Horror: A cretina do GH-12 é do Depor!

28 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Coma se no Deportivo non aconteceran xa bastantes cousas das que avergoñarse, van e lle dedican no voceiro do Clube unha portada (e entrevista interior) á petarda de Marta López, de Gran Hermano 12.

Os do Schalke 04 tiñan a Hitler como afeccionado e nós a esta

Esta imbécil profunda fíxose famosa por estes lares por poñer a caer dun burro aos galegofalantes, cualificándoos de brutos, paletos e ignorantes, verbas que á larga custáronlle a expulsión e o desprezo absoluto na nosa terra, menos para os pimpíns do panfleto deportivista.

O que pretenden no Deporsport (e iso que aínda non lin a entrevista) sabémolo de sobra: utilizala para atacar a La Voz de Galicia, argumentando que este xornal maltratouna, cando o certo, e non é por defendelos, é que foi un máis de tantos que criticaron as súas defecacións verbais, agás os medios da estrema dereita que a defenderon a capa e espada porque «confirma la imposición chapucera del gallego» (?).

Por certo, que a piques de publica-lo post decátome que até na referencial web sobre as mongoladas do xornalismo deportivo, La Libreta de Van Gaal, fanse eco desta abraiante portada.

ACTUALIZACIÓN.
Porque o publicou antes ca min e porque vale moitísimo máis a pena ler que este, o post do amigo Mr.Tichborne sobre a vergonhenta (que non vergonzante) portada do Deporsport… AQUÍ.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca, Xornalistos | 14 Grandísimas aportacións »

Os auténticos «tontitos»

27 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

A rifa que mantiveron José Bono e Celia Villalobos na Mesa de la Cámara Baja hai un mes no que se debatía a contratación de persoas discapacitadas para traballar no Congreso non a tiveron  no Grupo Prisa cando decidiron dar espazos importantes en medios escritos e audiovisuais a dous atrasados mentais coma Manuel Esteban «Manolete» e Tomás Roncero.

É posíbel que no AS non estean a cobrar subvención algunha do Estado por dar traballo a estes pobres homiños, máis cecais sería millor iso que non que estean lucrándose a costa deles,  pendurando videos na rede de deficientes falando de fútbol (se polo menos se deran de hostias resultaría máis entretido) sen ter nin paxoleira idea do mesmo e, por si fóra pouco, retándonos a nós a participar con eles en xogos oficiais desa puta mafia que é a Liga de Fútbol Profesional.

Outros tres colectivos de deficientes non diagnosticados…

1. Os seareiros do Atlético.
Ou polo menos algúns deles, que lle berraron «eres un mono» a Marcelo. Aínda cren estes que a raza humana a fixo deus mesturando un cacho de barro cunha costela?

2. Os seareiros do Lleida.
Ou polo menos algúns deles, que no partido que os enfrontaba co Sporting Mahonés adicaron frases a Marta Frías, asistente do árbitro, coma «ensina as tetas, puta», «ímosche follar» ou «seguro que aquí gañas máis ca de puta».

3. Os que xogan ao fútbol coas galiñas.
Pero non compartindo xogo, senón usándoas como balón. Os feitos aconteceron na localidade vallisoletana de Pedrajas. Como seica estes individuos non saben que as pitas, como todos os animais, «sienten el dolor, como tú y como yo»… propoño entrar nas súas casas armados con paus e, namentres dormen pracidamente, empezar a xogar á billarda coas súas baleiras cacholas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 2 Grandísimas aportacións »

O cromo de Txutxi Aranguren

22 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Onte faleceu o exfutbolista e treinador Txutxi Aranguren, que dirixiu ao Deportivo na tempada 85-86. Hai uns anos, con motivo do centenario do Depor, fixeran unha enquisa, penso que na web oficial, na que elixían aos mellores xogadores e técnicos segundo o criterio dos afeccionados. Un coñecido meu, para sorpresa de todos, votou por Aranguren. Cando lle preguntei nos foros o por que, puxo que «Hoxe en dia, os métodos e deseños de adestramentos están moi ao alcance de calquera adestrador. Salvando a dous ou tres que foron capaces de ser innovadores nalgún aspecto, o resto á hora de traballar son moi parecidos, diferéncianse basicamente no aspecto psicolóxico e o de xestión dun plantel. Pois isto é o que era Aranguren na súa época. Aquí deixou unha pegada naquel momento, de adestrador avanzado, esixente e moi meticuloso co seu traballo».

Ben, pois aí temos o seu cromo escaneado do meu album da tempada 73-74. Non ten moito de especial, sobre todo se o comparamos coa xa mítica postal de González, pero prestábame poñelo porque en tódolos panexíricos que lin del hoxe saía unha imaxe recente, e ademais aquí pousa coa camisola do equipo da súa vida. Comentar que no anverso do cromo aparece, a parte da data do nacemento, peso, posición… as súas internacionalidades: «Internacional juvenil, aficionado y militar» (¿?) Por favor, que alguén me explique isto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 7 Grandísimas aportacións »

Día internacional contra o racismo e a xenofobia

21 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Xa non debería dicilo, mais dende este blogue chamamos a celebrar o día contra o racismo e, xa de paso, a pasar olimpicamente do cumpreanos do twitter ese do carallo.

Nota para os despistados: nin o da esquerda é Magic Johnson nin o da dereita Robert Prosinecki.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade, Cuspidinhos | Comenta, non sexas rata »

A camisola máis vergonzante

17 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Un par de comentarios no anterior post traen á memoria tristes feitos acaecidos na historia recente do Deportivo. Por unha banda, unha derrota en Mónaco nun encontro de Champions League por 8-3, que aínda que non tivo transcendencia a efectos clasificatorios e que un dos goles galegos, obra de Diego Tristán, foi o mellor da competición aquel ano… fodeu, a derrota fodeu, non se vaian pensar. E por outra o feito de que naquelas datas vestía ao Deportivo JOMA, a infecta marca toledana da que se falou xa tantas veces neste blogue que non me explico como non ten sección propia.

E precisamente o peor deseño da marca na súa etapa deportivista foi utilizado nese partido de Mónaco. Por favor, póñanse as lentes 3-D para ollala correctamente (vale unha radiografía).

Este zurullo textil, coñecido popularmente como «camisola Repsol», pola similitude co logo da empresa de terrorismo ecolóxico, foi deseñado para Joma polo famoso invidente e contertulio de Intereconomia, Miguel «Al Cupone» Durán. Posteriormente, os directivos de Joma apresentaron os bosquexos das camisolas ao consello de administración do Deportivo que se xa de por si teñen o gusto no cu á hora de aceptar modelos de camisolas, desta vez podería ser que estiveran baixo os efectos do alcol ou de calquera substancia psicotrópica para dar o visto bo a semellante aberración, en vez de coller aos de Joma e botalos da sede da Praza de Pontevedra a esgarros, patadas ou mesmo tiros.

E seguindo co tema camisolas, tres pequenos apuntes…

1. Os anti-chotos están de noraboa, porque seica a anteriormente citada e cutre marca vestirá ao Valencia C.F a vindeira campaña. A levan clara.

2. O Madrid non vestirá de vermello, senón de COBRIZO. Xa non sabemos moi ben se falan de camisolas ou de tinguiduras para o cabelo.

3. O Vasco da Gama brasileiro vestirá unha camisola anti-racista, que conmemora como nos anos vinte o clube negouse a ceder ás presións dos principais equipos rivais, que pretendían que separase do plantel a 12 xogadores de raza negra. Inclúe o lema «Democracia e Inclusão» e o logo da «Resposta Histórica». Quero unha.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 7 Grandísimas aportacións »

O Real Madrid vermello

16 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Ante o ruxe ruxe de que o Madrid podería vestir de vermello para o ano que vén temos que dicer que non lles pega en absoluto. Vamos, que lles sentaría coma o puto cu. Aínda que no fondo danos igual porque para nós seguirán sendo o que sempre foron, o equipo máis merdas do mundo, vaian da cor que vaian.

E falando de cores de camisolas, este domingo escoitando os partidos na Radio Galega un locutor di que «o Deportivo viste hoxe de nazareno«. Minutos máis tarde, e na mesma emisora, outro di que «o Depor B viste de malva«. Ignoramos se os xuvenís vestiron esta fin de semana de lila e os cadetes de morado. A horrenda camisola, aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Chámalle X | 3 Grandísimas aportacións »

Sobre Lendoiro e outras mulleres

12 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

Debo recoñecer que non é da miña colleita, mais entra dentro do perfil deste blogue, e tras moito meditalo, decidín que esta imaxe non pode faltar de ningunha maneira en O Traveseiro.

A descubridora deste importante documento é unha xornalista de nome Lucía, á que dende aquí felicitamos por ter tan bo ollo, e o difusor o seu compañeiro e amigo desta casa, Miguel Piñeiro. Iso si, se para eles é unha «Señora disfrazada de Lendoiro (?) comiendo una oreja en el carnaval coruñés» para nós é o propio Lendoiro disfrazado de señora… comendo unha orella no Entroido coruñés. Joder! se até tamén ten unha verruga no moflete!

As outras tres protagonistas:

Esperanza Aguirre.
A repelente presidenta da comunidade de Madrid declarou o outro día que é grande admiradora de Mourinho, que está «con él a muerte» e que é o mellor treinador do século XXI. Por se con isto non quedaba claro de que coño vai,  di do atlético Quique Flores que «es un encanto y muy amigo mío».

Teresa Rivero.
A supernumeraria do Opus Dei (oh no!), nai de familia numerosa e presidenta do Rayo Vallecano puxo hai un par de semanas a caer dun burro aos seus futbolistas porque segundo ela non querían ascender, botando balóns fóra. Saíulle o tiro pola culata porque os afeccionados están cos xogadores e contra os donos do clube. Hoxe, manifestación a prol cos empregados do Rayo.

Dana International.
A travestida cantante israelí volverá a participar en Eurovisión despois de gañar en 1998 ese bodrio de festival co famoso tema Diva. Agardemos que, coa mesma, se volva a escoitar en Riazor como hai trece anos o retrouso da canción: «Viva la priva, viva la droga, forza Depor!!»

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Elas tamén xogan | 4 Grandísimas aportacións »

O disfrace de Paco Jémez

6 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

As imaxes non son deste ano, pois supoño que o bo de Paco non estará para moitas celebracións de Entroido tras ser despedido hai unha semana como técnico da UD Las Palmas, e foron tiradas hai un par de anos na Coruña.

A marxe disto, tres chorradas históricas sobre el:

1. Cando xogaba no Deportivo protagonizou a anécdota no que lle di a Toshack durante un adestramento «Mister, me duele aquí (sinalándose unha parte da perna) cuando golpeo el balón». O galés respóndelle que «a mí sí que me duele verte golpear el balón».

2. Botou raíces na Coruña, casando cunha galega. Logo foise a xogar ao Zaragoza, onde botaría bastantes anos, e é aquí onde entra a figura da súa sogra, que adoitaba a verse de compras pola praza de As Conchiñas enfundada nunha camisola do Zaragoza co nome de PACO nas costas. Non ía precisamente con pantalón de chándal, resultando unha vestimenta bastante triste á par que divertida, pero todo valía porque non tódalas vellas poden presumir de ter un xenro futbolista profesional, e por aquelas datas internacional, como era Paco.

3. Non se disfrazou de choqueiro, como sería o normal por estas terras, porque el é un artista, para iso lévao no sangue: disque o seu pai foi un famoso cantaor cordobés alcumado Lucas de Écija.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 6 Grandísimas aportacións »

Maltrato animal? Si, bueno… non.

3 de Marzo do 2011 perpetrado por o traveseiro

O mundo do fútbol está cheo de descerebrados, e un deles é Luis Moreno (non todo vai ser Sergio Ramos), futbolista do Pereira colombiano, que propinou unha bestial patada a unha pobre curuxa que finalmente rematou finando. Por certo, que este feito tráeme á memoria cando hai dous ou tres anos o preparador de porteiros do Deportivo, no quencemento previo a un encontro en Riazor, matou dun balonazo a unha imprudente gaivota que pasaba por alí. Foi fortuíto, iso si. No xornal deportivo AS poñen a nova do maltratador animal colombiano e xusto debaixo a do «deportista» José Tomás.

A verdade é que se xa me repatea bastante que nalgúns xornais pequeno-imperiais de información xeral teñan sección adicada ás touradas… moitos máis aínda que a haxa nos deportivos, sobre todo no Marca e AS. Neste último a sección é nomeada coma AS DE ESPADAS, onde dentro hai novas onde tamén falan de maltrato, pero non dos toureiros contra os touros… senón do Estado contra os criadores!!

E é que min tócanme bastante o carallo a merda esta das touradas, pero lendo a nova de enriba dáme a sensación que José Tomás foi ao campo e tentou follarse a sendas vacas, unha o sábado e outra o luns, e segundo o seu médico, con resultado satisfactorio.

Bonus Track.

Ferran R.P. seareiro do Girona, foi condenado a nove meses de cadea e 3.000 euros de multa por saltar ao campo de xogo nun encontro fronte ao Ceuta, dirixirse cara a afección contraria, roubarlles unha bandeira española, arrugala, cuspir sobre ela, refregala polo cu, e simular que a queimaba. E cando ía ser detido pola seguridade encabronouse, subiuse ao valado e liouse con eles a patadas e cabezadas namentres lles chamaba fascistas cataláns e torturadores. Queremos probar do mesmo que se papa Ferran.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | 4 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo