Por certo, que o vello referiuse a Lafita como Delasita (!).
-Oferta: esgarros a 600 euros.
O Comité de Competición multou ao Real Unión de Irún con 600 euros porque afeccionados locais cuspiron sobre un árbitro asistente, segundo reflectiu o acta: «Aficionados, que animaban al Real Unión Club, se encontraban detrás suyo lanzando escupitajos sobre él, alcanzándole en la pierna y la espalda». Estes bascos, cada día apuntan máis baixo.
-Vazva, até na sopa.
O que outrora era Guru e Loreak Mendian, todo quisque levaba a flor de marras en roupa e colantes no carro, agora é Vazva. O rapaz ou rapaza que non leve unha camisola ou suadoiro co logo desta marca de roupa surfeira xa semella raro de collóns. Pois o outro día contáronme que a tenda é propiedade dun tal Alberto Vázquez e Oscar Vales, de aí o nome, e que o segundo é irmán do precoz (tanto no debut coma na retirada) futbolista Marcos Vales, e fillo do que fora tamén xogador Pepe Vales.
-Os señoritingos do Espanyol.
Polo visto, cada vez que nun fondo do campo de Cornellá berran puta Barça o resto do campo asubía a estes afeccionados porque «dan unha mala imaxe do clube». E digo eu… asubían no Camp Nou aos que cantan «Perico que vuela, perico a la cazuela» ou «Si alguna vez he de matar será un perico de Sarriá»? Dubídoo bastante.
-Compra de partidos.
Un comisario de policía asegura que o Celta baixou a segunda na tempada 2006-2007 por culpa da compra de partidos. Eu penso que o Celta descendeu porque sacou 39 puntos dos 114 posíbeis. Respecto a que tenten levar o tema aos tribunais… en fin, que calquera clube cos seus antecedentes xa non o faría.
-Pintoresco Lendoiro.
O presidente do Deportivo é o prota dun cadro da artista Pilar López Román, que expón os seus cadros no Hotel Meliá María Pita até o 8 de Xaneiro. Visitando a web da pintora vexo que comparte protagonismo na categoría de «ilustres paseando baixo a choiva» con Jabo Irureta, Arsenio Iglesias e co seu excompañeiro de pupitre, o inefábel Paco Vázquez.