Seguimento do Mundial Sub-20

28 de Xullo do 2011 publicado por o traveseiro

O bendito verán, a por momentos falta de conexión a internete e a miña recente adicción a matar porcos cobizosos con paxaros arrebolados cun tirachinas fai que o blogue non se actualice todo o que se debería. Mais temos que facer un alto no noso lecer porque está a piques de comezar o Mundial Sub-20 en Colombia, torneo no que temos postas moitas esperanzas, por suposto torcendo como non podía ser doutro xeito pola Auténtica Vermella, Corea do Norte.

A selección Chollima está encadrada no Grupo F, o da morte, xunto con México, Arxentina e Inglaterra. Precisamente o campionato abrímolo nós fronte aos ingleses. O noso mellor futbolista é o goleador Jong Il-Gwan, que milita no Rimyongsu e que levará o dorsal número dez.

No que atinxe a La Rojita, estúpido sobrenome da selección española e que a bo seguro foi ideado polo Marca, está no Grupo C, xunto a Costa Rica, Ecuador e Australia. Os españois estarán cagados coa presión de iguala-los éxitos dos maiores e polo trato hostil que recibiron incluso xa dende a súa chegada a Bogotá.

Estou seguro que moitos dos expedicionarios españois, senón todos, preferirían ser recibidos a pedradas ou mesmo balazos antes de atura-lo arrepiante recibimento… con sendas actuacións musicais a cargo da banda de música da Policía Nacional Colombiana e da tuna tentado claramente mina-la moral do grupo dende o primeiro intre.  Veremos a ver se xorde efecto.

Seguiremos informando.

Arquivado en Actualidade, Espanholadas | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. Princi Escribiu:

    Adiante a auténtica vermella!!

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Ilusionante empate perante Inglaterra, e mañá gañando a México estariamos cun pé e medio na seguinte fase.