Estamos de (re)volta

8 de Setembro do 2011 publicado por o traveseiro

Recoñezo que as vacacións foron un tanto longas, porque coma destapou o noso caro amigo Zimmer103, estabamos tomando canhas, entre outros, con Sócrates e Andy Carroll (a pesares da vixilancia intensiva do represor Capello).

Mais xa estamos de volta, así que dende xa empezaredes a recibir dende este humilde blogue a vosa ración do porteiro polaco da foto, agardemos que se non diaria, si máis a miúdo que nos penosos últimos tempos.

Arquivado en Autobombo, Estás sen nome | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. zimmer103 Escribiu:

    impresionante!! , confirmado que Lobo Urbán ( o alter-ego radiofónico do cantante dos suaves) coñece ó gran porteiro polaco xa que no mail de amiaza enviado a zimmer103 polo artigo referido ó seu programa na radio galega utiliza ista frase: “ti deixas de facer MERDA e eu ensínoche a leer e a escribir. Estás a tempo. “

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Ao noso buzón de esgarros somentes mandan louvanzas, e o certo é que non me desagradaría que enviaran insultos e ameazas, para responderlles co clásico dos S.A. “a veces he pensado que caía en saco roto, pero tu indignación le da sentido a todo”.

  3. Djukica Escribiu:

    Benvido meu!!
    Moita “merda” nesta nova temporada blogueira!!

    jajajaja 😉