O ‘look’ Tito Vilanova

19 de Agosto do 2011 publicado por o traveseiro

O axudante de Guardiola é sen dúbida o home de moda grazas ao Mourinho, que lle chamou Pito despois de tentar sen éxito baleirarlle un ollo. Andiven na procura no Google dunha imaxe súa coma futbolista, concretamente dos seus tempos no Barça B e non houbo xeito, así que non me quedou máis remedio que escaneala dunha revista.

O principal motivo é amosar ao mundo o arrepiante peiteado que levaba o nacho. Tiña 18 anos, chamábase Francisco Vilanova Bayo e nacera en Gerona (vintetrés anos despois, chámase Francesc Vilanova i Bayo e naceu en Bellcaire d’Empordà, provincia de Girona). Como dicía, o corte de pelo é a hostia, porque se comprobamos os peiteados dos seus compañeiros de equipo, coma os destacados Busquets pai, os xernísimos de Cruyff (Angoy e Danny Muller), Amor, o galego Francis Cagigao, Milla… ou mesmo o resto dos futbolistas que compoñen o albume… custa moito atopar un look capilar semellante, por non dicer imposíbel. Nin sequera os sempre rompedores (en canto a modas e afección ao alcol) futbolistas do leste se atreveron con algo así.

Que coño se lle pasou a Tito Vilanova pola cachola para peitearse dese xeito? Quería que os gorrións, pombas e cegoñas aniñaran na súa cabeza? Pretendía utiliza-lo como viseira? Ou se cadra era unha perruca de quita e pon? Non o sabemos, pero aí queda iso. Por certo, á marxe disto acho certo parecido entre o actual Vilanova co De Juana Chaos, oigan.

OFF TOPIC
O actor e músico Luis Tosar, durante a súa actuación con Di Elas na Coruña o outro día, coincidindo coa volta da Supercopa e co primeiro gol do Barcelona, logrado por Iniesta: “A todo isto… Iniesta quen carallo é?”

Velaí cho presento, caricaturizado polo xenial Juarma… e dicindo unha verdade coma un templo. Por suposto, nin Tosar nin eu incluímonos.

Arquivado en Adefesios | 15 Comentarios »

15 Comentarios

  1. gajo porreiro Escribiu:

    ¿Parecido físico con el hijo de De Juana Rubio?

  2. de vía estreita Escribiu:

    ¿andrés iniesta quén carallo é?

  3. de vía estreita Escribiu:

    ¿el que le pegó una patada rastrera por detrás a Di Maria en el Camp Nou?

  4. sincero Escribiu:

    Zeman? Quén carallo é?

  5. sincero Escribiu:

    muito forreta?

  6. mostoleño Escribiu:

    andrés iniesta ha dicho que víctor valdés es el mejor portero del mundo…..

  7. mostoleño Escribiu:

    Declaraciones de Angel di María; “calei algumas bocas”

  8. mostoleño Escribiu:

    andrés iniesta NO ESTÁ DE ACUERDO con los que interpretan como TRAICIÓN la actitud de VÍCTOR VALDES y su decisión de no renovar con el Barça…….

  9. mostoleño Escribiu:

    Víctor Valdés es el mejor portero del mundo (declaraciones de Andrés Iniesta y Leo Messi)

  10. anxo Escribiu:

    ¿Retorno de Tito Vilanova a Vigo?

  11. anxo Escribiu:

    Mourinho dijo “Pico” Vilanova; lo que pretendía era tirarle de la patilla……

  12. anxo Escribiu:

    Tito no fue a Vigo; Mazinho y Thiago Alcántara y Pinto, sí……

  13. anxo Escribiu:

    Los Bardem….¿Callan algunas bocas?

  14. anxo Escribiu:

    “iniesta quén carallo é”?

  15. traspaso Escribiu:

    Thiago Alcántara…..¿Apenas cuenta para tito vilanova?