666 posts!!

20 de Febreiro do 2011 publicado por o traveseiro

Pois si, señores e señoras, esta é a entrada número 666… das publicadas, claro, por aínda teño 15 coma borradores. Unha barbaridade, sobre todo se temos en conta que hai case nada celebramos o número 500.

Xa di a Biblia, no libro do Apocalipse Now, que “aquí hai sabedoría: O que ten entendemento, conte o número da besta, pois é número dun home. E o seu número é seiscentos sesenta e seis”. Non é do todo certo, porque por unha banda non todos os que se pasan por aquí son sabios nin moito menos, e por outra, e segundo un recente estudio que está a gañar adeptos identifica o 666 non cun home nin ser vivo, senón cun obxecto… INTERNET!!

Así que os que padecedes de Hexakosioihexekontahexafobia xa estades collendo a porta e saíndo escopetaos, e os que non, ficar un intre porque vos teño que contar un par de cousiñas de certa actualidade e que teñen coma protagonistas a forzas satánicas, na persoa de Ruíz-Mateos primeiro e ao poder xudicial inglés segundo.

1. O ataque dos clons.

Opus Dei oh no!!

O Rayo Vallecano, xunto con outras empresas da Nueva Rumasa, entra en Lei Concursal, e estes fenómenos da natureza son algúns dos seus directivos: o patriarca Josemari e os seus seis fillos varóns, todos cuspidiños, durante a rolda de prensa ofrecida o pasado xoves en Madrid. Podemos facernos unha idea da catadura moral deste persoeiro, pero sen saír do fútbol, precisamente onte vin unha reportaxe na TVG-2 sobre a eclosión e afundimento do Compostela, e, a raíz da vitoria na promoción contra o Rayo, Caneda conta a intrahistoira do ascenso a Primeira (textual): “E me acordo que me dixo Ruíz-Mateos: ‘José María, vós podedes ascender pro ano, pero nós non podemos descender este ano porque me xogo cinco ou seis mil millóns de pesetas. Eu douche mil millóns de pesetas, quinientos hoxe e quinientos mañá, e vós perdedes tres cero’.”

2. Medidas esaxeradas.
Coma practicantes do humor negro e irrespectuosos que somos normalmente coas desgrazas alleas, manifestamos o noso estupor ante a policía e xuíces ingleses, que detiveron a un seareiro do modesto Crawley Town por burlarse da traxedia aérea que custou a vida a oito xogadores do Manchester United hai 53 anos. O tipo, de 19 anos, sae nun video musical no que coa man imita o esborralle dun avión e logo usa os dedos para contar un, nove, cinco e oito para representar 1958, o ano da traxedia. O castigo, de todo esaxerado, consiste en non poder presenciar un partido na súa puta vida. Se aquí fixeran o mesmo con todo aquel seareiro que se riu da morte de Juanito (p.ex.) estarían todos os campos baleiros… agás o Bernabeu, claro.

Arquivado en Autobombo | 10 Comentarios »

10 Comentarios

  1. Michijhense Escribiu:

    Ostia, entón en Riazor si que non entraba ni dios… que deus teña na súa gloria a Quinocho e a Alvelo.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Alvelo aínda non cascou! 😀

  3. Michijhense Escribiu:

    hahaha, eso é o de menos, que deus o teña na súa gloria tamén, XD

  4. Antihéroe Escribiu:

    ¿Y Sagarzazu? ¿Sigue con el sueño eterno?

  5. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Salir del curro y encontrarte a toda Celanova metida en el Claustro para ver a Nuñez Feijoo. Como hormigas..y muy bien vestidos, oye. Como para ir a la iglesia. Asquete.

  6. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    Posiblemente, el comentario más desubicado de la historia do Traveseiro. Pero no podía no decirlo. Quítame el repelús con el post de los aficionados del Real Madrid, anda. Alegrame el día. Báilame el agua (?)

  7. O Traveseiro Escribiu:

    Vaia, ti non eras o que larghaches de aquí botando pestes (“Derramo la copa de whisky, insulto con el dedo señalando al cielo, amenazo a los presentes y doy un portazo…”) collendo unha perrencha porque non publicaba o post dos frikis? 😀

    Ten paciencia ho!

  8. Capitán (tan) Argento Escribiu:

    El que se va sin que lo echen solito vuelve…

  9. Estoja Escribiu:

    O 667 faise derrogar…

  10. Djukica Escribiu:

    Felicidades polos 666 e subindo!!
    Unha aperta diabólica meu!!
    😉 !!