Higuaín, acosado polo gafapastismo radical

7 de Xaneiro do 2011 perpetrado por o traveseiro

Vin en varios medios as louvanzas que recibiu Gonzalo Higuaín por aturar estoicamente e cunha exquisita educación o acoso dunha avalancha de xornalistas tras chegar o outro día ao aeroporto de Madrid, durante os, disque, oitenta metros que van dende a terminal ao seu carro.

A verdade é que vendo as imaxes, o da paciencia de Higuaín ten mérito, pois calquera no seu lugar, e sendo perseguido por ese gafapasta con peiteado tipo dirixente de Novas Xeracións do PP perguntándolle «¿te operas, te operas?» unha de dúas, ou escachaba coa risa (penso que é o caso porque se vos fixades, evita mirarlle á cara para non rirse) ou simplemente sóltalle que «Vos si que vos tenés que operar cuando te meta la grabadora por el recto, ¡pesado!».

Bola Extra: Os perigos do Twitter.
Marvin Morgan, futbolista do Aldershot Town, da cuarta división inglesa, foi suspendido de emprego e soldo polo seu clube despois de que escribira na súa conta de Twitter que «Gustaríame agradecer aos seareiros que me apuparon fóra do campo. A onde nos vai levar iso? Agardo que morran todos!»

ACTUALIZACIÓN:
Segundo nos comenta un cidadán anónimo, o activista gafapasta trátase dun tal Antón Meana, de Radiomarca, que a parte de reporteiro deportivo tamén é grande cinéfilo e crítico televisivo. Atención ao que defeca na súa conta na puta rede social esa do twitter: «La última temporada de Física o Química es mucho mejor que la del Barça de los 6 títulos». A partires de agora haberá que facerlle unha marcaxe especial, seguilo ben de perto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 5 Grandísimas aportacións »

5 Comentarios

  1. Antihéroe Escribiu:

    Bueno por lo visto ayer en Riazor sólo se pueden sacar dos conclusiones

    a) Lo de ayer fue un pequeño paso para el Barcelona y un gran paso para el descenso

    b) No fue una goleada fue una chaquetilla

  2. Anónimo Escribiu:

    creo que es anton meana, el ‘pijo’ de radio marca

  3. O Traveseiro Escribiu:

    @Antihéroe:
    Para o descenso de quen? Uf, si, non me decataba que o Racing, Sporting, Málaga e Osasuna sacáronnos un punto! Ademais, estes equipos non van perder ningún co Barcelona. Deus santo, xa vexo a boca do inferno da Segunda!

  4. Antihéroe Escribiu:

    El que avisa no es traidor amigo galaico

  5. Tweets that mention o traveseiro » Blog Archive » Higuaín, acosado polo gafapastismo radical -- Topsy.com Escribiu:

    [...] This post was mentioned on Twitter by Brais Velo . Brais Velo said: RT @alrirey: Que grande el artículo de O Traveseiro sobre @antonmeana http://bit.ly/f6UykS [...]

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo