Catro anos no blogomillo

17 de Maio do 2011 publicado por o traveseiro

Hoxe cúmprense catro anos dende que este blogue viu a luz. Tamén dáse o caso que hai uns días fixéronse públicos os resultados correspondentes á primeira ola de 2011 do Estudio General de Medios. Coma sempre, tódolos medios de comunicación gañan, todos son líderes, todos medran e todos se dedican a poñer a pari-los dados da competencia.

Nós non somos desa ralea, somos humildes. Sabemos de sobra que O Traveseiro segue a ser unha pinga de auga no océano da blogoesfera futboleira e somos perfectamente conscientes que non nos comemos nin comeremos rosca algunha. Salvo días excepcionais, as visitas non chegan a cen diarias, e no que atinxe ao resto das estatísticas…:

– Páxinas de procedencia.
A meirande parte das visitas proceden do Google, e os termos da procura moitas veces non teñen que ver co temario do blogue (ver captura), ou si… As outras páxinas de procedencia máis habituais, son, por esta orde:
1. Renaldinhos & Pavones. Non anunciaron tregua algunha, mais levan bastante tempo sen cometer atentados, e iso aféctanos a nós notabelmente. Agardemos que superen a mala racha, crise institucional ou o que sexa, polo noso ben.

2. Bar Deportes. Xogan na Champions League dos blogues futboleiros e cada vez que poñen a nosa ligazón as visitas soben como a espuma. Sempre fican rescoldos que garanten un bo número de visitas desa procedencia.

3. La Banda Izquierda. A nosa presenza no apartado de “Blogs Curiosos” (nunca mellor dito) entre sitios de hinchadas e colectivos antifas serve para achegar leitores.

Por detrás destes, esporádicas visitas chegadas de Diarios de Fútbol, do Twitter, Facebook, Chuza! e blogues pequenos.

– Horas das visitas.
O pico máis alto está entre as dez e as doce da noite, co cal deducimos que os leitores prefiren visitarnos dende casa e que utilizan o ordenador do choio para visisualizar páxinas webs pornos, que dá maior seguridade.

– Resumo.
Normalmente anda polo 65 ou 70% o número de visitas que larghan escorrentados de aquí ao ler a primeira páxina (oficialmente: “visitas que han vuelto abandonaron el sitio después de una página”), supoño que dicindo en voz alta “Pero… que coño?” O outro 30% quédase un rato vendo entradas atrasadas.

Para rematar, os clásicos agradecementos a todos os que len o blogue aínda que non comenten (eu visito moitos e tampouco o fago), e perdón aos que lles prometín colaborar nos seus sitios e que, por unha razón ou outra, aínda non me puxen a elo. Eskerrik noxo a todos!

Mais tampouco podemos rematar de todo sen adicar un pequeno espazo a Lois Pereiro (cun fragmento de “Modesta proposición…”), homenaxeado hoxe no Día das Letras Galegas, que coincide tamén co Día de Internet:

“Vivimos malos tempos para a reflexión e a resistencia neste imperio zombie de Microsoft mental e de autoestradas da información cando xa hai tan poucas persoas con neuronas dispostas a servirse de tanta información, e moito menos a utilizalas en contra dese mesmo poder que as invade coas peores intencións”.

Arquivado en Autobombo | 12 Comentarios »

12 Comentarios

  1. delafe Escribiu:

    parabens polo aniversario!!!

    Forza depor

  2. Michijhense Escribiu:

    Parabéns por este 4º ano, e esperemos que sexan moitos máis.

  3. Mitroglu!!! Escribiu:

    Noraboa e grazas por estes 4 anos.

  4. Estoja Escribiu:

    Parabéns e noraboa Trave.

  5. Aghrense colérico Escribiu:

    Moitos parabéns!!! A seguir adiante, o mundo necesita información deportiva contrastada e de calidade.
    Por certo, xenial a referencia a Lois Pereiro. O seu Microsoft (Internet) é o Big Brother de Orwell. 1984.

  6. comiK.O. Escribiu:

    Parabéns desde Os Mallos 😉

  7. Pableras Escribiu:

    Imaxínate que entre tempada e tempada non houbese unhas vacacións… os xogadores non poderían nin cós calzóns! Algo así nos pasou a nós. Non paramos en 4 anos e acabamos asfixiados, por iso agora o período de descanso estase a prolongar tanto. Nunca dixemos que marcharamos, e non o diremos!

    Pero bueno, o que toca agora é felicitarte sinceramente! Eres un crack e un referente! Parabéns!!!

  8. O Traveseiro Escribiu:

    Graciñas a todos.

  9. reinventingmetal Escribiu:

    los que visitamos el blog desde la banda izquierda también te felicitamos aunque no sepamos hacerlo en Galego.
    me gustan mucho tus post en especial la sección Puto Guti que no tiene desperdicio.
    Salud

  10. Princi Escribiu:

    Noraboa crack. Levo media hora a rir polo fenómeno que buscou “como se le mete la pirola por la cona”. Tes que investigar todo este asunto, ou polo menos facer outra entrada mítica do que busca a xente para rematar entrando neste blogue.

    Unha aperta compañeiro

  11. Mark Escribiu:

    felicidades! a por otros cuatro años más

  12. real membro Escribiu:

    vaia cachasteme polo da cona