Loquillo… “¿qué las das?”

23 de Maio do 2011 publicado por o traveseiro

Unha coñecida peña de moinos zaragocistas sacou ao mercado unha bufanda en raso a dúas caras, cun arrepiante deseño por unha delas.

Pregúntome por que collóns escolleron un tema de Loquillo e se este abandeirado contra a piratería e que ten menos sentido do humor que Aznar estreñido, autorizou xa non a fraseciña de marras, senón o puto logo. Tamén asáltame a dúbida de por que non puxeron un temiña do zaragozano universal e lenda (?) do ruock, Enrique Bunbury, tan chulo ou máis que Loquillo, que mira que é difícil.

O caso é que non sabemos que lles dá Loquillo a estas nenas (pero o supoñemos) porque mergullándome por internet topei con esta outra mamonada dos ultras da UD Salamanca, utilizada para vender unha camisola con outro lema mazo hooligan extraído da mesma canción troglodita: “Para qué discutir si podemos pelear” (isto o canta un grupo de rock basco e os meten a todos no trullo).

Se extrapolamos esta ocorrencia ao fútbol galego, quizáis teriamos que facer bufandas futbol-rockanroleiras con lendas máis auténticas, coma nós: “Lendias, piollos e outras fieras” , “Lorchos, congrios e fanecas” ou “Parrochas, churrasco e pelos no peito”. A primeira é dos Heredeiros da Crus e as outras dúas dos Diplomáticos de Monte-Alto.

Non podemos rematar sen avisar de que non hai erro algún no título, só é o típico caso de laísmo, tantas veces escoitado a españolitos deses que presumen de falar tan ben o castelán porque non foron obrigados na escola a estudar dialectos vernáculos.

Arquivado en Espanholadas | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. juggalo Escribiu:

    pégome outra volta por eiquí.

    curiosamente menos triste e afundido do que se podía agardar.

    apertas.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Ti es coma o Guadiana, vas e ves. 🙂

    Alédome que esteas de volta, e xa non por estes lares, senón polos outros. Canto pior vai o equipo máis actividade teñen os foros, un fenómeno digno de estudio.

    Apertas!

  3. Punkgalaico Escribiu:

    Parabéns unha vez mais! Só dicer que o de “Lorchos, congros e fanecas” é unha aportación da banda ourensá O Sonoro Maxín da sua própia colleita que meteron nunha versión no disco tributo aos Diplomáticos de Monte Alto, 120 Capadores. O de “Parrochas, churrasco e pelos no peito” si que é orixinal dos DMA! Apertas!